Mostrando entradas con la etiqueta animación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animación. Mostrar todas las entradas

15/2/13

Signos de amor en papel

Como andamos todos amorosos esta semana, aquí vos deixo dúas curtametraxes moi románticas. A primeira coñecina grazas ao blog Trafegando Ronseis, titúlase "Paperman" e narra o que acontece cando conectas con alguén descoñecido un breve instante e, en lugar de deixar que ese momento máxico se diluía e quedar cavilando no que podería ter sido, decides cambiar o destino e loitar por sabelo. Producida polos Walt Disney Animation Studios e dirixida por John Kahrs, vén de gañar o premio Annie á mellor curtametraxe animada e opta ao Óscar na mesma categoría.



E como pasa tantas veces, esta curta fíxome recordar outra que me enviara un amigo por mail hai tempo e que tamén ten que ver con romper a rutina a través do amor. De novo o papel e a escrita como vehículo. Veño de atopala. Titúlase "Signs" e o seu director é Patrick Hughes (Australia). Desexo que vos gusten e que teñades unha boa fin de semana!

28/1/12

Los fantásticos libros voladores de Mr. Morris Lessmore



"The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore" de MoonBot Studios é unha das curtas nominadas para os Óscar na categoria de Curtametraxe de Animación. Dirixida por William Joyce e Brandom Odemburg é, ante todo, unha declaración de amor aos libros e a lectura. 

Ademáis, Apple ten á venda a versión en ebook interactivo para iPad, feita por un antigo membro de Pixar presenta unha calidade fantástica.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore iPad App Trailer from Moonbot Studios on Vimeo.

7/11/11

Mourir auprès de toi: unha curta animada ben literaria


Se me din que acaban de facer unha curta animada que ten como escenario a librería Shakespeare and Company de París xa me entrarían unhas ganas enorme de vela, se ademáis a dirixe Spike Jonce ("Cómo ser John Malkovich", "El ladrón de orquídeas", "Donde viven los monstruos" ou "I'm Here") ou meu interese medra, e se para rematar é unha fermosa historia de amor entre o esquelete de "Macbeth" e a protagonista de "Drácula" non podo deixar de compartilo con tod@s vós.

Isto é o que me vén de acontecer grazas ao blog Papeles Perdidos, do que obtiven a información. Aquí vos deixo a curta (vía Nowness) desexando que vos guste tanto como a mín!


Spike Jonze: Mourir Auprès de Toi on Nowness.com.

2/4/11

Día internacional do libro infantil

Procedencia das imaxes




No ano 1967 o IBBY (International Board on Books for Young People) escolleu o 2 de abril como o Día International do Libro Infantil por seren a data de nacemento do escritor de contos Hans Christian Andersen. Este ano os autores das ilustracións e os textos do cartel son Jüri Mildeberg e Aino Perulk, ambos de Estonia.

Un bo día, sen dúbida, para lerlle un conto a alguén.

E vos deixo coa versión animada e galega dun dos contos máis famoso e fermoso de H.C. Andersen, "O soldadiño de chumbo".

18/2/11

Ilustrado por... Shaun Tan.

Tiñamos pendente esta entrada desde que comezamos cos libros ilustrados e os/as ilustradores/as pero hoxe enterámonos de que a curta "The lost thing" baseada no libro homónimo de Shaun Tan, está nominada ao Óscar á mellor curta de animación, así que xa non o podíamos deixar por máis tempo.

Shaun Tan naceu en 1974 nun barrio residencial ao norte de Perth, Australia. Licenciouse na Universidade de WA en 1995 en Belas Artes e Literatura Inglesa e traballa como ilustrador, escritor, deseñador de escenografías e artista conceptual.

Entre os seus libros ilustrados destacan: "Cuentos de la periferia" (2008), "Emigrantes" (2006) con multitude de premios internacionais, "El árbol rojo" (2001) (tédelo en libros para ver e escoitar), "La cosa perdida" (1999) e "Los conejos" editadas en España, e "Memorial" e "The Viewer" sen editar no noso país.



A lectura-visión dos seus libros resulta sempre asombrosa e inquietante, as súas ilustracións oníricas e surrealistas impregnánnos dunha mestura desacougante de tristeza, estraneza e soidade. O propio autor define os seus libros como "libros ilustrados para nenos maiores", xa que tratan estilos inusuais e temas relativamente complexos, como o imperialismo colonial, a apatia social, a natureza dos recordos ou a depresión.
A súa obra ten inspirado curtas de animación, proxeccións musicadas e obras de teatro.

19/6/10

Homenaxe a Saramago

O pasado venres 18 de xuño morría na súa casa de Lanzarote José Saramago, escritor portugués e Premio Nobel de Literatura no ano 1998. Non volveremós ver máis o seu dedo índice levantado ao falar, non escoitaremos máis a súa voz grave e pausada, as súas opinións sempre comprometidas sobre o mundo que nos rodea... pero aí quedan as súas obras. Sempre. Compartide connosco a vosa opinión sobre el e a súa obra.