30/4/09

Club de lectura: Siareiros da palabra

Vinte e tres valentes alumnos e alumnas, constitúen a formación fundadora do noso Club. Co inicio do curso 2008-2009 arrancaron as actividades a ritmo de cruceiro, xa que nas horas de mediodía o corpo e o espírito piden calma e estabilidade, e é cando nós dispoñemos de tempo para reunirnos ao redor das lecturas, do cinema, das conversas e sobretodo das risas, que nunca faltan.
Seleccionamos
“Las bicicletas son para el verano”, obra teatral de Fernán Gómez, para dar un ritmo deportivo,( ma non troppo) á primeira actividade lectora, que complementamos co visionado do filme do mesmo título dirixido por Jaime Chávarri. Aproveitamos a ocasión para recrear a lectura teatral a viva voz e familiarizarnos coa linguaxe cinematográfica, desenvolvendo todo en catro sesións. Resaltamos que o tempo previo de xantar no Instituto supón para os rapaces unha excelente ocasión para confraternizar e pasalo ben, tanto que non queren ir para casa.
Durante a “Semana do Libro” a nosa xuntanza foi unha boa ocasión para ler o capítulo inicial de
“Marina” de Ruíz Zafón, que os siareiros enganchados seguirán lendo para compartir despois opinións. Foi o punto inicial dunha Asemblea para falar dos asuntos pendentes, avaliar o feito ata agora e programar o último trimestre, onde acordamos ler o libro “O señor Ibrahim e as flores do corán” e ter presente a posibilidade de ver o filme baseado en dita obra.
Siareiros organiza todos os meses a actividade
“TAMÉN LEN” con resultados satisfactorios. Agradecemos ao público a súa asistencia e participación activa. O día do Libro compartimos sesión lectora cos rapaces de Bretaña lendo textos en francés, galego, castelán, inglés, e como non, en bretón. En maio anticipamos, se todo é propicio, a nova da grata presenza do profesor de galego, Ramón, que esperamos nos agasalle coa súa obra creadora.

Finalmente, estamos negociando o
intercambio co CLUB DE LECTURA do IES. Ferro Couselo de Ourense, coordinado pola añorada e querida compañeira Paloma, profesora de castelá. A partir de agora asomaremos as nosas sonoras e apaixonadas voces por esta xanela aberta a todos e todas.

Os coordinadores do club


24/4/09

Os/As franceses...Tamén len

O día 23 de abril tivemos no Instituto unha celebración moi especial do Día do libro.
Os convidados á sesión mensual do “Tamén len” foron os alumnos/as franceses que realizan o intercambio co noso Instituto, que nos visitaron na semana do 20 ao 24 de abril.
Na sesión de lectura participaron mozos e mozas franceses e tamén do Pedras Rubias. Léronse anacos de textos en francés, bretón, galego, español e inglés. Como podedes ver nas fotos, o salón de actos estaba petado de xente. Que grande celebración para a festa das palabras e a lectura!

Le 23 avril nous avons eu une célébration très spéciale au Collège Pedras Rubias lors de la journée du livre.
Les élèves français qui étaient en échange linguistique à Salceda du 20 au 25 avril ont été invités à cette séance mensuelle de « Eux aussi, ils lisent ». Des garçons et des filles français et espagnols ont participé à cette séance. Ils ont lu des petits extraits de textes en français, en galicien, en espagnol et en anglais. Comme vous pouvez voir sur les photos, la salle polyvalente était pleine à craquer.
Une très grande fête des mots et de la lecture !


17/4/09

Cres en pantasmas? Axúdanos a darlle vida a Cali!

Mañá, xoves 23 de abril, celébrase o día do libro e desde o blog da biblio queremos celebralo creando un cómic entre tod@s. Como? Pois moi fácil, abaixo tedes as primeiras viñetas. Agora, a través dos comentarios, temos que construír a historia de Calixto (Cali, para os amigos). Só hai que ler o que haxa e seguir o fío engadindo unha frase ou un parágrafo, e a ver que sae... Nós iremos actualizando as viñetas co voso texto ata telo terminado. Contamos coa vosa participación xa que sen vós non hai historia, así que animádevos e... veña, a darlle vida a Cali...



\Toon\

16/4/09

Primavera, poesía e hormonas: Os vosos comentarios

Desde este blog queremos agradecervos a estupenda acollida que amosáchedes á entrada sobre poesía. Nótase que o das hormonas é real e non saben de idades... Así que decidimos publicar como se merecen os poemas e fragmentos que compartíchedes con nós a través dos comentarios. Moitas grazas a tod@s e seguide participando!
Bloque entrecomillado

1/4/09

Mii cuentoO peRfectoO gaña o "101 palabras de amor"

¿Cómo explicar todo lo que nuestros corazones sienten en unas simples palabras? Cada mirada, cada caricia, cada beso, cada abrazo...SENTIMIENTOS...los mismos sentimientos por los que me levanto cada mañana deseando volver a verte, a sentirte junto a mi, para SIEMPRE... Tú me enseñaste a querer como nunca había querido y por eso ahora tengo miedo a que esto se acabe y a que después no pueda seguir adelante sin ti, ya que mi corazón late porque estás tú. No importa lo que piesen los demás..lo único que importa es que TE QUIERO...(L)


Como vos quedades despois disto? Mii cuentoO peRfectoO, ou sexa, Ariadna (3ºB) recibiu o xoves 2 de abril o seu premio como GAÑADORA do concurso "101 palabras de amor".

Fixeron entrega do "Vale por unha cea romántica" os maqueadores de 3ºB, Jesús e Ana.

Agora só nos queda ver con quen vai de cea... Ollo, Ari, estaremos vixiando.... e que aproveite!!

Moitas grazas a todos e todas por participar. Esperamos que sigades así.