19/12/09

E de novo chegou o Nadal!!!

Despois do estres dos exames e das avaliacións, en medio dunha ola de frío polar, e xa cansos e con ganas de vacacións, o Nadal está agardándonos un ano máis coas súas festas, comidas, regalos e bos propósitos. Aqui tedes o noso:

10/12/09

Reunión do Club de Lectura

O día 30 de novembro celebrouse unha nova reunión do Clube de Lectura, na que estivemos lendo o prólogo do conto "A cincenta que non quería comer perdices" do que xa tiñamos unha entrada no noso blog e, así intentar que algún de nós se introducise no conto.
Ademais desta actividade tamén estivemos mantendo unha discusión sobre o nome e a forma da nosa nova mascota... Así que pronto coñeceredes a nosa nova amiga "Traza".
E, como non, tamén lle adicamos uns momentos a algo tan importante como é a Poesía, escoitando ao noso mestre Xosé Luís recitar e ensinarnos que o tempo é eterno ao ler poesía.
Yaisha Estévez, 3º B

1/12/09

Contra a SIDA: Pílulas azuis

Hoxe celébrase o Día Mundial contra a SIDA e eu non quero deixar pasar a oportunidade para falarvos dunha novela gráfica simplemente impactante: “Píldoras azules”.
Este cómic autobiográfico narra a historia de amor de Peeters con Cati, unha historia marcada pola SIDA, xa que Cati é seropositiva, como tamén o é o fillo que ten dunha relación anterior. Ao longo da historia asistimos a como se namoran, e a como vai evolucionando a súa relación a partires do momento en que ela comparte con Peeters a existencia da súa enfermidade e todo o abano de sentimentos que vai desenvolver o autor/protagonista desde ese momento.
O libro resulta conmovedor, directo, tenro e realista, sen cair nunca no melodrama, e consigue meternos dentro da historia.
O cómic estivo nominado ao Premio ao Mellor Álbum do Salón do Cómic de Angouleme no 2002 e no Salón Internacional del Cómic de Barcelona no 2005.

Tamén len ...con Suso Carracedo

O derradeiro xoves do mes, recibimos a Suso Carracedo, antigüo alumno e cura no Hospital do Meixoeiro na actualidade, para agasallarnos cunha nova sesión de lectura compartida.
Suso falounos das súas primeiras lecturas, dos tebeos da súa nenez e dos seus gustos literarios actuais. Ademáis, contounos un conto escolmado do libro "Regálame la salud de un cuento" de José Carlos Bermejo e leunos un relato de Fran Alonso.
As nosas fantásticas reporteiras de 3ºB, Yaisha e Lucía Alonso fixéronlle unha pequena entrevista que transcribimos aquí.

- Por que decidiches lernos estes contos?
Porque son curtos e son contos que dalgún modo conectan coa realidade de todos e sempre teñen unha ensinanza final que nos pode servir para a vida.
- Ao volver ver os vellos profesores, que lembranzas che viñeron dos tempos de estudante? Alineación a la derecha
Foi unha sensación moi agradable, ao velos, mais que recordos foi unha sensación estraña. Un día me deron clase e agora son eu quen lles veño falar.
- Por que decidiches especializarte na saúde de doentes dos hospitais?
Porque me parecían as persoas máis débiles, e que ao axudar á xente que sofre, estaslle axudando no momento máis duro da súa vida, e ás veces, no momento en que menos xente está o seu lado.
- Cal foi a túa primeira reacción cando che propuxeron vir ler ao noso instituto?
De sorpresa porque sempre pensas que estas cousas as fan as persoas importantes, e eu non me sentía así.
- Cal é o libro de lectura que nos recomendarías?
Cando tendes moito traballo e pouco tempo, contos pequenos para antes de ir durmir, e cando tes máis tempo, coller unha obra máis longa, por exemplo, "La catedral del mar" ou "Los Pilares de la Tierra".
- Hai algunha lectura que recorde lle marcase dalgún xeito?
Por exemplo, "El alquimista" de Paulo Coelho, porque ven transmitir que a felicidade non hai que buscala moi lonxe, senón que aí donde estés e coas cousas que tes podes ser feliz.