19/12/09

E de novo chegou o Nadal!!!

Despois do estres dos exames e das avaliacións, en medio dunha ola de frío polar, e xa cansos e con ganas de vacacións, o Nadal está agardándonos un ano máis coas súas festas, comidas, regalos e bos propósitos. Aqui tedes o noso:

10/12/09

Reunión do Club de Lectura

O día 30 de novembro celebrouse unha nova reunión do Clube de Lectura, na que estivemos lendo o prólogo do conto "A cincenta que non quería comer perdices" do que xa tiñamos unha entrada no noso blog e, así intentar que algún de nós se introducise no conto.
Ademais desta actividade tamén estivemos mantendo unha discusión sobre o nome e a forma da nosa nova mascota... Así que pronto coñeceredes a nosa nova amiga "Traza".
E, como non, tamén lle adicamos uns momentos a algo tan importante como é a Poesía, escoitando ao noso mestre Xosé Luís recitar e ensinarnos que o tempo é eterno ao ler poesía.
Yaisha Estévez, 3º B

1/12/09

Contra a SIDA: Pílulas azuis

Hoxe celébrase o Día Mundial contra a SIDA e eu non quero deixar pasar a oportunidade para falarvos dunha novela gráfica simplemente impactante: “Píldoras azules”.
Este cómic autobiográfico narra a historia de amor de Peeters con Cati, unha historia marcada pola SIDA, xa que Cati é seropositiva, como tamén o é o fillo que ten dunha relación anterior. Ao longo da historia asistimos a como se namoran, e a como vai evolucionando a súa relación a partires do momento en que ela comparte con Peeters a existencia da súa enfermidade e todo o abano de sentimentos que vai desenvolver o autor/protagonista desde ese momento.
O libro resulta conmovedor, directo, tenro e realista, sen cair nunca no melodrama, e consigue meternos dentro da historia.
O cómic estivo nominado ao Premio ao Mellor Álbum do Salón do Cómic de Angouleme no 2002 e no Salón Internacional del Cómic de Barcelona no 2005.

Tamén len ...con Suso Carracedo

O derradeiro xoves do mes, recibimos a Suso Carracedo, antigüo alumno e cura no Hospital do Meixoeiro na actualidade, para agasallarnos cunha nova sesión de lectura compartida.
Suso falounos das súas primeiras lecturas, dos tebeos da súa nenez e dos seus gustos literarios actuais. Ademáis, contounos un conto escolmado do libro "Regálame la salud de un cuento" de José Carlos Bermejo e leunos un relato de Fran Alonso.
As nosas fantásticas reporteiras de 3ºB, Yaisha e Lucía Alonso fixéronlle unha pequena entrevista que transcribimos aquí.

- Por que decidiches lernos estes contos?
Porque son curtos e son contos que dalgún modo conectan coa realidade de todos e sempre teñen unha ensinanza final que nos pode servir para a vida.
- Ao volver ver os vellos profesores, que lembranzas che viñeron dos tempos de estudante? Alineación a la derecha
Foi unha sensación moi agradable, ao velos, mais que recordos foi unha sensación estraña. Un día me deron clase e agora son eu quen lles veño falar.
- Por que decidiches especializarte na saúde de doentes dos hospitais?
Porque me parecían as persoas máis débiles, e que ao axudar á xente que sofre, estaslle axudando no momento máis duro da súa vida, e ás veces, no momento en que menos xente está o seu lado.
- Cal foi a túa primeira reacción cando che propuxeron vir ler ao noso instituto?
De sorpresa porque sempre pensas que estas cousas as fan as persoas importantes, e eu non me sentía así.
- Cal é o libro de lectura que nos recomendarías?
Cando tendes moito traballo e pouco tempo, contos pequenos para antes de ir durmir, e cando tes máis tempo, coller unha obra máis longa, por exemplo, "La catedral del mar" ou "Los Pilares de la Tierra".
- Hai algunha lectura que recorde lle marcase dalgún xeito?
Por exemplo, "El alquimista" de Paulo Coelho, porque ven transmitir que a felicidade non hai que buscala moi lonxe, senón que aí donde estés e coas cousas que tes podes ser feliz.

27/11/09

Roteiro literario: A praia dos afogados.

O pasado luns, o alumnado de 4º ESO acompañado de Susana, Suso e Xoán foron facer un roteiro literario polos escenarios da novela de Domingo Villar, "A praia dos afogados", guíados polo autor.

24/11/09

La cenicienta que no quería comer perdices

Mañá, 25 de novembro, celébrase o Día Contra a Violencia de Xénero. Non se me ocorre mellor homenaxe para todas as mulleres que aprenderon, están aprendendo ou terán o valor un día de aprender a dicir NON que esta pequena xoia que hoxe vos presento.
Hai case un ano que coñecín este conto a través dun mail. Nin que dicir ten que me encantou, tanto a adapatación do conto como as ilustracións. Pensei daquela en dárvolo a coñecer no blog, pero non estaba á venda, só circulaba vía internet. Tamén pensei que sería ideal para celebrar o día contra a violenza de xénero. Hai menos dun mes supen que o libro fóra editado e aquí o tedes, espero que vos guste tanto como a mín.

Para saber máis preme aquí.

18/11/09

Saída ao cine para ver Ágora

Onte, martes 16, e en sesión matinal, os MQs, os compoñentes do Clube de Lectura (os nosos "siareiros") e mais o alumnado de Cultura Clásica foron ao cine a ver Ágora, como actividade proposta pola biblioteca do centro. Precio das palomitas a parte, parece que a experiencia foi positiva, non? Pena de fotos! Para outra, xa sabedes.
Algúns xa nos deixáchedes a vosa impresión na entrada anterior, os demáis animádevos!

16/11/09

...pero sen esquecer aos vampiros.

Os libros, series e películas de vampiros non perden folgos.
Este mércores, 18 de novembro (dous días antes que en USA en premio á fidelidade dos/as fans españois), estrénase "Luna nueva", segunda entrega da saga Crepúsculo. Con moita máis acción, a incorporación dos licántropos (homes lobos) e un investimento impresionante en efectos especiais. Xa nos contaredes.
E seguimos con "True blood", serie televisiva da cadea HBO e emitida por Canal +. Baseada nunha serie de novelas da autora americana Charlaine Harris, cóntanos como a fabricación de sangue sintética (haina de todos os grupos) leva aos vampiros a tentar reinsertarse na sociedade e reclamar os seus dereitos. Algúns tentan así recuperar o seu lado humano, como Bill Compton namorado de Sookie a humana con poder para ler os pensamentos dos demáis e protagonista da serie, pero non todos están dispostos a renunciar ao sangue verdadeiro.

E, para rematar, Guillermo del Toro, director de pelis como "El espinazo del diablo" o "El laberinto del fauno" e productor de "El horfanato", ven de iniciar una triloxía de libros vampíricos titulada "Trilogía de la oscuridad". A primeira parte, "Nocturna" ten unha boa crítica e parece poñer os pelos de punta!

10/11/09

El violín negro... e seguimos con pantasmas!



O vindeiro 19 de novembro chega ás librerías "El violín negro".

Sinopse:

Hai cen anos, uns obreiros descubriron nos sotos da Ópera Garnier de Paris, unha sala elegantemente amoblada. Contiña as composicións e instrumentos da lexendaria Pantasma da Ópera.
Agora, cen anos despois, unha rapaza chamada Christelle ten que averigüar cal é o segredo do violín que chega as súas mans, o por qué da música esotérica que producen as súas cordas e como pode devolverllo o seu dono antes de que a destrúa. Axudada por un misterioso xoven, Kyriel, viaxarán polo corazón do París actual, desde os edificios emblemáticos ás catacumbas, todo para coñecer a verdade da Pantasma da Ópera.

Se queres ler o primeiro capítulo preme aquí.

9/11/09

"Ghostgirl" e "Bel", as rapazas pantasmas están de moda

Cali debe estar contentísimo, xa que o último berro en libros é a historia de dúas rapazas pantasmas.


O primeiro, Ghostgirl e a súa segunda parte Ghostgirl: el regreso, conta a historia dunha rapaza que se sente invisible no seu instituto. Sen amigos e namorada dun rapaz superpopular no centro, adica o verán a trazar unha estratexia para cambiar a súa situación...Pero o primeiro día de curso morre atragantada cun oso de gominola no laboratorio de Física (ehem, ehem).

Cunha edición coidadísima e unha páxina web desde onde podedes descargar salvapantallas para móbil, marcapáxinas, a música que escoitan os protagonistas (se queredes visitala premede no título) e ata o seu myspace!.

O segundo, Bel: amor más allá de la muerte, é a historia dunha moza, Bel, que se resiste a abandonar este mundo (está morta) porque aínda ten unha conta pendente...Tamén conta cunha páxina web do máis completa e o libro incorpora un CD con música de Mc Fly, xa que unha das súas cancións é moi importante no libro. Déixovos que volo conte a súa autora, Care Santos.

5/11/09

Recomendando lecturas de medo

Hoxe está un día perfecto para tumbarse nun sofá, ben tapadiño, tomando algo quente e lendo un bo libro de misterio ou de medo mentres escoitamos esvarar a choiva nos cristais das ventás. Apetécevos? Pois aí van unhas suxestión. Tedes para escoller, galego ou castelán.

Se queredes ler comentarios de outras persoas que leron estes libros non tedes máis que buscalos no estante da columna da dereita e premer enriba.

30/10/09

Feliz Samaín !

Que vos pareceu a nosa sorpresa de Samaín? E o agasallo? Xa sei, xa sei que vos fixemos un pouquiño de trampa, pero como senón teríamos esa cola para entrar na biblioteca?
Agora só falta que participedes cos vosos "epitafio-comentarios" e que vos adentredes nos libros de medo que vos iremos recomendado, comezando cos do estante do blog.
Abaixo tedes as fotos e un video (moi malo, síntoo).
Que teñades un Samaín terrrrrrorrrríficoooooo!

Inventa un epitafío para Cali

\epitafio\

Pois aquí estamos nós para axudarlle! Tedes ata o 20 de novembro para participar a través dos comentarios do blog, no concurso: Inventa un epitafío para Cali. Sabedes o que é un epitafío? Unha inscrición que se grava nunha sepultura. No corredor da biblioteca podedes atopar algúns exemplos...

29/10/09

Tamén len con ... Rosa Velasco



Hoxe tivemos a honra de estrear as sesións do "Tamén len" deste curso coa estimada presenza da nosa compañeira Rosa Velasco, que nos agasallou coa lectura dun relato de Carlos Casares, recollido no libro "Vento ferido", titulado "O xogo da guerra".
Este pequeno relato conmove e arrepía ao mesmo tempo pois plasma con naturalidade o tema do acoso dentro dunha cuadrilla de rapaces. Fala do medo a dicir non, a saírse do grupo e de que a violenza só enxendra máis violenza. Duro e inesquecible.
Todo o contrario que Rosa, sempre amable e alegre. Foi un pracer terte de novo con nós.
Moitas grazas.

24/10/09

Do amor ao terror

Despois de tanto amor e, aproveitando que o vindeiro sábado 31 de outubro celébrase o Samaín/Halloween, imos adicar estas semanas aos libros e películas de terror. Apetécevos pasalo de medo con nós?
Imos entrar en ambiente cunhas cantas películas, comezando por clásicos como "Psicosis" ou "El resplandor", está última é a adatación dun libro de Stephen King do mesmo título.



Despois podemos seguir con algunha de director español como "Los otros"


E xa máis recentes as tres partes de "The ring" ou as dúas partes de "REC".



Tedes visto algunha? Déixanos o teu comentario!

Para saber máis sobre o Samaín ou Halloween ou consultar as fichas técnicas das pelis, preme sobre os vínculos.

23/10/09

Recital poético: "O amor está nos libros"

Hoxe, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, levamos a cabo un recital poético co lema "O amor está nos libros". Profes e alumnos declamando conxuntamente versos de amor.



Aquí vos deixo a presentación cos textos e as imaxes. Unha mágoa que fallara a música (problemas do directo) pois Merchi nos fixo unha escolma preciosa.
Proximamente os MQs nos deixarán a súa crónica coas vosas impresións e moitas máis fotos!
Grazas a todos/as por participar.

16/10/09

Éranse unha vez ...os MQs


Cando en setembro do ano pasado comezamos a crear este blog tiñamos algo ben claro; queríamos un blog vivo, no que participase toda a comunidade educativa, sobre todo o alumnado. Para iso compría que os alumnos vos sentirades partícipes de todo o proceso, desde o deseño ata os contidos e de paso nos botárades unha man. Así naceu a campaña "Búscanse asesores adolescentes para o blog da biblioteca".

Ao principio erades trece (mal número senón crece) pero foi medrando. Escollíchedes un nome: Os maqueadores do blog "MQs" e xuntos fomos aprendendo, e pasando bos momentos.

Este ano queriamos publicitar o blog entre o alumnado de 1º e 2º da ESO e vos fúchedes polas clases. O voso éxito foi ROTUNDO e na primeira reunión érades máis de 60 persoas.

Que podemos dicir? Que estamos flipadas, moi moi contentas e con moitas ganas de traballar con vós. Definitivamente estamos a facerlle honra o noso nome, e o blog está máis vivo ca nunca.

MOITAS GRAZAS MQs.

9/10/09

Premio Nobel para Herta Müller

Onte concedeuse o Premio Nobel de Literatura a poetisa e novelista de orixe rumana, Herta Müller. Nacida no ano 1953, Müller conviviu co rexime dictatorial de Nicolai Ceacescu. A situación política vivida neses anos: prohibición para editar os seus libros, coacción para colaborar coa policía política, etc leváronna a exiliarse en Alemaña no ano 1987.

O galardón resalta en Müller, en palabras textuais, “a capacidade para retratar a paisaxe dos desposeídos”.

En España están editadas varias das súas obras, entre outras En tierras bajas (Niederungen), El hombre es un gran faisán en el mundo”, “La bestia del corazón y La piel del zorro.
Se estás interesado en ler o primeiro capítulo de “El hombre es un gran faisán para el mundo” preme sobre o título.

6/10/09

As rimas con humor, sempre entran mellor

OS ROMÁNTICOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DA ESO PREFIREN VER A TELEVISÓN ANTES QUE LER AS RIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

O seu profesor de Lengua e Literatura Castellana pretende convecelos, polas boas ou polas malas, que é moi bo para os seus espíritus, e sobre todo para os seus corazóns (non falemos das ventaxas que pode ter para aprobar o curso) ler as Rimas. Por iso pretende convencelos coas súas propias armas, a televisión, para que as lean, todo isto polas boas, claro. Supoño que queda clara a diferencia entre os/as bibliotecarios/as, e os profesores, e non falamos da súa melena precisamente.



“No digáis que agotado su tesoro,
de asuntos falta, enmudeció la lira;
podrá no haber poetas; pero siempre
habrá poesía.”
Rima IV Gustavo A. Béquer.
Fernando Telle

30/9/09

Ágora



O vindeiro 9 de outubro estrénase nos cines, Ágora, a última película de
Alejandro Amenábar. Ambientada na antiga cidade exipcia de Alexandría e centrada na vida de Hypatia, a película tenta retratar a destrucción da famosa biblioteca desta cidade, o maior centro de saber e investigación do mundo antigo.
Se queredes saber máis sobre Hypatia e a biblioteca de Alexandría, aqui tedes uns videos da serie "Cosmos" de Carl Sagan.


Que estás lendo agora?

Aproveitando o inicio do curso queremos crear unha nova sección onde podas compartir con nós o que estar a ler. Que nos aportedes títulos, opinións, recomendacións,... Porque, como en case todo, o que mellor funciona é o boca a boca.

Para romper o xeo comezarei eu. O libro que estou lendo recomendoumo unha amiga e titúlase "La Historia del amor" de Nicole Krauss. Trátase dun libro de historias cruzadas:Un xubilado que vive en Nova York obsesionado por non morrer un día en que ninguén o teña visto; Alma, unha quinceañeira que padece os dilemas da súa idade e que toma a decisión de atoparlle un home á súa nai para non ve-la tan triste, un escritor polaco exiliado en chile ao que lle costa deixar o pasado atrás, e como se dun personaxe máis se tratara, un manuscrito perdido hai anos (la historia del amor) que serve de nexo entre todos eles.
É un libro tenro sobre a soedade, a amizade, o amor, o paso do tempo e a morte.
Aqui vos deixo un fragmento desexando que vos guste.

"Son tantas las palabras que se pierden...Salen de la boca, se atemorizan y vagan sin rumbo hasta que son barridas a la cuneta como hojas secas. Los días de lluvia puede oírse su coro que se aleja veloz:
YoerabonitaNotevayastelosuplicoTambiényocreoquetengoelcuerpodecristalNuncahequeridoanadiemásqueatiYomeencuentrodivertidaPérdoname...

Hubo un tiempo en que era normal ensartar las palabras en un hilo para guiarlas y evitar que se extraviaran por el camino hacia su destino. Los tímidos solían llevar un carrete en el bolsillo. La distancia física entre dos personas que estuvieran usando el hilo no tenía por qué ser larga; a veces, cuanto más corta la distancia más necesario era el hilo...
La idea de colocar vasos en los extremos del hilo llegó mucho después. Hay quien dice que se debió al irreprimible impulso de acercarnos caracolas a los oídos, para oir el eco de la primera expresión del mundo. Otros aseguran que la inició un hombre que sostenía el extremo de un hilo que iba soltando por el océano una muchacha que se fue a América.

A veces no hay hilo que sea lo bastante largo para que uno pueda decirse lo que debe. En tales casos, lo único que puede hacer el hilo, cualquiera que sea su forma, es conducir el silencio de una persona."

21/9/09

Xa estamos de volta!


Ola a tod@s, despois destas longas vacacións, aquí estamos para compartir con vós algunhas das novas relacionadas coa literatura, o cine, a música e demáis inquietudes artísticas.
Léstedes algo interesante este verán? Tedes ido ao cine ultimamente?
Sabedes que vos temos botado de menos e que estamos ansiosos porque compartades con nós todas esas experiencias.
Eu quería falarvos da película que máis me impactou das que vin nestas vacacións. Titúlase "La ola". Basada en feitos reais ocorridos en 1967 na Cubberley Hight School de Palo Alto (EEUU) onde un profesor de historia, Ron Jones, pon en marcha un experimento cos seus alumnos de secundaria co fin de demostrarlles o fácil que resulta cair nas garras dun sistema autoritario. Por desgracia o experimento ten demasiado éxito.


19/6/09

Vacacións... por fin!

Todo remata e o curso non podía ser unha excepción. Desde este blog queremos despedirnos con varias mensaxes:

Aos de 4ºESO, dicirvos que vos imos botar de menos e que desexamos que todo vos vaia moi moi ben. Este video vai adicado a vós.




Aos MQS, dicirvos que nos sentimos moi satisfeitas co voso traballo e que contamos coa vosa inapreciable axuda no vindeiro curso.

A todos/as, moitísimas grazas por estar ahí.

Prometemos volver coas pilas cargadas. Pasádeo ben e aproveitade o verán...tamén para ler!


17/6/09

Os lobos de Moeche


Como remate do curso, o alumnado de 3ºESO e algúns/as de 4ºESO leron un cómic de recente publicación titulado "Os lobos de Moeche", de Manel Cráneo. Trata sobre as Revoltas Irmandiñas e está ambientada en Moeche, berce da Revolución, cando os irmandiños se alzaron contra os abusos dos Andrade.
Con esta obra, Demo Editorial inicia a sua andadura apostando pola banda deseñada en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico da Galiza mediante un medio de entretemento como é a novela gráfica.

10/6/09

Cando a realidade imita á ficción: Os cadeados do amor

Estas imaxes pertencen á Ponte Milvio en Roma e o que vedes nas farolas son cadeados. Hai tantos que a estructura, do S.III, está empezando a ceder, e o que empezou como símbolo de amor nunha novela se transforma agora nun problema político. Pero comecemos polo principio...

No ano 2004, Federico Moccia publica a súa novela "A tres metros sobre el cielo" que se converte de inmediato nun gran éxito entre os adolescentes italianos. Como escenario a cidade de Roma, dous adolescentes queren voar, buscan caminar 'tres metros sobre el cielo'. As rapazas como Babi esmeránse nos seus estudos, falan do último grito en moda e se preparan para atopar o amor da súas vidas; os rapaces como Step prefiren a velocidade, a violencia, o risco e a camaradería das bandas, pero todos eles tentan vivi-la vida como se cada segundo fora o último.

No ano 2007 aparece a segunda parte, "Tengo ganas de tí" na que os protagonistas se reencontran e selan o seu amor colocando o citado cadeado e tirando a chave ó Tiver...

Queredes engancharvos? Hai peli das dúas partes!



30/5/09

Triloxía Millennium

Seguramente xa estaredes ao tanto de que esta fin de semana vense de estrenar nos cines Millennium 1. Adaptación do primeiro dos libros de esta saga de moda: "Los hombres que no amaban a las mujeres", " La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina" e "La reina en el palacio de las corrientes de aire" (prevista a súa saída á venda o 23 de xuño). Queredes saber máis?


A "prota", Lisbeth Salander, 24 anos. Adolescencia máis que díficil, escapada das casas de acollida, expulsada de colexios e institutos. Diagnosticada como asocial e pouco intelixente. Na actualidade unha das mellores Hacker do mundo.


O "prota", Mikael Blomkvist, 43 anos. Xornalista independente, editor da revista Millennium, que ven de ser condenado ao cárcere por difamación.


A historia: Harriet Vanger, sobrina do rico industrial Henrik Vanger, desapareceu da mansión familiar hai case 40 anos. A illa na que vivía estaba incomunicada ese día por mor dun accidente. O seu corpo nunca apareceu, pero o seu tío recibe unha flor enmarcada cada ano na data do seu aniversario.
O autor: Stieg Larson. Morto pouco despois de face-la entrega do manuscrito desta súa primeira novela e antes da súa publicación.
De fondo: A cidade de Estocolmo e a violencia de xénero.


Acción, misterio, paixón, envexas, vinganza, crimes... A emoción está servida!



22/5/09

Tamén len... con Ramón

Este xoves, 21 de maio, tivemos unha visita moi esperada, a do noso excompañeiro/exprofe e asiduo comentarista deste blog Ramón, que aproveitando que andaban de festas en Santiago, acercouse a Salceda e compartiu con nós unha nova xornada de lectura en común entrañable.


O relato escollido títulase A máscara e, para os que non puidechédes asistir, está reproducido abaixo. Fermoso e inquietante, así o definiría eu. Pero ademais, coa súa proximidade habitual, Ramón falounos de moitas máis cousas: de como se convertiu en devorador de libros, dos seu gustos, da prosa poética (da que el non gosta especialmente), etc.


Ovacionado coma se merece despediuse de nós ata a próxima, que esperamos sexa ben pronto. Grazas!



20/5/09

Batendo récord de idade na maratón de lectura




O pasado luns día 18 levouse a cabo a maratón de lectura do Día das Letras Galegas. Tomou a saída Marcos Besada, alcalde de Salceda, e foron collendo o relevo alumnos/as do Instituto. Tamén había profes e invitados do Colexio Altamira, pero sen dúbida a aparición estelar foi a de Fernando e o seu pequerrecho, Xián Telle, que estiveron connosco a través de videoconferencia (que modernos!). Paréceme que a Xián non lle gustou moito o relato de "A Pega rabilonga" porque terminou fungando. Xa sabes, Fernando, a inicialo no pracer da lectura!
A maratón continuou durante toda a xornada escolar e foi pechada pola nosa dire, Chefa, como debe ser. Todos os participantes recibiron o seu correspondente diploma pola súa participación. Foi un día moi especial.

Xa temos gañadores!

Os vencedores do III concurso de Xogos Matemáticos e de Lóxica foron os seguintes:
  • Na final do segundo ciclo gañou o grupo de 4ºB composto por Martín Rodríguez Barros, Yeray González González, Javier Gregores Méndez e Joel López.
  • Na final do primeiro ciclo gañou o grupo de 2ºA composto por Borja Barbosa, Marco Antonio Estévez e Marcus Vinicius Fernández.

A cerimonia de entrega de premios realizarase ao final de curso. As solucións dos problemas comentaranse en clase co profesor correspondente nos últimos días do curso.

Noraboa a todos e todas!

(E, para os que queiran ir preparando o concurso do vindeiro ano, un chivatazo: os profes de mate sacan as preguntas duns libros moi interesantes sobre problemas de lóxica, así que preguntádelles polos títulos...)

Actividades Letras 2009 (I): Serafín Marcos e Ramón Piñeiro



O pasado mércores 13 de maio de 2009 o alumnado de 4ºESO acudiu á performance que realizou Serafín Marcos sobre Ramón Piñeiro. Buscando sorprender ao público, o artista permitiu que os asistentes lle cortasen o pelo, subiu polas cadeiras do salón de actos, cubriu a parte do público cun plástico... todo cun significado simbólico que logo explicaron os/as profes de galego nas súas aulas. Gustouvos??

18/5/09

A Mario Benedetti...in memorian

Veño de enterarme de que esta noite, aos 88 anos de idade, morreu no seu Urugüay natal, Mario Benedetti, e non podo evitar sentir que teño perdido a alguén case coñecido, que me ten feito compaña coa súa obra nos bos e malos momentos da vida.
Autor comprometido e prolífico, cultivou todos os xéneros literarios: novela, ensaio, relato curto, artigo periodístico, poesía...
Se tivera que facer unha escolma da súa obra para recomendárvola, creo que me quedaría con tres títulos:"A tregua", "Primavera con una esquina rota" e "El amor, las mujeres y la vida".
Por iso desde este blog, e como modesta homenaxe, vos deixo dous dos seus poemas (hai máis nas entradas de poesía) e un fragmento dunha das súas novelas.
Grazas!

"Todo este terremoto nos ha dejado rengos, incompletos, parcialmente insomnes, vacíos. Nunca vamos a ser los de antes. Mejores o peores, cada uno lo sabrá. Por dentro, y a veces`por fuera, nos pasó una tormenta, un vendaval, y esta calma de ahora tiene árboles caídos, techos desmoronados, azoteas sin antenas, escombros, muchos escombros. Tenemos que reconstruírnos, claro (...) Quitar los escombros, dentro de lo posible; porque también habrá escombros que nadie podrá quitar del corazón y de la memoria."
Primavera con una esquina rota.

Defensa de la alegría
Defender la alegría como una trinchera
defenderla del escándalo y la rutina
de la miseria y los miserables
de las ausencias transitorias y las definitivas
defender la alegría como un principio
defenderla del pasmo y las pesadillas
de los neutrales y de los neutrones
de las dulces infamias y los graves diagnósticos
defender la alegría como una bandera
defenderla del rayo y la melancolía
de los ingenuos y de los canallas
de la retórica y los paros cardiacos
de las endemias y las academias
defender la alegría como un destino
defenderla del fuego y de los bomberos
de los suicidas y los homicidas
de las vacaciones y del agobio
de la obligación de estar alegres
defender la alegría como una certeza
defenderla del óxido y la roña
de la famosa pátina del tiempo
del relente y del oportunismo
de los proxenetas de la risa
defender la alegría como un derecho
defenderla de dios y del invierno
de las mayúsculas y de la muerte
de los apellidos y las lástimas
del azar y también de la alegría.


12/5/09

Día escolar das matemáticas

Wordle: dia das matematicas

Con motivo da celebración do X Día Escolar das Matemáticas desde o departamento desta asignatura queremos convidarvos a descubrir as matemáticas fóra da aula.

Como cada ano por estas datas estamos a celebrar o concurso de problemas de lóxica no que todos podedes participar. Moita sorte!

Ademais este ano comezamos unha nova actividade para recordar o traballo feito por distintos matemáticos. Este curso escollemos a: Arquímedes, Newton, Gauss, Kovalevski e Noether.


O Día Escolar das Matemáticas instaurouse no ano 2000, declarado Ano Mundial das Matemáticas e celébrase o 12 de Maio.
Este día coincide co aniversario do nacemento do profesor Pedro Puig Adam, matemático, enxeñeiro, músico, poeta e pintor nacido en Barcelona no ano 1900. Este ano o tema escollido para celebrar este día é Cidade e Matemáticas.
Son varias as cidades que contan con Paseos Matemáticos que nos axudan a ver as matemáticas que encerran as rúas das nosas vilas. Entre elas están Santiago de Compostela e Ferrol.
Desde a biblioteca cremos que é o momento indicado para facervos algunhas recomendacións de lecturas relacionadas coas "mates":




El hombre que calculaba: Nunha viaxe por terras exóticas, hai moitos moitos anos, un árabe dotado dunha gran habilidade, fruto dun espíritu atento, vese sometido a distintas probas que debe resolver co seu talento matemático e o seu enxeño. Interesante e divertido é, probablemente, un dos mellores no seu xénero editado nos últimos tempos. Recomendado para 3º e 4º da ESO.

3L 4S3S1N4T0 D3L PROF3S0R D3 M4T3M4T1C4S : Un profesor propón un xogo como exame para aprobar as mates. O venres pola tarde o profe morre, pero antes lles comenta que o sobre que hai no seu peto lles indicará cómo buscar ao asasino. Non poden fallarlle…

Cuentos del cero: A través dos contos, Balbuena invítanos a coñecer dun modo ameno e divertido o mundo das matemáticas. Recomendado para 1º e 2º ESO.

Actividades arredor de Ramón Piñeiro

A biblioteca súmase ás actividades do Día das Letras Galegas 2009 dedicado a Ramón Piñeiro. O vindeiro luns día 18 de maio, como en anos anteriores, celebraremos o Maratón de lectura. O libro que imos ler este ano é "A pega rabilonga e outros relatos" de Álvarez Blázquez. Inaugurará o Maratón o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, ás 9'00h. Despois, por quendas, representantes do alumnado do Instituto de cada curso acudirán á Biblioteca para participar na lectura ininterrompida da obra ao longo da mañá.

Esperamos contar con algunha participación inesperada que chegará por canle dixital...

Letras Galegas 2009: Ramón Piñeiro



O Día das Letras Galegas 2009 está dedicado a Ramón Piñeiro, galeguista, editor e ensaísta. Se queres saber algo máis del, velaí van algúns enlaces de interese:
http://www.letrasgalegas.org/
http://www.realacademiagalega.org/
http://www.gl.wikipedia.org/wiki/Ramón_Piñeiro
www.timerime.com/timeline/75480 (Aquí podes ver unha biografía visual protagonizada por un neno presente nos lugares máis significativos da vida de Piñeiro)

7/5/09

Celebración do Día de Europa

O martes 5 de maio celebramos no noso instituto o día de Europa (o día propio é o 9 de maio). Persoal enviado por "Europe Direct", un organismo que traballa para a Comisión Europea, achegouse ao noso centro para animar este día e dar unhas sinxelas explicacións sobre a Unión Europea, a súa historia, as súas institucións...Tamén foron entregados os premios do concurso "Que é para tí Europa?" do que podedes ver o traballo gañador. Noraboa a Cinthia de 1ºB!