28/11/18

Curso 2018-2019

Ida Vitale, Premio Cervantes 2018 




O IES Pedras Rubias súmase a celebración do premio Cervantes desta edición concedido a poetisa uruguaya Ida Vitale nacida en Montevideo en 1923. Pertence á denominada "Generación del 45", e cunha poesía esencialista busca indagar na alquimia da linguaxe cunha percepción sensorial de raíces simbolistas que se manifeste mediante conceptos precisos.

Nun primeiro momento algúns dos profesores do instituto animáronse a recitar algúns versos seus. Máis adiante será o alumnado quen trate de achegarse a súa poesía, polo que serán invitados/as a recitar poemas seus que iremos colgando ao longo do curso.

E finalmente esperamos organizar un recital de poesía arredor da súa obra alá polo mes de abril, cando o día 23 Ida Vitale veña a recoller o premio Cervantes.

"En el dorso del cielo"


 "Mes de mayo"



5/11/18

Curso 2018-2019

Día das Bibliotecas 

Lectura de textos na Biblioteca 

Para conmemorar este día, no recreo do xoves 25 de outubro tivo lugar unha lectura de distintos textos en galego.

A PRESENTADORA do evento foi Yashira Álvarez (4º B)


O primeiro texto que se leu foi un fragmento de A lingua das bolboretas de Manuel Rivas. 
Os lectores foron Daniel Rodríguez (3º B) como narrador e Víctor M. Moreda (4º B) coma o mestre.



O segundo texto foi Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz. 
Con Ariadna Álvarez (4º C) no papel do narrador e Irene del Río (3º A) como lector da carta do tío. 


O terceiro texto foi O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas con Pablo Almeida (4º B) coma o pai e  Paula Domínguez (4º B) coma o narrador. 


O cuarto e último texto lido foi un fragmento de Agosto do 36 de Xosé Fernández Ferreiro. 
Con Yoel Oliveira (4º C) coma o narrador, Nerea Estévez (4º C) coma o personaxe 1 e Noelia Fernández (4º B) coma o personaxe 2.