30/4/11

Estreno de "Tokio Blues" (Norwegian wood).



Onte estréabase nos cines a adaptación da novela novela homónima de Haruki Murakami "Tokio Blues". Esta novela, a quinta escrita por el, foi a primeira editada en España e a que lle serviu para darse a coñecer no mundo occidental.

Mentres aterra nun aeroporto, Tóru Watanabe escoita unha vella canción dos Beatles (Norwegian wood, que dá título á novela) e retrocede no tempo para lembrar a súa xuventude nos convulsos anos 60, ao seu mellor amigo Kizuki e o seu suicidio, á moza de áquel, Naoko, coa que mantería unha relación tortuosa marcada pola súa fráxil saúde mental e a Midori, da que se namora pouco despois. 

Nesta marabillosa novela xa hai moito do gran escritor que ten encandilado ao público, tanto do seu país como de Europa e América. O estilo impecable, que nos permite ver o mundo interior de pensamentos, dúbidas e sentimentos das personaxes como a través dun cristal traslúcido; a melancolía polo paso do tempo; ese certo "toque" surrealista/onírico das situacións e escenarios donde se desenvolven as súas historias.

O éxito acadado por Tokio Blues foi o comezo dunha carreira imparable. Amparado polas boas críticas  e con auténticos fans lectores veríamos publicadas (en castelán) en poucos anos a maioría das súas obras. O pasado mes de febreiro, o seu último libro "1Q84" era editado en galego por Galaxía e no mes de marzo Murakami gañaba o XXIII Premi Internacional de Catalunya 2011.

Se aínda non lestes nada seu, na nosa Calixtina tedes "Do que estou a falar cando falo de correr" en formato papel e "Al sur de la frontera, al oeste del Sol" en formato dixital e podedes ler os tres primeiros capítulos de 1Q84 premendo no enlace que tedes enriba.

,

28/4/11

papel de MULLER de Papel: a exposición.



Velaquí tendes o resultado da actividade programada para celebrar "Marzo, mes das mulleres traballadoras". É todo un luxo para lectoras e lectores do Instituto poder escoller entre as suxestións achegadas. Moitas grazas ás autoras e autores, compañeiras e compañeiros que colaborastes connosco con tanta ilusión e premura. Estamos moi satisfeitas ... Agora só queda ler... o papel de MULLER de papel...

27/4/11

Ana Mª Matute recibe o Premio Cervantes

Ana María Matute

Con estes fermosos fragmentos e coa referencia ao mundo de Alicia, iniciaba e finalizaba o seu discurso a terceira muller en acceder a un asiento (K) na RAE, hai xa 15 anos. Esa muller convírtese tamén hoxe na terceira (detrás de María Zambrano e Dulce María Loynaz) en recibir o máis prestixioso premio das letras en lingua castelá, o Premio Cervantes

Por suposto, falamos de Ana Mª Matute. Nacida en Barcelona en 1926, viu a súa infancia interrumpida, primeiro por unha enfermidade grave e logo pola guerra e a postguerra, pero a pesares diso ou quen sabe se por mor diso descubriu unha vocación temprana pola literatura. Sendo aínda unha nena escribía contos e con só 17 anos remataría a súa primeira novela.

Combinando a fantasía coa realidade social, os reis de mundos olvidados cos soldados que choran pola noite, foi creando un universo e un estilo propio que lle levaron a acadar o prestixio internacional e nacional que se merece.

Se queredes profundizar na súa vida e/ou obra só tedes que premer no enlace co seu nome. Se queredes ler o discurso completo da entrada na academia podedes facelo ademáis a través do blog Bibloranca.


Déixovos coas súas palabras.


25/4/11

Nada de Janne Teller

Coñecín este libro mentres me mergullaba pola blogosfera e pronto me chamou a atención a polémica que o rodeaba: a súa prohibición en certas zonas de Dinamarca e Noruega, a resistencia dalgunhas librerías francesas a vendelo, a reticencia a editalo despois de encargalo e, como non, a inquietante frase da súa portada

NADA IMPORTA, HACE MUCHO QUE LO SÉ ASÍ QUE NO MERECE LA PENA HACER NADA, ESO ACABO DE COMPRENDERLO.

Así comeza a historia dunha clase de séptimo na que un bo día Pierre Antón solta esta sentencia e deixa aos seus compañeiros devanando os miolos para atopar a maneira de demostrarlle que está equivocado.

Para iso idean facer unha ofrenda de cousas que teñan significado, que importen. Ao principio o significado será material para pouco a pouco ir incorporando significantes máis abstractos como a familia, a relixión, a patria ou o sexo.

Pero a dor de desprenderse de algo que dá sentido as súas vidas lles leva a unha vertixe da que xa non haberá retorno.

O absolutismo das maiorías e os extremos aos que poden chegar para non escoitar as verdades que lles escocen ou ás que temen; a forma na que se dilúen as responsabilidades e o sentimento de culpa nos grupos e o baleiro de valores na sociedade actual son lecturas de fondo inevitables.

Merqueino e lino. Por momentos tiven que parar a tomar folgos, a relaxarme da dureza e a crueldade que desprendían a pandilla de adolescentes protagonistas. Remateino e sentín a imperiosa necesidade de compartilo con alguén, de poder falar del con outra persoa, de soltar lastre. Leveino ao instituto e llo pasei a Susana, de Susana pasou a Elisa e logo Paula e agora Raúl... Queres ser o próxim@?

23/4/11

Día do libro e dos dereitos de autor 2011

O 23 de abril, celebramos cada ano o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

Neste 2011 e para celebralo, o poeta galego Carlos Negro, agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto sobre O lugar da lectura, con el  a Consellería de educación editou un marcapáxinas que podedes descargar aquí.

A min gustaríame aproveitar esta data para falar da revolución que está experimentando o mercado editorial coas novas tecnoloxías.

Desde que apareceron os primeiros lectores electrónicos e as tabletas que facilitaban a lectura dixital, comezaron a escoitarse voces catastrofistas sobre a desaparición do libro. Non sei que pensades vós, pero a min sempre me dá un pouco de repelús escoitar xeneralidades do tipo todo ou nada.

Está claro que algo está cambiando e tamén está claro que os cambios producen recelo e medo. Probablemente o mundo editorial como o coñecemos acabe desaparecendo e un novo modelo de compra/venda/aluguer de libros acabará xurdindo.

Manterase o libro en papel? Eu apostaría que si. Porque os amantes dos libros queren sentir o seu recendo, anotar a lapis nas marxes, pasar as follas. Porque hai xéneros como a banda deseñada, os contos e libros ilustrados, que non se entenden doutro xeito.

Ganará terreo o ebook? Sen dúbida. Pola gran vantaxe do seu almacenamento. Porque cada vez máis xente vive en espazos reducidos e o volume dos libros supón un problema. Porque (en teoría) a edición dixital debería abaratar o prezo. Pola súa movilidade. Por ecoloxía...

Neste video feito pola Enciclopedia Británica en 1947 estaban á última. Pero nos guste ou non hai que seguir evolucionando!


Para os/as que estedes interesados en coñecer algo sobre historia do libro e a súa evolución sería interesante que premérades neste enlace feito polo Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE).

19/4/11

Visitantes de luxo: Lola Gándara e Abraham Carreiro

Antes de dar comezo as vacacións, tivemos a sorte de contar con dous visitantes de luxo. 

Por unha banda, a escritora Lola Gándara, invitada polo departamento de Lingua Galega, veu dar unha charla ao alumnado de 2ºESO que está a ler un dos seus libros:"A escura luz do Tiber".



Da outra, a través de Normalización Lingüística, o alumnado de 1º da ESO recibiu unha interesante master class de introducción ao debuxo de banda deseñada a cargo do debuxante de cómic Abraham Carreiro.
Abraham deunos unhas pautas básicas a seguir no debuxo do rostro para transmitir sentimentos de alegría, noxo, tristeza, sorpresa, etc. Así como indicacións para semellar movemeto nas figuras. Despois da charla foi tan amable de acompañarnos ata a biblioteca donde lle mostramos a nosa recente comiteca e lle pedimos algunha suxestión. Recomendounos Akira de Katsuhiro Otomo, o clásico que desencadeou a mangamanía en Europa e América e un dos seus ilustradores favoritos. Despediuse deixándonos no libro de honra unha fantástica adicatoria ilustrada!
Se queredes coñecer algo máis da súa obra premede aquí.

16/4/11

Contos e cinema. Próximo estreno de "Caperucita roja"

Procedencia da imaxe
O estreno da adaptación americana do famoso conto de Charles Perrault "Carapuchiña vermella" está previsto para fin de mes. 


Dirixida por Catherine Hardwicke (directora da saga Crepúsculo), con guión de David Johnson e protagonizada por Amanda Seyfried, Shiloh Fernández, Max Irons, Gary Oldman, Julie Christie, Virginia Madsen e Billy Burke, a película non ven precedida por unha boa crítica pois no argumento tómanse numerosas licenzas: triángulos amorosos, homes lobo, sacrificios, ciumes,...


Aquí tedes o trailer para ir facéndovos unha idea.

O das adaptacións dos contos ao cinema non é de agora. Xa sexa en películas de animación (todas as de Walt Disney, por exemplo) ou ficción, a maioría dos relatos infantís e xuvenís teñen unha ou varias versións na gran pantalla.
Procedencia da imaxe
O ano pasado, tamén no mes de abril, estrenábase "Alicia" de Tim Burton baseada nas obras "Las aventuras de Alicia en el país de las maravillas" e "A través del espejo" de Lewis Carroll.



Procedencia da imaxe
Tamén a obra de J.M. Barrie, que cumple o seu 100 aniversario en 2011, foi levada ao cine moitas veces con maior ou menor fortuna. Quédamonos aquí coa versión de Steven Spielberg de 1991 "Hook" na que un Peter Pan adulto interpretado por Robin Williams regresa ao país de Nunca Xamáis para pelexar de novo co Capitán Garfio (Dustin Hoffman) e rescatar ao fillos de Campanilla (Julia Roberts) ou a máis recente "Descubrindo Nunca Xamáis" do 2004 e protagonizada por Johnny Depp e Kate Winslet que reflicte de xeito ficticio a relación entre J.M. Barrie e a familia Llewelyn Davies, na que supostamente se inspiran as personaxes do libro.

Por último, para xuño de 2012 está previsto o estreno dunha adaptación do conto dos irmáns Green, "Branca Neves".

14/4/11

Tamén len... con Rosa Vila

Onte tivemos unha sesión de tamén len moi especial. Visitábanos Rosa Vila, exmestra do C.P.I. Altamira donde foi compañeira nosa e profe dunha gran parte de vós, os alumn@s que estades agora en 4ºESO, nada máis e nada menos que durante catro cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Notouse, tanto Rosa como  vós estabades emocionados.

As lecturas estaban cargadas de lembranzas; fragmentos de "Dúas bágoas por Máquina" de Fina Casalderrey, "Aydín" de Jordi Sierra i Fabra e "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas que lérades xuntos daquela.

Rosa tamén nos leu citas sacadas do libro de Michel Barlow "Diario de un profesor novato". Gustoume especialmente unha que dicía: "Un alumno no es un vaso que llenar sino una chispa que encender".

Por último, recomendouvos un libro, "El mundo de Sofía" e  se despediu falando de futuro coas fermosas verbas do poema de Mario Benedetti "Lento pero viene".

   

Logo nós tivemos que marchar e vós quedáchedes en intimidade para compartir fotos e videos de aqueles tempos (para mostra a foto que tedes enriba).
Entrañable, tenra, e tan encantadora como sempre. Foi todo un pracer volverte ter con nós Rosa!.

9/4/11

Poesía e Primavera. O resultado!

Á nosa Calixtina xa chegou a primavera!

Coa escolma de poemas e flores que nos deixáchedes a través dos comentarios do blog e coa colaboración do IES San Paio de Tui, enchemos de poesía, cor e alegría o espazo da nosa biblioteca. Desexando que ata vós chegue o arrecendo das flores, feliz primavera!



7/4/11

Papel de MULLER de Papel: Participación.

O equipo de biblioteca e os MQs estamos sumamente agradecidos pola resposta amosada polos autores, profes e exprofes aos que nos diriximos para pedirlles a súa colaboración no proxecto co que celebramos o 100 Aniversario do Día da Muller: "Papel de MULLER de Papel".

No caso de moitos dos escritores que colaboran neste proxecto, dicirvos que aos rapaces lles fascinou a vosa cercanía nas mensaxes que intercambiáchedes.

Solicitámosvos unha recomendación de lectura con protagonista e/ou autora feminina e pregámosvos que nos enviarades unha foto e que nos explicásedes brevemente por que escollerades ese título. As nosas espectativas resultaron desbordadas. Os autores recomendados pertencen a máis de 15 nacionalidades diferentes. Entre a escolma hai novela, poesía, diarios, epístolas... 

En breve montaremos a exposición e vola mostraremos desde aquí, mentres, e por se estades buscando qué ler, aquí tedes unhas marabillosas suxestións.

Como aínda non temos o poemario "Todas as mulleres que fun" de Andrea Nunes Brión recomendado por Sechu Sende, vos deixamos esta videocreación cun dos seus poemas.

Videocreación "Todas As Mulleres que fun" from as candongas do quirombo on Vimeo.

4/4/11

A semana das curtas

Procedencia da imaxe
Hai xa un mes que tivo lugar a "Semana das curtas" pero con tódalas actividades do Marzo en feminino nos fumos retrasando, como din que nunca é tarde...

Na semana do 28 de febreiro ao 4 de marzo levouse a cabo a I Edición da Semana das Curtas, organizado polo ENDL do IES Audiovisual de Vigo en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL, o seu obxectivo consiste na difusión da creación audiovisual galega entre a xente máis nova ao tempo que se promociona o uso do galego a través de canles atractivas para a mocidade.

O festival estaba organizado en sesións dunha hora ao día durante unha semana, nas que o alumnado accedía a través da rede á proxección de curtas, algún video musical dun grupo galego e algún documental sobre o emprego da nosa lingua extraído da web eufalo.tv.

Só nesta primeira edición participarón ao redor de 80 centros e máis de 11.000 alumnos/as.

Procedencia da imaxe
Os resultados das votacións, a través do blog, deron como gañadora a curta titulada "Tourettes" cun 32,92% dos votos.

Para os que nolas perdemos sempre nos queda o Festival de Cans, na parroquía do Porriño, que xa vai pola súa VIII edición. De seguro que moitas das curtas chegarán alí con todo o seu "agroglamour".

2/4/11

Día internacional do libro infantil

Procedencia das imaxes




No ano 1967 o IBBY (International Board on Books for Young People) escolleu o 2 de abril como o Día International do Libro Infantil por seren a data de nacemento do escritor de contos Hans Christian Andersen. Este ano os autores das ilustracións e os textos do cartel son Jüri Mildeberg e Aino Perulk, ambos de Estonia.

Un bo día, sen dúbida, para lerlle un conto a alguén.

E vos deixo coa versión animada e galega dun dos contos máis famoso e fermoso de H.C. Andersen, "O soldadiño de chumbo".

1/4/11

Comezamos abril cun desexo: "Be happy" de Monica Sheehan

Be happy (sé feliz) é un pequeno libro ilustrado de Monica Sheehan, editado por Malsinet na colección Libro amigo e publicado a finais do 2009. 
Non se trata de ningunha novidade pero a súa mensaxe e a positividade que desprende tampouco pasan de moda. Aquí vos deixo a versión en video e xa sabedes... sede felices!