Mostrando entradas con la etiqueta autores literatura castelá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autores literatura castelá. Mostrar todas las entradas

14/6/17

Visita de Defreds

O martes 6 de xuño tivemos a visita do escritor Jose a. Gómez Iglesias, coñecido literariamente como Defreds. Un dos autores de maior éxito de ventas nos últimos anos, feito que se constata sabendo que a fin de semana anterior e posterior a visitarnos non paraou de firmar exemplares  na Feira do Libro de Madrid.

Pese a súa curta idade xa son tres os libros publicados: "Cuando abras le paracaídas", "Casi sin querer" e o último, publicado fai apenas uns meses, "1775 calles", título que fai referencia as rúas de Vigo.






Durante o terceiro trimestre o alumnado de 4º da ESO andiveron a traballar este último libro dende a materia de Lengua y Literatura castellana, analizando os seus textos criticamente, reflexionando sobre os temas que alí se tratan, tan do gusto adolescente, e a partir deles tamén foron xurdindo unha serie de preguntas que se lle trasladou ao autor o día que nos visitou.


A acto foi moi cálido, acompañandonos ao longo da charla algúns dos temas musicais (Andrés Suárez, Perez, Fredi Leis, Bely Basarte...) que vai citando ao longo do libro. Jose estivo en todo momento amabilísimo co noso alumnado, contestando pacientemente todas as cuestións, tanto literarias como persoais que foron xurdindo.


Unha auténtica marabilla poder falar de literatura cun dos autores de máis éxito actuais, e que tan ben sabe conectar coas inquietudes dos nosos rapaces.

12/2/13

Quantic love: Física + amor


O curso pasado, dabámosvos a coñecer un libro de divulgación sobre a física de partículas titulado "La puerta de los tres cerrojos" escrito por Sonia Fernández-Vidal, física catalana que traballou durante un tempo no CERN (Centro de Investigación Nuclear Europeo que estivo de máxima actualidade hai uns meses co descubrimento do xa "famoso" bosón de Higgs).

O seu segundo libro está sendo todo un éxito entre os adolescentes, pois narra unha historia de amor que ten lugar entre Laila, unha moza sevillana que vén de rematar o instituto e vai ao CERN a traballar como camareira durante o verán, e Brian, un xoven científico que está desenvolvendo unhas misteriosas investigacións. Polo medio un montón de anécdotas incribles sobre os físicos e matemáticos máis relevantes dos últimos séculos e datos sorprendentes acerca da estrutura íntima da materia.

Os de 4º ESO da materia de Física e Química están desexando comezar a súa lectura e compartir con nós a súa opinión, verdade?

Para amenizarvos o traballo, deíxovos o video coa canción do libro (si, tamén ten banda sonora) que se titula igual que o libro e foi composta polo grupo Nikosia (donde canta a autora do libro "La gramática del amor") e a letra en inglés e castelá para que practiquedes idiomas.






E para rematar, un vídeo sobre a maxía da Física cuántica, un tema ( polo menos para mín) fascinante!

4/2/12

Alicia Borrás visita o noso centro.




Alicia Borrás Sanjurjo, autora de Nata y Chocolate, visitounos o xoves 2 de febreiro, para falar do seu libro, pero iso non foi máis que unha desculpa para encher todo o noso instituto de cariño, caricias e apertas. Non podemos definir o acto de charla porque desde o mesmo momento en que entraron os alumnos de 1º da ESO no salón de actos houbo un intercambio verbal constante entre autora e lectores. Porque os presentes, lectores/as entusiastas do libro, expuxeron opinións e dúbidas sobre o libro, que Alicia foi respondendo tal  e como é ela, entusiasta, sensible, cariñosa, rebosando paixón pola lectura... Todo rematou cun intercambio de apertas e asinando libros aos seus entusiastas lectores, agora xa fieis seguidores que esperan ansiosos a publicación da segunda parte de “Nata y Chocolate”.


FICHA DE LECTURA:

Título: Nata y chocolate.
Autora: Alicia Borrás Sanjurjo.
Ilustradora: Anuska Allepuz.
Editorial: Anaya.
Colección: Sopa de libros.
Lugar de publicación: Madrid.
Ano de publicación: 2010.

ARGUMENTO: 

O libro relata o acoso escolar que sofre Sonia, unha rapaza albina de once anos. A situación vai mudar coa chegada dunha nova profesora, Inés... e non vos imos destripar máis, se queredes ler o primeiro capítulo premede AQUÍ.

29/10/11

Engánchate á lectura con... Jordi Sierra i Fabra



Non creo que me equivoque se afirmo que moitos adolescentes se teñen enganchado á lectura a través dos seus libros. No noso centro, "Campo de fresas" ou "La memoria de los seres perdidos" están entre os máis demandados polo alumnado. 

Autor prolífico, Jordi Sierra i Fabra, gusta de tocar temas de actualidade nos seus relatos xuvenís e forma co noso benquerido Agustín Fernández Paz un binomio que copa os premios dos certames literarios a nivel mundial, non hai máis que botar unha ollada a esta liña de tempo!!!

27/4/11

Ana Mª Matute recibe o Premio Cervantes

Ana María Matute

Con estes fermosos fragmentos e coa referencia ao mundo de Alicia, iniciaba e finalizaba o seu discurso a terceira muller en acceder a un asiento (K) na RAE, hai xa 15 anos. Esa muller convírtese tamén hoxe na terceira (detrás de María Zambrano e Dulce María Loynaz) en recibir o máis prestixioso premio das letras en lingua castelá, o Premio Cervantes

Por suposto, falamos de Ana Mª Matute. Nacida en Barcelona en 1926, viu a súa infancia interrumpida, primeiro por unha enfermidade grave e logo pola guerra e a postguerra, pero a pesares diso ou quen sabe se por mor diso descubriu unha vocación temprana pola literatura. Sendo aínda unha nena escribía contos e con só 17 anos remataría a súa primeira novela.

Combinando a fantasía coa realidade social, os reis de mundos olvidados cos soldados que choran pola noite, foi creando un universo e un estilo propio que lle levaron a acadar o prestixio internacional e nacional que se merece.

Se queredes profundizar na súa vida e/ou obra só tedes que premer no enlace co seu nome. Se queredes ler o discurso completo da entrada na academia podedes facelo ademáis a través do blog Bibloranca.


Déixovos coas súas palabras.


23/3/11

Recomendámosvos "La gramática del amor"

Tras a fermosa ilustración da portada (Meritxell Ribas) e o suxerente título agóchase a primeira novela de Rocío Carmona, editora e vocalista do grupo Nikosia.
Argumento: Irene, unha moza de Barcelona, atópase nun internado británico. Os seus pais fai pouco que se separaron e vén de sufrir o seu primeiro desengano amoroso. Ridiculizada durante unha clase, toca fondo e bota a correr. O seu profesor de gramática sae tras ela e lle impón un sorprendente castigo, facer un curso de "Gramática do amor". Cada semana deberá ler un libro e facer un traballo que logo comentarán na tarde dos mércores.
O listado de libros que lle deben axudar a enfrontarse á vida e ao amor é:

1- "Al sur de la frontera, al oeste del sol" de Haruki Murakami. Con el adéntrase no mundo do primeiro amor, para comprender a súa importancia e as súas consecuencias. 
"Somos o que queda de nós cando nos rompen o corazón por primeira vez" 
2- "Orgullo y Prejuicio" de Jane Austen. Para reflexionar sobre o amor entre persoas de diferente extracto social e o fácil que é interpretar erroneamente os sentimentos dos outros.
3- "Carta de una desconocida" de Stefan Zweig. Para aprender a expresar os sentimentos sen medo ao rechazo.
4- "Ana Karenina" de León Tolstoi. Con el descubrirá a diferenza entre a pasión desenfrenada e os amores tranquilos.
5- "Las desventuras del joven Werther" de Goethe sobre os amores platónicos e o perigo de proxectar sobre os demáis as nosas carencias.
6- "Jane Eyre" de Charlotte Brönte que resalta a valentía e a decisión da protagonista.
7- "El amor en los tiempos del cólera" de Gabriel García Márquez sobre a importancia de atopar a persoa axeitada e de ser perseverante cando aparezan dificultades.

Parécenos un exemplo de literatura xuvenil intelixente. Un libro que serve de porta ou trampolín a outros libros, clásicos e contemporáneos, todo aderezado con citas ben escollidas e música ambiente. Gustounos e volo recomendamos.
Para saber máis podedes entrar no seu blog.

9/3/11

Engánchate á lectura con... Laura Gallego

Folga dicir que se pensamos nunha escritora xuvenil española que leve arrasado nos últimos tempos, o máis probable é que o nome de Laura Gallego sexa o primeiro en virnos á cabeza. Pero, por se non a coñecedes, aquí vos deixo unha presentación coa súa biografía e obra xuvenil (ademáis ten publicados algúns contos infantís).
Laura Gallego

Para máis información visita a súa páxina, desde onde podes ler ou descargar os primeiros capítulos de case tódolos seus libros.


Estaremos pendentes da saída do seu novo libro no mes de outubro, seguro!
Vós xa nos deixarades a vosa opinión sobre o seu libro "Finis Mundi" en outra entrada do blog, desde entón, tedes lido algo máis dela? Compartídelo con nós.

12/2/11

Canciones para Paula: das redes sociais ao papel.



O outro día vos falabamos das novelas transmedia, que complementan o texto en papel con páxinas web, blogs, videos e outros recursos multimedia. Pero tamén estamos na actualidade ante o proceso contrario, novelas que xorden primeiro na internet e logo dan o salto ao papel; éste é o caso de "Canciones para Paula" de Francisco de Paula Fernández, coñecido co seudónimo Blue Jeans.

"Canciones para Paula" ou CCP xurdiu como unha fotonovela en Fotolog e de ahí pasou ás redes sociais onde se fixo con máis de 30.000 seguidores en menos dun ano, ata que a Editorial Everest a publicou en papel a finais de 2009.

Sinopse: Paula, unha moza a punto de cumplires os 17, enamórase por internet de Ángel, de 22. Cando deciden coñecerse en persoa, Ángel chega tarde á cita e Paula ten un fugaz pero intenso encontro con Álex. Ademáis Paula conta sempre coa inestimable compaña de "Las Sugus" as súas inseparables amigas.

Amor, desamor, mentiras, amistade, encontros e música unénse nesta novela xuvenil que nos mostra o mundo dos adolescentes e a súa relación con internet.
A finais de 2010 saía a segunda parte, "¿Sabes que te quiero?".

Como non podía ser doutro xeito, os libros contan con páxina web, blog, foro e CD coa banda sonora.

6/2/11

"El silencio se mueve" e "Proyecto Amanda": a narrativa transmedia está de moda!

Hai tempo xa que vimos observando como a narrativa xuvenil e as novas tecnoloxía se dan a man; novelas con banda sonora e páxina web, co fin de atraer a un público inmerso na cultura da imaxe e da internet. O fenómeno vai en aumento, agora os libros, xuvenís ou non, se complementan a través de videos colgados en youtube, ou se volven interactivos coa axuda de blogs e das redes socias, nuns casos para traspasar as barreiras da idade e noutros simplemente para aumenta-lo atractivo. Hoxe imos mencionar dous exemplos:



O "Proyecto Amanda", de Melissa kantor, é un conxunto de 8 libros, unha páxina web e os Fanzines "Endeavor".
No primeiro libro," Invisible", nos contan a chegada de Amanda Valentino ao Instituto Endeavor o día de Halloween e como vai transformar a vida dos que a coñecen ata a súa desaparición , tan só uns meses máis tarde.
Na páxina web (tedes o vínculo premendo no título) coñeceredes aos compañeiros cos que tivo máis trato, iredes seguindo as pistas e tentaredes explicar quén é, e qué lle pasou a Amanda.
Nos vindeiros libros prometen incluir fragmentos escritos polos lectores na páxina.


"El silencio se mueve" de Fernando Marías considérase a primeira novela transmedia española. Combina o texto cunha web, un cómic, un guión de cine, fragmentos de xornais, un nº de télefono disponible as 24h do día (91 4226192) e un blog.
Sinopse: "Juan Pertierra aprendeu do seu pai a escoitar o silencio, ou a lo menos eso di na súa páxina web. As veces a xente acode a el na busca de axuda para resolver misterios. Iso é o que fai Liza, unha muller preocupada polo mutismo da súa filla. Que terribles segredos do pasado sairán á luz? Unha novela de misterio que nos mergulla nun ambiente oscuro de traizóns e vinganzas".

14/3/10

Adeus a Delibes


O venres 12 de marzo morría na súa Valladolid natal, Miguel Delibes. Podería falarvos aqui dos seus méritos como escritor e como persoa, comentar o seu estilo ou citar todos os premios acadados ao longo da súa traxectoria literaria. Non vou facer nada diso. Ídesme permitir que faga unha entrada máis persoal. Contaréivos como cheguei eu á súa obra.
O primeiro libro que lin de Delibes foi "Las ratas" porque era a lectura obrigatoria de castelá en 1º de BUP. Non foi un bo comezo. Recordo dicirlle á profesora, no exame oral do libro, que non me gustara a temática, que me resultara demasiado duro.
No curso seguinte volveu ser lectura obrigada outra obra súa: "El camino", e aí comezou o frechazo, xa que Daniel "el mochuelo" converteuse nunha desas personaxes inesquecibles que te acompañan unha ver rematada a lectura. Despois virían, xa por vontade propia, "Cinco horas con Mario", "Los santos inocentes","La sombra del ciprés es alargada", "La hora roja", "Mi idolatrado hijo Sisí", "Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso", "Señora de rojo sobre fondo gris" e o seu discurso de entrada na academia (sen dúbida o máis fermoso canto á natureza e o respecto polo medio ambiente que teño lido nunca).
Por que vos conto todo isto? Supoño que porque necesito lembrar que o que os profes sementamos si que xermola, aínda que ás veces leve o seu tempo...
Gracias, Delibes. Sempre nos quedarán os teus libros.

9/11/09

"Ghostgirl" e "Bel", as rapazas pantasmas están de moda

Cali debe estar contentísimo, xa que o último berro en libros é a historia de dúas rapazas pantasmas.


O primeiro, Ghostgirl e a súa segunda parte Ghostgirl: el regreso, conta a historia dunha rapaza que se sente invisible no seu instituto. Sen amigos e namorada dun rapaz superpopular no centro, adica o verán a trazar unha estratexia para cambiar a súa situación...Pero o primeiro día de curso morre atragantada cun oso de gominola no laboratorio de Física (ehem, ehem).

Cunha edición coidadísima e unha páxina web desde onde podedes descargar salvapantallas para móbil, marcapáxinas, a música que escoitan os protagonistas (se queredes visitala premede no título) e ata o seu myspace!.

O segundo, Bel: amor más allá de la muerte, é a historia dunha moza, Bel, que se resiste a abandonar este mundo (está morta) porque aínda ten unha conta pendente...Tamén conta cunha páxina web do máis completa e o libro incorpora un CD con música de Mc Fly, xa que unha das súas cancións é moi importante no libro. Déixovos que volo conte a súa autora, Care Santos.

11/2/09

Finis Mundi


En 3º de ESO estamos estudando en distintas materias a época histórica da Idade Media. En Lingua Castelá decidimos ler a primeira novela de Laura Gallego, Finis Mundi, que está situada nesa época histórica. Presenta moitos dos elementos característicos das obras máis recoñecidas desta autora, como na triloxía de Memorias de Idhún, pero cunha ambientación medieval que nos axuda moito a entender aquela época histórica. ¿Qué opinas desta novela? ¿Gústache o xénero da novela histórica? ¿Qué títulos coñeces? ¿Cómo valoran os profesores a novela histórica como instrumento de enseñanza nas súas clases?

Para máis información sobre autora, podes visitar: http://www.lauragallego.com/

Fernando

2/12/08

Entre Juanes anda el juego (o de Juan Gelman a Juan Marsé)

Acabamos de inscribir en el cuadro de honor de los premios Cervantes a todo un señor de la palabra, Juan Marsé, catalán de 75 tacos. Me pides que diga algo y a ello voy. Mirando su retrato, tiene toda la pinta de un boxeador “sonao” y si esperas que su jeta esboce y amague una sonrisa, pues espera sentada. ¿Sabías que el apellido Marsé e adoptado/adoptivo? De padre desconocido o no reconocido, su madre biológica, muerta en el parto, se apellidaba Faneca. Estarás conmigo, oh ilustre creadora del blog calixtino, que Juan Faneca resulta más sonoro, significativo y… playero. Pero vengamos a la obra. De todo su catálogo me quedo con “La muchacha de las bragas de oro”, por lo sugeridor, por el Premio Planeta que le supuso y tal. Eso sí, su obra cumio es sin duda ÚLTIMAS TARDES CON TERESA, en la que se consagra el antihéroe PIJOAPARTE, mozo charnego del barrio barcelonés del Guinardó, que se enamora de Tere., niña bien, algo rebelde e ingenua. Para cerrar un trío, si “Las bragas” es el violín, “Últimas tardes” es el piano, digamos que “Rabos de lagartija”, una de sus penúltimas obras, es… el violonchelo (ejem!). ¿Su estilo, su prosa, su rumbo? Pues una mezcla de esqueleto y corazón, de basura y magia, a veces sacude como un trueno, a veces acaricia como una pluma de ganso. Y, sí, ácido, muy ácido y corrosivo (qué le voy a decir a la experta en materia de ácidos y oxácidos…) De Juan Marsé sabrá más quien leyere.
La tarde-noche está diluviana y quiero soltar este portátil de mi hija que no tiene ni rato. Lamento no recordar la letra, pero sí la música de una frase de Marsé: Mi mayor deseo es vivir siempre un amor imposible. De acuerdo, don Juan.
José Luís