1/11/20

Curso 2020-2021

 Inauguración da Radio Escolar no curso 2020-2021 

 
 
O xoves, 29 de outubro tivo lugar a primeira emisión da nosa radio escolar "Onda Raia" neste curso 2020-2021. 
 
Este primeiro programa estivo dedicado á celebración do día das Bibliotecas (24 de outubro) e do Día das escritoras (19 de outubro). 
 
Con estes propósitos, o alumnado leu distintos poemas e fragmentos narrativos de escritoras galegas, intercalados con pezas musicais da nosa terra.  
 
Aquí tedes o enlace ao programa de radio 
 

27/10/20

Curso 2020-2021

Entrega de diplomas aos voluntarios da Biblioteca 

 

Ao comezo deste novo curso, queremos agradecer ao voluntariado da Biblioteca a súa colaboración durante o "diferente" curso 2019-2020. 
 
 
A directora do centro, Mª José Espiñeira, fixo entrega dos diplomas aos participantes no programa do Voluntariado de Bibliotecas Escolares. 
 
 
 

 

 
 
Nesta ocasión, a entrega fíxose na entrada do centro. Moitas grazas a tod@s! E esperamos contar con vos neste curso que empeza. 👍👍👍

19/10/20

Curso 2020-2021

 Apertura da Biblioteca 


Boas días a tod@s, 

Arrancamos con moitas ganas este curso na Biblioteca. Xa sabedes que este curso estamos no antigo laboratorio, frente á escaleira da cafetería. 

Este curso vai ser un pouco diferente en canto ao sistema de préstamos e devolucións. Para axilizar os trámites e que non haxa aglomeracións, cando queirades levar un libro tedes que enviarme un email á conta de correo: biblosvivos@gmail.com 

No correo tedes que indicar: 

1. O título do libro 

2. O autor do libro

3. O voso nome e o curso no que estades

4. O voso número do carné de lector. 

Unha vez enviado, teredes que agardar pola resposta coas instruccións para recoller o libro. 

Se queredes devolver algún libro do curso pasado falade coas profes de garda da Biblioteca. 

Bo curso a tod@s! 

 

 


 





8/6/20

Curso 2019-2020

Fin de curso "distinto"

O pasado 5 de xuño celebrouse o día mundial do medio ambiente e o día 8 de xuño é o día dos océanos.O mes de xuño é un mes moi adicado á ecoloxía, aínda que este é un tema do que nos ocupar e "preocupar" durante todo o ano.

En decembro de 2008 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas resolveu que a partir de 2009, cada 8 de xuño se celebraría o Día Mundial dos Océanos. Esta conmemoración ten como propósito concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos e poñer en marcha un movemento mundial cidadán a favor da xestión sostible destes, xa que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.

​Como di Ana Pêgo, autora do libro Plasticus maritimus. Unha especie invasora, “cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van parar aos océanos, o equivalente a un camión cheo de plástico, por minuto! Xa é tempo de facermos algunha cousa.”
Plasticus maritimus. Unha especie invasora vén de ser publicado en galego por Kalandraka. Escrito por Ana Pêgo e Isabel Minhós Martins está ilustrado por Bernardo P. Carvalho. A tradución correu a cargo de Celia RecareyA obra acadou a mención de honra na Feira do libro de Boloña 2020 e forma parte das lecturas do Plano Nacional de Leitura de Portugal.
O libro, cun formato próximo ao caderno de campo, contén información sobre a relación entre o plástico e os océanos. Tamén conta cunha guía para preparar visitas á praia para recoller e analizar exemplares do plasticus maritimus, co fin de alertar sobre as consecuencias do plástico na vida do planeta e a necesidade de erradicar o seu uso para preservar o ecosistema mariño.


Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes, por iso na novela de Rosa Aneiros Xelís, o guieiro das botellas de mar  o protagonista, xunto co mascato Mult, Ilva e o avó Jonás, emprende a afanosa tarefa de atrapar a illa de plástico para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
Con ilustracións de Andrés Meixide, a obra de Rosa Aneiros acadou en 2019 o Premio Merlín de Literatura Infantil e entrou na Lista de Honra da OEPLI.


Destinadas a un lectorado autónomo e imprescindibles nas nosas bibliotecas escolares para coñecermos  e traballarmos os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable 2030 , en ambas as dúas obras hai unha chamada ao coidado da vida submarina e a acción polo clima.


15/5/20

Curso 2019-2020

Día das Letras Galegas 2020

Nesta semana íamos celebrar diferentes actividades para o Dia das Letras Galegas, tiñamos previsto:
- Proxectar vídeos informativos do autor homenaxeado, Ricardo Carballo Calero nas clases.


- Traballo de procura de información nos cartaces que envía a Consellería de Educación. Cartaces que se pegarían no corredor.
- Un concurso de vídeos para fomentar a lingua galega.
-Maratón de lectura en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística.
- O día 17 de abril Antía Yáñez ía vir falar dos seus libros O misterio de Portomarín e O misterio do  torque de Burela, lecturas propostas para 1º e 2º ESO.





 
-Tamén tiñamos previsto organizar un recital de poesía o día 23 de abril. Sería un recital de poemas de mulleres.
- Eva Mejuto visitaríanos o día 24 de abril, neste caso, a charla sería para 3º e 4º. As lecturas propostas desta autora eran 22 segundos e Memoria do silencio.




Aproveitamos para recomendar a lectura destes libros para os/as que todavía non os lestes.

Coidaos moito!

23/4/20

Curso 2019-2020

Tempos de cuarentena 

Hoxe é o día do libro. Aquí vos mando un fragmento do Quixote, para festexar esta data.


E ¿por que precisamente o día 23 de abril se celebra o día do libro? E ¿por que un fragmento da obra de Miguel de Cervantes?

La Unesco explica en su página web que el 23 de abril es “un día simbólico” para la literatura en todo el mundo “ya que ese día en 1616 fallecieron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega”. Y la casualidad no termina ahí: “la fecha también coincide con el nacimiento o la muerte de otros autores prominentes como Maurice Druon, Haldor K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla y Manuel Mejía Vallejo”, explica la entidad de la ONU.
Por eso, en 1995, la Conferencia General de la Unesco, celebrada en París, tomó la decisión de “rendir un homenaje universal a los libros y autores en esta fecha, alentando a todos, y en particular a los jóvenes, a descubrir el placer de la lectura”.

Moito ánimo para tod@s e boa cuarentena, non esquezades ler! 

5/4/20

Curso 2019-2020

Tempos de Cuarentena 


Ola, hoxe quería mostrarvos un vídeo que me pareceu interesante e porque entre as novas medidas do Goberno Central está a de implementar o uso de mascarillas, algo que xa fan algúns países do leste de Europa como Chequia.

Aquí vos deixo o vídeo e así practicades inglés, 😜😜



Tamén querería comentarvos que non vale calquera tela, ten que ser doble ou o bastante grosa para que non pasen os líquidos a través dela, tédelo en conta cando utilicedes unha.

Boa Cuarentena e lembrade: ¡Toda precaución é pouca! ¡Cuidarvos moito e non esquezades que vos botamos de menos e esperamos volver a vernos moi pronto!


23/3/20

Curso 2019-2020

Tempos de Cuarentena 


Saúdos desde a biblioteca!

Quero lembrarvos que non vos esquezades de ler, que é unha manera fabulosa de pasar o tempo, tamén que vos sirve para apreder e para ir a outros lugares coa vosa mente.

Xa sabedes que tedes un montón de libros online aos que podedes botar un ollo e escoller os que máis vos gusten ou ben buscar por casa algún libro que vos chame a atención e que vos apeteza ler. 

E sobre todo, e o máis importante. Queda na casa! Así todo esto pasará antes.




E lembrade lavar sempre as mans, aínda que esteades na casa todo o día.


Seguimos en contacto polo blog da Biblioteca e do Club de lectura. Boa cuarentena!

2/3/20

´Tamén Len 100




O xoves 13 de febreiro de 2020, no salón de actos do instituto, e ante máis de 200 alumnos/as tivo lugar a sesión número 100 da actividade denominada “Tamén Len”.

Esta actividade iniciábase un 7 de febreiro de 2007, e ao longo destes trece anos levan pasados unha chea de invitados e invitadas a lernos algún fragmento literario durante un recreo ao mes. O listado completo de invitados/as e lecturas ao longo destas cen edicións podedes consultalo no seguinte documento.



Nesta sesión especial contamos cos seguintes invitados/as:
-Yolanda Rodríguez, enxeñeira.
- Paco González, mestre-.
-Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda.
-Fran Ojosnegros, sacerdote.
 -Vanesa Viñas, fisioterapeuta.
-Lino Estévez, adestrador.


Por vez primeira o Tamén Len puido ser seguido en directo por internet grazas a colaboración do noso alumnado de Onda Raia que celebraban o “Día da Radio”.

Podedes ver o acto no seguinte enlace: TAMÉN LEN 100 

Podedes ler o especial do Faro de Vigo no seguinte enlace: Faro da Escola.

Ademais dos invitados fomos recibindo ao longo de todo o mes unha serie de vídeos de escritores, músicos, actores e ex-profesores que nos enviaron os seus parabéns polo centenario. A continuación deixámosvos algúns deles:

11/2/20

100 Tamén Len

O xoves 13 de febreiro celebramos unha edición moi especial do Tamén Len, xa que chegamos ás 100 sesións. Por iso convidamos a seis persoas que xa pasaron previamente por esta experiencia.

Se queredes podedes deixar comentarios nesta entrada falando de que vos parece esta experiencia, que lembranzas vos trae aos que asististedes hai xa tempo, tanto como invitaodos/as ou como público.

Curso 2019-2020

Tamén Len 

Miguel Hernández, inspector de Educación, veu visitarnos o 31 de xaneiro para participar no Tamén len de xaneiro. En primeiro lugar foi presentado por Aarón Barros e Sara Usera (3ºA)




A continuación os alumnos e alumnas Alba González, Sara Martínez, Breogán Penabella e Javi Rodríguez de 2ºC, Xabier Troncoso de 3ºC e Alejandro Portela de 4º B, recibírono cunha actuación de instrumentos de vento tocando a pieza “I will Survive” de Gloria Gaynor. 




A continuación o noso invitado leunos un fragmento do libro O barón rampante  do autor Italo Calvino, libro, según nos contou, que marcou a súa infancia e adolescencia.





Despois da lectura houbo unha rolda de preguntas sobre a escolla deste libro en particular e acerca do seu traballo como inspector de educación. 

Agradecémoslle a súa participación no Tamén len de xaneiro!