31/3/15

As 10 mellores curtametraxes sobre libros

http://www.taringa.net/post/animaciones/18576667/Los-10-mejores-cortometrajes-sobre-libros.html

Neste enlace van algunhas curtas consideradas das mellores sobre as experiencias que se poden vivir a través dos libros..., tan suxestivas e amplas como cada un queira!


Boas vacacións!!

24/3/15

FALADOIRO DE ACTUALIDADE. Sexo e xénero. A situación da muller no mundo actual.

Os días 18 e 19 de marzo, inauguramos unha nova actividade -o Faladoiro de Actualidade- pensada en orixe para dinamizar a Sala de Prensa, pero que superou a idea inicial porque ao final foi na sala da Biblioteca onde realizamos esta exitosa primeira "saída á palestra" do alumnado de 3º e 4º. 

Dende Dinamización de Biblioteca, e coa inestimable colaboración do Dpt. de CCSS, pensouse a mellor maneira de organizar un ciclo de debates 
mensuais, repartidos en varios recreos ao longo dunha semana, onde o protagonismo absoluto o tivera o alumnado, para falar e analizar temas de actualidade que fosen do seu interese. Para tal fin, procedeuse a repartir información a cada alumno/a de 3º e 4º, explicando en que consistía a actividade, que sería voluntaria, aínda que se valoraría a participación nela para as materias de historia, xeografía e ética; ademais serían eles quen elixirían os temas a tratar, dunha lista orientativa que lle proporcionamos e na que tiñan que engadir os que considerasen do seu gusto. Un bo número de alumnxs mostrouse atraído dende o principio -contamos coa participación de 62 persoas- elaboramos o listado de temas e empezamos polo máis votado por elxs: "Sexo e xénero. A situación da muller no mundo actual". 


Decidimos organizalo repartindo primeiro un dossier con documentos relacionados co tema a tratar,  escollendo a 4 alumnxs de 4ºESO para preparalo a fondo e presentalo ante o resto dos compañeirxs. Un deles guiaría a presentación xeral, outra compañeira faría de moderadora, pero tamén puntualizaría cada punto destacado dándolle pé a intervir ao compañeiro e á compañeira que asumirían os roles enfrontados -pro e contra- como procedemento que axudaría a dinamizar o debate e a saber atopar os argumentos requeridos; namentres que o público podería intervir sempre que o considerase, procurando respectar sempre o turno de palabra, sabendo falar e escoitar.


A pesar de que se retrasou por mor das avaliacións, dos resfriados e de encontrar o mellor momento, por fin nos lanzamos a esta nova aventura para aprender a debater e a coñecer e analizar a apaixonante e complexa realidade que nos rodea. Na primeira sesión os nervios estiveron a flor de pel, pero na segunda parte xa estaban todxs afeitos a esta dinámica que nos descubriu dotes de comunicadores, de polemistas, de reflexións e argumentos ben acaídos, e do logro dun ambiente propicio para a dialéctica. 






Noraboa e grazas a todxs pola vosa actitude 
e pola vosa participación!!





20/3/15

PRIMAVERA, ECLIPSE E CALOR

Certo é que hoxe foi un día ben especial: a primavera entrou ao grande, saímos ao aire libre, o caloriño calou nos nosos miolos e, ademais,  poidemos contemplar un eclipse de sol en día festivo. Que máis se pode pedir?!


En Vigo tivemos a oportunidade de acudir ao paseo da praia do Vao, onde a Asociación Astronómica Rías Baixas, Astrovigo e Fundación Ceo e Cultura puxeron á nosa disposición os utensilios idóneos para contemplar os astros. A pesares de ter que madrugar, o ambiente era magnífico, relaxado, falando con uns e outros, vendo os diferentes aparellos feitos por afeccionados tamén; nenos xogando, pero tamén interesados no eclipse, unha mañá para disfrutar, pasear pola beira do mar, sentir a calor e facer unha chea de amables fotos ben compostas, que quedan como testemuño da cantidade de dispositivos que nos acompañan no día a día nesta modernidade que vivimos. 


A Asociación Astronómica Rías Baixas ten unha boa páxina (aquí enlazada) para quen  estea interesado/a nestes temas. Pablo Martínez Alemparte axudounos a entender mellor o eclipse e a captalo adecuadamente, ademais de enterarnos de que dá charlas sobre temas de astronomía en centros escolares. Así que, xa sabedes, non temos máis que poñernos en contacto a través da páxina web e organizar dita visita para que veña a compartir connosco todo o que sabe sobre o "firmamento"... Pensarémolo como posible actividade a realizar!
(Por certo, a imaxe que abre esta presentación de diapos é a que leva Pablo Alemparte na súa camiseta, deseñada en exclusiva pola súa propia irmá, iso contounos).

17/3/15

PREMIO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO ÁS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.


Premio "Francisco Fernández del Riego á colaboración no ámbito editorial e cultural" para Bibliotecas Escolares de Galicia.

Estamos de noraboa por este premio recibido á laboura de moitas persoas empeñadas en poñer en funcionamento e dinamizar as Bibliotecas Escolares e, por suposto, queremos compartilo con todxs vós.

http://www.editoresgalegos.org/gl/actualidad/novas/amosar/id/5595

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node%2F764


11/3/15

LABORATORIO DO BO AMOR: RECURSOS.

Aquí temos unha serie de recursos interesantes que nos axudarán a pensar e revisar o concepto e a experiencia do amor e das relacións. Iremos seleccionando textos, videos, cancións, imaxes..., e calquera de vós pode recomendarnos máis referencias de interese para engadir. Ademais de ser recursos idóneos tamén para celebrar dende esta óptica o mes da Muller.

Por certo, estade atentxs porque a semana que vén, a través da Radio Escolar, faremos un programa especial: 
"OS 40 PRINCIPAIS
para dar a coñecer as letras destas cancións seleccionadas -e aínda quedan moitas- que nos parece que gardan mensaxes positivas referidas ás relacións sentimentais... Tratarase de que cada un de vós elixa a súa favorita, valorando a letra e a música, e así veremos como se van situando na lista as máis votadas. Para tal fin, instalaremos un buzón no corredor onde as meteredes

E non deixedes de ADICARLLE esa canción preferida a quen cada un considere, con elas nutriremos unha serie de programas que esperamos que vos resulten atractivos. Neste post atoparedes cancións ao principio, pero non deixedes de ver as que enlazamos tamén na parte final.

A seguinte semana, tamén nos programas de Radio, destacaremos e comentaremos as Fórmulas de Amor expostas no corredor, pero diso xa falaremos noutro post.
-http://www.pikaramagazine.com/2015/02/menos-guerras-romanticas-y-mas-amor-por-favor/

-https://www.diagonalperiodico.net/cuerpo/24379-menores-transexuales-invisibles-y-sin-derechos.html

-Cancións:
Canción de Pablo Milanés con Gal Costa: Ámame como soy.

Canción de Silvio Rodríguez: Te molesta mi amor.

https://www.youtube.com/watch?v=rXhauh4-QWI   -Adele.

https://www.youtube.com/watch?v=TH6RETGrZT8
 -Canción árabe traducida.

https://www.youtube.com/watch?v=cfHAcal0q1Q 
 -Dire Straits. Romeo and Juliet.

https://www.youtube.com/watch?v=LfcJJOEPyfc     -The Beatles.

https://www.youtube.com/watch?v=TcnQdb8BYcY     -Ed Sheeran.

https://www.youtube.com/watch?v=a2UDpDxmyV0      -Elton John.

https://www.youtube.com/watch?v=sLNhGccpnBA   .Hilario Camacho.

https://www.youtube.com/watch?v=4xU12NYLj4k      -Nacha Pop.

https://www.youtube.com/watch?v=rvR2Ohs_df0&list=RDrvR2Ohs_df0#t=7
Whitney Houston.

https://www.youtube.com/watch?v=WzjLl_YVUM0     -Jake Bugg.

https://www.youtube.com/watch?v=CgEDTd5kcCQ    -Rubén Blades.

https://www.youtube.com/watch?v=EIjtqtOM1zU      -Los Piratas.

https://www.youtube.com/watch?v=ZxmbN9Sc8-0 
 -Quen puidera namorala.

https://www.youtube.com/watch?v=IRVP5zAocLE 
 -Sés. Tola tras de ti.

https://www.youtube.com/watch?v=kC5BqYoQ5Lc 
 -Sólo pienso en ti.

https://www.youtube.com/watch?v=jif6bg-t7bU   
 -Teu nome por mar e terra.

https://www.youtube.com/watch?v=Zx3RGuyN2S0   -Rosario Flores.

https://www.youtube.com/watch?v=nucLzfdom4A   -Tucara.

https://www.youtube.com/watch?v=OQE1JJ0YMHQ    -Víctor Manuel.

https://www.youtube.com/watch?v=s02LVjYHoM4    -Carole King.

Canción de Sés no seguinte vídeo: Non son fada nin princesa:




-Imaxes:
-http://www.elcultural.es/noticias/arte/Mads-Nissen-gana-el-World-Press-Photo/7403

                                          La foto ganadora del World Press Photo: Jon and Alex de Mads Nissen. 2015


-Destacamos o que se deu en chamar "micromachismos", é dicir, actitudes cotiás, case invisibles, que cremos aceptables e non o son, porque agochan síntomas de machismo, desigualdade, dominio, submisión... Van estas campañas e os enlaces aos vídeos seguintes:


-Vai tamén o enlace ás antigas entrada deste blog que fixemos en decembro, en relación ao tema do Bo Trato, onde constan cancións e videos..., ademais de rescatar para vós tamén esta presentación con fermosos poemas: "O Amor está nos Libros"

http://www.slideboom.com/presentations/105658/o-amor-esta-nos-libros

http://biblosvivos.blogspot.com.es/2014/11/recursos-para-analizar-e-traballar-os.html
http://biblosvivos.blogspot.com.es/2014/11/mais-recursos-ao-redor-da-violencia-de.html

8/3/15

TAMÉN LEN CO ANTIGO ALUMNO PABLO CABALEIRO

O pasado xoves día 5, varias alumnas e alumnos de 4ºESO presentaron ao noso convidado, Pablo Cabaleiro, e así foi como soubemos que é salcedense, estudou connosco, fixo bacharelato de Humanidades e despois un Ciclo superior de "Dirección en Servizos de Restauración".  Dende novo, aprendeu o oficio no Bar Restaurante dos seus pais, no centro da vila, e no último ano independizouse e abriu o Café "Plaza" ao seu carón, co seu tío como socio.


Como Pablo estaba no seu día libre, comezamos poñendo a mesa e servíndolle como alimento o libro de Manolo Rivas, Que me queres amor?que el mesmo pediu entre o "menú", e de bebida 
-auga, claro!-
DEspois da clara e acertada lecturas de Pablo, os "camareiros e camareiras" dispuxéronse a servir viandas variadas e apetecibles para todxs nós, nesta hora do recreo.

Elixiu este libro, porque Manolo Rivas -e este libro en concreto- é o que máis recorda e o que máis lle marcou, e por ser un autor de referencia e relacionalo con anécdotas do seu tempo de estudante, ...que non quixo desvelar.
Foi interesante a súa conversa posterior, porque demostrou ter unha madurez e filosofía da vida que, en relación ao seu oficio, relaciona con saber dar o mellor trato, coa discreción como máxima para non ter conflitos cando se traballa de cara ao público. Pensa: "Ti escoitas, miras, pero nin entendes nin sabes", ou o que é o mesmo, "o cliente ten a razón". Explícanos que estudar axuda moito para aprender o oficio, porque así é como se sabe dar o mellor trato, ter don de xentes, ter cultura para poder manter conversas. El vese como alguén que valora os clientes e sabe que non se deben tocar certos temas, aínda que os habituais sexan o fútbol, a política e pouco maís, di.
Rematou cun agradecemento aos profes que lle axudaron e aconsellaron estudar e formarse.
E de sobremesa, agasallámolo co primeiro disco de "BATEMENTO", grupo de música que vén de editar a súa obra recentemente, composto por dous antigos alumnos a quen tamén lles damos a noraboa, Aitor e Christian.