29/11/08

Centos de citas, un punto de encontro II

Como vos dicíamos a semana pasada, aqui vai unha escolma das citas para que votedes as vosas favoritas. Á hora de votar, gustaríanos que tivésedes en conta que moitas destas citas son de creación propia (en verde), o que ten moito máis mérito!

1.- "Cuando te aburras y no sepas que hacer, coge un libro y empieza a leer" Jessy 2ºD
2.- "Los libros nos dan consejos que no se atreverían a darnos nuestros amigos" Nuria 2ºB
3.- "A biblioteca é como unha hipoteca, nunca se acaba" Richi 2ºA
4.- "Hai algo no fondo do pasillo que ninguén sabe que é porque a maioría da xente non vai nin a ler" Ernesto 2ºD
5.- "Si te gusta la biblioteca no vayas a la discoteca" Helier 3ºA
6.- "El hombre que no lee no tiene ninguna ventaja sobre el que no sabe leer" Javier Comesaña 3ºA
7.- "No hay dos personas que lean el mismo libro" Mauricio 2ºB
8.-"El niño del pijama a rayas: en Lemos 12 €, en Semel 15 €, en nuestra biblioteca no tiene precio" Yaisha 2ºD
9.- "Lee y conducirás, no leas y serás conducido" Jorge 2ºC
10.- "Non hai mellor nave que un libro para viaxar lonxe" Emily Dickinson. Borja 2ºA
11.-"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera, olvidado un alma que perdona, destruído un corazón que llora" Estefanía 1ºB
12.- "Si viajas a un rincón lleva un libro y te alegrará el corazón" Lois 1ºB
13.-"Un libro es como un viaje, se comienza con inquietud y se termina con melancolía" Nerea 1ºC
14.- "Hai moitos libriños e poden ter moito valor, pero para ti lelos tencho que mandar un profesor" Anónimo 3ºB
15.- "La biblioteca del colegio es como un paragüas sólo se usa cuando llueve" Diego 4ºB
16.- "Un libro é unha porta aberta á cultura, coñecemento, sabedoría e sobre todo ilusión" Josue 2ºB
17.- "A biblioteca é un lugar, ler unha acción e sen lectura ninguén son" Rosana 3ºB
18.- "Ningún amor muere, sólo cambia de lugar en la memoria" David 4ºB
19.- "Canto máis pobres son as palabras, máis pobre é a vida" Kevin 2ºA
20.- "A ninguna princesa se le cae la corona por ningún principe" Elba 4ºC
21.- "Si la vida te da mil razones para llorar, demuestra que tienes mil y una para soñar! Haz de tu vida un sueño y del sueño una realidad" Miriam 4ºB
22.- "La felicidad no se logra con grandes golpes de suerte que pueden ocurrir pocas veces, sino con pequeñas cosas que ocurren todos los días" Lucía 2º C
23.- "Un viaje de mil millas empieza por un solo paso" Sergio 3ºC
24.- "Si alguien ama a una flor de la que sólo existe un ejemplar en millones de estrellas, basta que las mire para ser dichoso. Puede decir satisfecho: mi flor está allí, en alguna parte" Julio 4ºC

23/11/08

Día contra a violencia de xénero

O vindeiro martes, 25 de novembro, celébrase o Día contra a violencia de xénero. Desde o I.E.S. Pedrasrubias queremos amosar a nosa repulsa contra toda forma de discriminación e/ou violencia.




Para máis información podes consultar as seguintes páxinas:

Páxina de Alecrim: http://www.alecrin.org/

Páxina de igualdade da Xunta de Galicia: http://www.igualdadegaliza.org/

Rede de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade: http://querote.org/

Xunto con algúns teléfonos:

Atención a mulleres: 900 400273

Garda civil: 062

Policia Local: 092

Policia Nacional: 091

Emerxencias:112

Urxencias:061

21/11/08

Centos de citas, un punto de encontro.

Na semana da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, como actividade complementaria, vos propuxemos que crearades ou copiarades unha cita que podía ter como temática os libros ou ser de tema libre. Todos colaboráchedes a través das titorías cos vosos post-it de cores creando o mural "centos de citas, un punto de encontro" que quedou ben fermoso, como podedes ver nas fotos de abaixo.




A partir de agora, iremos colgando no blog unha selección de ditas citas, xunto cunha enquisa para que votedes ás vosas favoritas. Non vos esquezades de participar!

20/11/08

O Taller de Prensa inicia a súa andaina



Este curso 2008-09 todos os membros da comunidade educativa do IES Pedras Rubias imos gozar dunha información actualizada e veraz do que acontece ao noso redor grazas ao alumnado que participa na optativa “Taller de prensa”.
Nesta materia os alumnos e alumnas comportámos como periodista e facémonos unha idea, a pequena escala, do que é esta profesión. O noso traballo diario consiste en recoller noticias acontecidas no instituto e na vila para despois facer unha publicación.
“O niños dos carrizos” é unha delas, que verá a luz dúas veces por trimestre. Tamén contaremos cun par de especiais, o do entroido e a revista fin de curso, Atdp (As tamacas de pau), na que coa axuda de Susana, a profe, somos os encargados de redactar, maquetar…
Tamén pensan participar coa axuda dos alumnos/as de 3ºD na VIII edición O país dos estudantes, concurso a nivel nacional de publicacións estudiantís, no que o noso Instituto xa concursou en dous anos anteriores.

19/11/08

Bautizo da biblioteca II

O prometido é débeda, aqui tedes por fin a reportaxe gráfica do bautizo da biblio.


Ciencia-ficción: A noite dos tempos de R. Barjavel

Proposta para todos os rapaces (ou non) amantes da ciencia-ficción: A noite dos tempos de Réné Barjavel.


O personaxe principal, Simón, é un médico que vai á Antártida en misión científica cun grupo de investigadores. Durante as perforacións, os aparellos de alta sensibilidade atopan baixo o xeo un “refuxio” feito pola man do home, pero cunha tecnoloxía tan punteira que na actualidade sería imposible de construír. Os científicos logran penetrar no refuxio e o que alí atopan cambia para sempre á humanidade enteira. Este achado marcará con lume no corazón de Simón a…Eléa.
Esta novela ten todos os ingredientes dunha boa novela do seu xénero e contén ao mesmo tempo grandes doses de romanticismo. Tampouco falta a crítica da nosa sociedade, capaz de destruír o máis fermoso só polo beneficio duns poucos e diante da indiferenza da maioría (contra-utopía).
Orixinalmente foi escrita en francés (
La nuit des temps, éd. Pocket) Non atopei tradución ao galego pero si en castelán ( Edicións Ultramar). Tamén podemos descargala gratuitamente no ordenador dende os seguintes enlaces:
http://www.esnips.com/doc/12e0859f-8032-461b-8d64-494bb47b1d30/Barjavel,-Rene---La-noche-de-los-tiempos-pdf
http://cahuinweb.com.ar/sololibros/wp-content/uploads/2007/04/barjavel-rene-la-noche-de-los-tiempos.pdf

Para terminar, esta vez en francés, unhas palabras de Barjavel:

"Dieu avait fait l'homme à son image, mais il l'avait pétri dans la boue qui contient en puissance toutes les pourritures."
Matilde