A biblioteca súmase ás actividades do Día das Letras Galegas 2009 dedicado a Ramón Piñeiro. O vindeiro luns día 18 de maio, como en anos anteriores, celebraremos o Maratón de lectura. O libro que imos ler este ano é "A pega rabilonga e outros relatos" de Álvarez Blázquez. Inaugurará o Maratón o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, ás 9'00h. Despois, por quendas, representantes do alumnado do Instituto de cada curso acudirán á Biblioteca para participar na lectura ininterrompida da obra ao longo da mañá.
Esperamos contar con algunha participación inesperada que chegará por canle dixital...
Esperamos contar con algunha participación inesperada que chegará por canle dixital...
2 comentarios:
Son Fernando. Agardo que poñades canto antes as fotos de Serafín Marcos, faime moita ilusión.
En breve, tenas Susana que tivo o pracer de estar presente, a min só me chegou o cheiro a pelo queimado :)
Publicar un comentario