Mostrando entradas con la etiqueta narrativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta narrativa. Mostrar todas las entradas

2/3/13

Marcos Calveiro comparte con nós "Palabras de auga"


"O oitavo día que a lanza fica chantada na terra, Amadou non pode pasar toda a xornada baixo o inclemente solleiro, encrequenado cos seus compañeiros arredor dela como aquel primeiro día.
Todos eles teñen que asistir ao consello da tribo para falar de "Palabras de auga" no IES Pedras Rubias.

Jambo! Bevidos a todas e todos a este consello do clan dos Wataki, da tribo dos Kimba, do país de Lomba. Hoxe imos variar un pouco o costume. Hoxe mulleres e nenos van ter voz nas decisións do noso clan. Todos, despois de ter lido o libro, gañamos o dereito de acudir á reunión."



O pasado mércores veu visitarnos Marcos Calveiro, invitado polo departamento de Lingua galega e o equipo de biblioteca. O alumnado de 1º ESO e mais os compoñentes do club de lectura viñan de ler "Palabras de auga", premio Merlín 2012. Como correspondía a unha ocasión tan especial, tentamos darlle un aire africano á nosa Calixtina para entrar en ambiente. Desde aquí mostrar o noso agradecemento ao CRA Raíña Aragonta por prestarnos as fermosas máscaras e a lanza elaboradas por alumnos e alumnas de infantil no pasado Entroido. Tamén agradecemos a Esme e Adelia, compañeiras do IES Val de Tea, de Ponteareas, que se achegasen a compartir a experiencia con nós.



Marcos falounos moito máis ca do seu libro: falounos de África, da súa música e os seus bailes, da seca, da loita pola supervivencia, do que une aos nenos de todo o mundo e do que, por desgraza, os separa. E tamén, dou fe, contestou a moitas, pero que moitas preguntas, verdade Hugo?

Un dos momentos máis emocionantes foi cando nos falou do Coltan, esa combinación de minerais que se está a converter no ouro negro do século XXI debido á súa utilización na fabricación de teléfonos móbiles, tabletas, consolas, pantallas, etc. O coltan é o mineral que se agocha baixo o enigmático sobrenome das "pedras negras" no libro. Se queredes saber máis sobre el, podedes ver o documental francés "Du sang dans nos portables" de Patrick Forestier premendo aquí.

Despedimos a sesión con música da man de Tiken Jah Fakoly e "Plus rien ne m'etonne". Impresionante.




"Aquí, chantados, ficamos como sedentas árbores da sabana despois de sentirmos como a auga das túas palabras escorregou polos nosos corpos poeirentos, enchoupando o noso corazón de sensibilidade e fondura, inundando as galerías das esforzadas formigas onde sementes e vaíñas agochadas durante tempo comezan a abrochar".

Kwa bahati (boa sorte), Calveiro, e kwa heri (adeus).

10/2/13

Interior vs exterior: Emily Dickinson/ Jack Kerouac

Emily Dickinson (1830-1886) é unha poeta norteamericana  que viviu no ambiente puritano dunha pequena cidade onde se recluíu tras os muros do caserón familiar. Formouse no seo dunha sociedade moi ríxida, contra a que se manifestou rebelde. Tivo a particularidade de tratar con moi poucas persoas por vontade propia e de vestir de cor branca sempre a partir de 1861. 
Escribiu case toda a súa obra entre 1858 e 1865 creando un estilo poético que se mantivo illado e libre ao non ser publicada en vida. Son versos que falan da soidade e do ensimesmamento da propia personalidade da escritora, pero con absoluta independencia.


Su pecho es propicio para perlas,                     
pero yo no soy un buceador-
su frente es propicia para tronos                      
pero no tengo penacho.  
Su corazón es propicio para un hogar-           
yo -un gorrión- edifico ahí                            
dulces entrelazadas ramas                         
mi perenne nido.

Mi rio corre hacia ti 
–¡mar azul! ¿darás la bienvenida?
Mi rio espera respuesta 
–mar — se benigno –
te traeré arroyos
de rincones apartados
dime — mar — ¡me llevas!


Jean-Louis Kerouac naceu o 12 de marzo de 1922 no seo dunha familia francocanadense en Massachusetts. 

Comezou a escribir moi novo, tanto poesía como prosa e á súa chegada a Nova York coñeceu a Allen Ginsberg, Neal Cassidy e William S. Burroghs, cos que trabaría amizade e cos que formaría a que se coñece como Xeración beat.

Os beats rebeláronse contra os valores tradicionais vixentes na norteamérica dos anos 50'. Retractores dos convecionalismos, afanábanse nunha busca constante do sentido da existencia; nela intégranse as viaxes, as experiencias coas drogas e o pracer carnal. Rexeitaban toda forma de violencia e acercáronse á espiritualidade oriental.

O seu estilo, coñecido como "prosa espontánea", tivo influencia nas letras do cantautor Bob Dylan. Gustáballe definirse como o "Jazz poet" ou poeta do Jazz. 

Hoxe en día Kerouac é considerado un dos mellores escritores do século XX e o seu libro máis famoso, "On the road" ("En el camino") converteuse rapidamente nun libro de culto para os xóvenes dos 60'. Nel narra o seu éxodo cara ao oeste, acompañado dos seus compañeiros (todos con pseudónimo), a través da ruta 66 cruzando os EEUU, nesa busca de experiencias que caracterizaba á súa xeración. Aquí vos deixo uns fragmentos:

"... pero entonces bailaban por las calles como peonzas enloquecidas, y yo vacilaba tras ellos como he estado haciendo toda mi vida mientras sigo a la gente que me interesa, porque la única gente que me interesa es la que está loca, la gente que está loca por vivir, loca por hablar, loca por salvarse, con ganas de todo al mismo tiempo, la gente que nunca bosteza ni habla de lugares comunes, sino que arde, arde como fabulosos cohetes amarillos explotando igual que arañas entre las estrellas..."

"... escuché una nueva llamada y vi un nuevo horizonte, y en mi juventud lo creí; y aunque tuviera unos pocos problemas e incluso Dean me dejara tirado, como haría más tarde, en cunetas y lechos de enfermo, ¿qué importaba eso? Yo era un joven escritor y quería viajar.
Sabía que durante el camino habría chicas, visiones, de todo; sí, en algún lugar del camino me entregarían la perla."

"On the road (En el camino)"

3/12/12

Fran Alonso no IES Pedras Rubias




O xoves pasado acudiu ao noso instituto o escritor vigués Fran Alonso para comentar o seu libro Cemiterio de elefantes, lectura obrigatoria en 4ºESO. 

Os presentadores do acto foron os nosos alumnos José Barros e David Gómez, autores tamén da presentación que vos mostramos a continuación e na que podemos apreciar algunhas das portadas suxeridas polo alumnado para o libro.




Visita de Fran Alonso from biblosvivos on Vimeo.

Malia ter pasado 18 anos dende a súa publicación, a obra segue de plena actualidade. O autor, moi próximo e accesible, axudounos a entender mellor o proceso da súa escrita e os porqués dalgunhas historias.

Deixa o teu comentario e valora o libro e a visita de Fran Alonso. Grazas!

26/11/12

Semana contra a violencia de xénero: La biblia envenenada


La biblia envenenada de Laura Kingsolver narra a historia dunha familia; o pai Nathan Price é un predicador baptista que solicita ser destinado a unha aldea do Congo xunto coa súa muller Orleanna e as súas catro fillas, Rachel, as xemelgas Leah e Adah e a pequena Ruth May. De fondo a historia recente do Congo: as postrimerías da época colonial, a súa independencia de Bélxica en 1960, a elección de Patrice Lumumba como primeiro ministro e a súa destitución, arresto, fuxida e execución despois dun corto mandato e a instauración do réxime ditatorial de Mobutu promovido polos EEUU.

Pero se hoxe vos falamos deste libro non é polo que poda ter de novela histórica, nin para falarvos da súa prosa poética lixeira, ni da súa estrutura en  que cada capítulo é narrado por unha das cinco mulleres protagonistas, senón porque a historia da familia Price é unha historia de maltrato onde podemos ver as diferentes reaccións e secuelas que éste causa en cada unha das compoñentes femininas do núcleo familiar.

Nathan Price é un home violento que como portavoz do seu Deus crese sempre en poder da razón. Marcha a África cheo de soños evanxelizadores que tentará levar a cabo establecendo a mesma relación de poder que ten coa súa muller e fillas.

A través de Orleanna, a nai, coñeceremos o comezo da historia de parella e o inicio das humillacións e malos tratos. Nela o sentimento que perdurará será a culpa, da que non conseguirá desfacerse nin sequera tralo abandono do seu home.

Rachel é unha adolescente frívola que tenta suplir con valores materiais a falta de amor. Leah adora ao seu pai tentando sempre obter a súa aprobación, Adah, a súa xemelga hemipléxica, recárgase co odio e o resentimento e loita pechándose sobre si mesma e a pequena Ruth May é unha nena que observa e intenta entender o que ve.

O futuro fará que Rachel se converta nun ser egoísta que non dubida en venderse ao mellor pagador. A adoración de Leah transformarase en decepción da que tentará fuxir vivindo a súa vida como unha sorte de expiación e Adah emerxerá do seu illamento lentamente. Ruth May será o detonante que iniciará o cambio de rumbo na súas vidas. E o único nexo que perdurará para todas será África.

Moi, moi recomendable.

20/6/12

Xulia Alonso visita o noso centro


 O 14 de maio do 2012 visitounos Xulia Alonso, autora de Futuro imperfecto e gran muller.

Nós, Karen Engster, Iria Alonso e Sofía Carracedo, xunto con Jessica Bonet, tivémo-lo honor de presentala cun texto no que expresamos as nosas impresións coa axuda da profesora de galego, Susana. Despois da nosa lectura, a autora moi emocionada deu inicio á charla.

Como era unha autobiografía, sentímola moi preto, casuou moita impresión en moitos de nós e ademais non se privou en contar a súa experiencia coas drogas, con Nico, o seu amor  e a enfermidade de ambos; sen olvidar a súa filla Lucía, causa pola que escribiu este libro, e así deixar constancia en papel e non permitir que a súa cabeza olvidara certos detalles.

De esquerda á dereita: Sofía, Karen, Iria, Jessica e Xulia Alonso
A súa presentación  foi amena, contounos algúns detalles máis que nos chegaron fondo.

Ó comezo das preguntas ninguén se atrevía a preguntar nada. Fíxose o silencio e... Mario de 3ºB, levántase e entrégalle un pequeno ramo como agradecemento de todo o aportado. Xulia emocionouse, e detrás dela fomos todos.

Finalmente, firmounos unhas profundas dedicatorias, nas que dicía que se sentira moi ben,  e moita xente entrogoulle ramos de flores coma un mínimo agradecemento pola súa presenza e proximidade.

                             Karen Engster, Iria Alonso e Sofía Carracedo, 3ªA


15/5/12

"Verbas no ar" de Iria Morgade Valcárcel para celebrar o 15-M


Hai xa un ano que aconteceu o movemento de descontento e indignación que levou a moitas persoas a saír ás prazas nas diferentes cidades, para ocupalas día e noite durante longo tempo coa intención de manifestar, discutir e votar a través de “asembleas horizontais e populares onde poidemos participar todos”, unha serie de principios que levarían á petición de cambios urxentes. Foi un acontecemento, sobre todo, de persoas xóvenes, inquedas, cansas de presenciar unha realidade socieconómica que nos leva a un futuro ateigado de complexidade e dificultades para poder artellar unha vida corrente cun mínimo de calidade, entendendo por tal: a defensa duns servizos sociais públicos para todos, dun medio ambiente preservado e respectado, dunha reforma laboral que recupere e respecte os dereitos dos traballadores, dunha educación pública de calidade, dun cambio do sistema electoral …; é dicir, unha crítica do sistema capitalista mundializado actual que padece unha profunda crise, ante o que hai dúas posturas: os que defenden unha reforma dentro do sistema, e os que ven como única saída o final do capitalismo.

Así as cousas, un ano despois, podemos comprobar que a realidade ten varias lecturas: os que pensan que foi unha explosión que se esgotou e volveron á pecharse nas súas casas e na súa individualidade; e os que teiman e seguen activos traballando nunha cooperación de veciñanza nos barrios das cidades  e insistindo na necesidade de reclamar cambios reais. En España xurdíu este movemento denominado “15M”, que tivo repercusións noutros países, e que non podemos valorar como un feito illado, pois antes aconteceran os movementos de Islandia ou Grecia, en Europa; do norte de África e Próximo Oriente, denominados “Primavera árabe”, que provocaron un seguimento en masa que levou a cambios políticos, enfrontamentos armados, represións, numerosas mortes…en Tunicia, Exipto, Libia, Siria … cada un con circunstancias concretas, pero cun transfondo común de falta de liberdade, abusos de poder, tremendas desigualdades, explotación, futuro pechado para os xóvenes, etc

Neste contexto de crise, de cambio, que continúa sen atopar as solucións axeitadas, destacamos a publicación da primeira novela dunha nova escritora galega, Iria Morgade (o libro xa está na biblioteca!).  Verbas no ar expresa con frases curtas pero rotundas , con personaxes perdidos na marea dunha hipotética revolta mundial, pero que van a se posicionar dubidando ou reafirmándose nun lado ou noutro dos acontecementos que mostran a utopía que hoxe queremos, tememos ou cremos imposible, que de todo hai; quere expresar desacougo, esperanza, confianza nos diferentes movementos sociais: os sen terra, os zapatistas, os indignados do 15M, os levantamentos da Primavera árabe… nunha historia coral de varios personaxes que se entrecruzan e de espazos protagonistas que os acollen nunha revolta mundial (prazas, rúas, unha biblioteca…)  …esa biblioteca do comezo e do final, que procura liberar as palabras…


Pasen e lean a entrevista coa autora desta realidade imaxinada, a quen agradecemos de antemán as súas palabras…

Conversa Con Iria Morgade, Verbas No Ar

5/12/11

1ª Reunión do club de lectura "O Anel de Palova"


Quen pense que é fácil poñer data para reunir aos vinte profes que formamos parte do club de lectura equivócase. Tras un cruce intensivo de mensaxes para acordar data, horario, lugar, menú (as xuntanzas pretenden ser gastronómico-literarias) e posibles actividades complementarias, finalmente nos reunimos o martes 29 no restaurante do Museo do Mar en Vigo, ben cerquiña do mar. Por suposto, no menú non faltaron os mexillóns.

1/12/11

No Día Mundial contra a SIDA recomendamos Futuro Imperfecto


O día 1 de decembro é a data na que celebramos O Día Mundial da Loita contra o SIDA. Na presente edición o lema é "Chegar a cero: cero novas infeccións por VIH, cero discriminación e cero mortes relacionadas coa SIDA". Oxalá que o lema se converta en realidade moi pronto!


E non quero deixar pasar esta data sen facervos unha recomendación literaria sobre o libro de Xulia Alonso "Futuro imperfecto". 

Xulia cóntanos en primeira persoa a súa historia e a da súa parella que morreu de SIDA hai anos e, por extensión, a historia dunha xeración que despertou á xuventude estreando democracia, que descubriron as drogas como un acto máis da liberdade que estaban a inaugurar e que se atoparon de pronto cunha enfermidade terrible e descoñecida que os diezmaba en medio da ignorancia e a discriminación. 

O texto reflicte a necesidade de Xulia de non esquecer e a arela de poder transmitirlle á súa filla a memoria do seu pai e da súa historia en común. 


É, sen dúbida, unha historia conmovedora que non sensiblera sobre os vínculos (familia, amor, amistade) que son os grandes alicerces que nos manteñen en pé e polos que merece a pena seguir adiante.

4/11/11

Club de lectura de profes: "O anel de Palova"

Viñamos rumiando a creación dun club de lectura para profes desde hai tempo, concretamente despois da lectura en cadea e o fructífero intercambio de opinións ao que nos levou "Nada" o curso pasado. De feito, penso que vén existindo xa pero dun xeito caótico e pouco ortodoxo :). Así que este curso puxémonos serias e decidimos fundar o club de lectura "O anel de Palova".

O nome ten múltiples significados; anel en sentido figurado polo que ten de círculo, de unión e nexo e tamén en sentido literal... e Palova na honra a unha compañeira (non é rusa aínda que poda parecelo) que se trasladou este curso e coa que pensamos seguir mantendo contacto, a lo menos mediante este club.

Como primeiros títulos seleccionamos "Mexillóns para cear" de Birgit Vanderbeke na Editorial Rinoceronte e "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño e editado en Galaxia, ambos recomendacións feitas no Papel de MULLER de Papel por Gemma Lienas e Begoña Caamaño, respectivamente.

2/6/11

La evolución de Calpurnia Tate

Se tivese lido este libro uns meses antes, sen dúbida o tería recomendado no Papel de muller de Papel, porque aúna a loita dunha rapaza para saírse do camiño marcado para unha muller na súa época, con ser un libro fresco, diferente e delicioso. 

O libro comeza a relatar a historia de Calpurnia Virginia Tate, chamada "Callie Vee", no verán de 1899 nun pobo algodonero de Texas. Calpurnia ten entón "once anos e tres cuartos", é a única rapaza de entre sete irmáns e sempre se sentiu diferente.

"Yo nunca me clasifiqué a mí misma como las demás niñas. Era diferente, no era de su especie. Nunca pensé que mi futuro iba a ser como el de ellas. Pero ahora sabía que eso era falso, que yo era exactamente como las demás: se esperaba que yo entregara mi vida a una casa, un marido y unos hijos. Se suponía que dejaría mis estudios naturalistas, mi cuaderno y mi amado río. Había algo perverso en toda esa costura y cocina que intentaban imponerme, en esas lecciones pesadas que yo esquivaba y rechazaba".

Nos meses seguintes, da man do seu avó, asistirá aos avances do século que comeza: instalación do primeiro teléfono, exhibición dun automóbil, lectura da "Teoría das Especies" de Darwin, mentrés no seu interior sufrirá a revelación dunha vocación científica que non encaixa dentro do que se espera para unha moza casadeira de boa familia naqueles tempos.

"Me contó maneras de llegar a la verdad de cualquier tema, no sólo sentándose a pensar en ello como Aristóteles (un señor griego, listo, pero confundido), sino saliendo a mirar con tus propios ojos; me habló de hacer hipótesis e idear experimentos, y de compobar las cosas mediante la observación y llegar a una conclusión. Y de verificar luego la fuerza de tu conclusión una y otra vez. Me habló de la navaja de Occam, de Ptolomeo y la música de las esferas, y de que todo el mundo llevaba siglos equivocado sobre el Sol y los planetas. Me habló de Linneo y su sistema para nombrar a todos los seres vivos de la naturaleza, y de que él seguía ese sistema siempre que le ponía nombre a una nueva especie. Me habló de Copérnico y Kepler y de por qué la manzana de Newton se caía hacia abajo y no hacia arriba...Todo eran novedades vertiginosas sobre un mundo muy alejado de los pañuelos y los dedales, que me fue revelado con paciencia bajo un árbol entre abejas amodorradas y marchitas flores silvestres".

19/5/11

"A ola", agora en novela gráfica






Instituto Cubberley High School, de Palo Alto (California, 1967), o profesor de Historia Ron Jones debe dar un seminario sobre Autocracia. Os seus alumnos non cren que no momento actual puidera impoñerse un réxime ditatorial. O profesor decide pór en marcha un experimento, "A terceira ola" e en tan só cinco días os resultados do experimento terán ido moito máis lonxe do que ninguén podía prever... Ata aquí a historia real. 

En 1981 Todd Strasser, co seudónimo de Morthon Rhue, escribe "The Wave" (a ola) e no 2008 Dennis Gansel fai a súa versión cinematográfica da que vos falei no blog hai xa algún tempo.

Desde a semana pasada, temos na Calixtina a versión en banda deseñada de Stefani Kampmann, editada por Takatuka (imaxes arriba).

Se queredes profundizar sobre a película, o director, a historia real na que está baseada hai  unha páxina estupenda feita por Enrique Martínez-Salanova Sánchez, tedes o enlace aquí.

Recoméndovos tanto a novela gráfica como a película. Crédeme, non vos deixará indiferentes.

30/4/11

Estreno de "Tokio Blues" (Norwegian wood).



Onte estréabase nos cines a adaptación da novela novela homónima de Haruki Murakami "Tokio Blues". Esta novela, a quinta escrita por el, foi a primeira editada en España e a que lle serviu para darse a coñecer no mundo occidental.

Mentres aterra nun aeroporto, Tóru Watanabe escoita unha vella canción dos Beatles (Norwegian wood, que dá título á novela) e retrocede no tempo para lembrar a súa xuventude nos convulsos anos 60, ao seu mellor amigo Kizuki e o seu suicidio, á moza de áquel, Naoko, coa que mantería unha relación tortuosa marcada pola súa fráxil saúde mental e a Midori, da que se namora pouco despois. 

Nesta marabillosa novela xa hai moito do gran escritor que ten encandilado ao público, tanto do seu país como de Europa e América. O estilo impecable, que nos permite ver o mundo interior de pensamentos, dúbidas e sentimentos das personaxes como a través dun cristal traslúcido; a melancolía polo paso do tempo; ese certo "toque" surrealista/onírico das situacións e escenarios donde se desenvolven as súas historias.

O éxito acadado por Tokio Blues foi o comezo dunha carreira imparable. Amparado polas boas críticas  e con auténticos fans lectores veríamos publicadas (en castelán) en poucos anos a maioría das súas obras. O pasado mes de febreiro, o seu último libro "1Q84" era editado en galego por Galaxía e no mes de marzo Murakami gañaba o XXIII Premi Internacional de Catalunya 2011.

Se aínda non lestes nada seu, na nosa Calixtina tedes "Do que estou a falar cando falo de correr" en formato papel e "Al sur de la frontera, al oeste del Sol" en formato dixital e podedes ler os tres primeiros capítulos de 1Q84 premendo no enlace que tedes enriba.

,

25/4/11

Nada de Janne Teller

Coñecín este libro mentres me mergullaba pola blogosfera e pronto me chamou a atención a polémica que o rodeaba: a súa prohibición en certas zonas de Dinamarca e Noruega, a resistencia dalgunhas librerías francesas a vendelo, a reticencia a editalo despois de encargalo e, como non, a inquietante frase da súa portada

NADA IMPORTA, HACE MUCHO QUE LO SÉ ASÍ QUE NO MERECE LA PENA HACER NADA, ESO ACABO DE COMPRENDERLO.

Así comeza a historia dunha clase de séptimo na que un bo día Pierre Antón solta esta sentencia e deixa aos seus compañeiros devanando os miolos para atopar a maneira de demostrarlle que está equivocado.

Para iso idean facer unha ofrenda de cousas que teñan significado, que importen. Ao principio o significado será material para pouco a pouco ir incorporando significantes máis abstractos como a familia, a relixión, a patria ou o sexo.

Pero a dor de desprenderse de algo que dá sentido as súas vidas lles leva a unha vertixe da que xa non haberá retorno.

O absolutismo das maiorías e os extremos aos que poden chegar para non escoitar as verdades que lles escocen ou ás que temen; a forma na que se dilúen as responsabilidades e o sentimento de culpa nos grupos e o baleiro de valores na sociedade actual son lecturas de fondo inevitables.

Merqueino e lino. Por momentos tiven que parar a tomar folgos, a relaxarme da dureza e a crueldade que desprendían a pandilla de adolescentes protagonistas. Remateino e sentín a imperiosa necesidade de compartilo con alguén, de poder falar del con outra persoa, de soltar lastre. Leveino ao instituto e llo pasei a Susana, de Susana pasou a Elisa e logo Paula e agora Raúl... Queres ser o próxim@?

25/3/11

Biblioteca de profes "José Luís Calvo"

Á volta de nadal comezaba a funcionar a Biblioteca de profes co nome de "Biblioteca José Luís Calvo" na honra do noso benquerido compañeiro.

Conta con fondos de Pedagoxía, Banda deseñada e Narrativa pertencente á Biblioteca do centro e máis coas aportacións temporais das recomendacións dos profes.

Tedes curiosidade por saber o que recomendamos? Pois abaixo podedes consultalo.

Agora só falta que José Luís poda finalmente levar a cabo a inauguración oficial. Agardámoste!





15/3/11

"Trece anos de Branca" en 1ºESO


O alumnado de 1º ESO vén de ler o libro de Agustín Fernández Paz "Trece anos de Branca". Cádranos moi ben no Mes da muller, porque está protagonizada por unha moza. Isto é o que lles pareceu ás lectoras e lectores ...

5/3/11

"Nunca me abandones" estrénase por fin o día 18.

Procedencia da imaxe
A adaptación ao cinema de "Nunca me abandones" de Kazuo Ishiguro chegará por fin aos nosos cines o 18 deste mes. Dirixida por Mark Romanek, con guión adaptado por Alex Garland e protagonizada por Carey Mulligan, Keira Knightley e Andrew Garfield, este drama-ciencia ficción promete.



Procedencia da imaxe
De que vai? Na superficie está o triángulo amoroso formado por Ruth, Kathy e Tommy, xoves que se criaron xuntos en Hailsham, un internado inglés, nos anos 60/70. Como trasfondo, unha sociedade distópica que esconde un terrible segredo e que sacrifica a vida dunha minoría en aras da saúde da maioría.

A miña opinión: o libro gustoume especialmente, evidentemente pola temática demasiado cercana, pero tamén porque me parece unha historia que mestura maxistralmente a beleza e o desacougo, o desexo e as razóns para vivir coa dignidade persoal. Creíble nos retratos das persoaxes, cheo de tenrura e amargura, deixache tocada cando o rematas. Se a película é tan boa como o libro haberá que ir vela! 

Para elaborar esta entrada consultamos o blog "versión muy original" do País, "el bazar espectáculo de cine" e a páxina da Editorial Anagrama.

22/2/11

"Indignez vous!" agora en galego.


En outubro de 2010 editábase en Francia un libriño con a penas 32 páxinas titulado "Indignez vous!" de Stéphane Hessel. Cunha tirada inicial de 8000 exemplares, leva vendidos ata agora, só en Francia, máis de dous millóns de exemplares.

Este breve manifiesto invítavos a vós, os máis novos, a deixar de lado o conformismo e a apatía, a indignarse ante as desigualdades sociais, a pobreza, os totalitarismos e as diferentes formas de violencia que imperan nas sociedades actuais. Denuncia a despiadada dictadura dos mercados financieros e vos invita a reclamar unha verdadeira liberdade de prensa. Mellor vos deixo coas súas palabras...

"Chamamos aos xoves a facer vivir, a transmitir a herdanza da Resistencia e os seus ideais. Lles dicimos: tomade o relevo, indignádevos! Os responsables políticos, económicos, intelectuais, e o conxunto da sociedade non deben resignarse nin deixarse impresionar pola actual dictadura internacional dos mercados financieros que amenaza a paz e a democracia".
"Cando algo indigna, como eu me indignei co nazismo, entón nos facemos militantes, fortes e comprometidos. Hoxe os motivos para a indignación están menos claros nun mundo complexo, interdependente, interconectado, donde non é fácil saber quen goberna, quen decide en realidade, pero nese mundo, hai cousas insoportables. Para velas, hai que mirar ben, hai que buscar. Dígolle aos xoves: buscade un pouco, vádelas atopar. A peor das actitudes é a indiferencia, dicir: non podo facer nada, a min vaime ben. Comportándoos así perdedes un dos elementos esenciais que nos fan humanos: a facultade de indignación e de compromiso que é a súa consecuencia".
"Chamemos sempre a «unha verdadeira insurrección pacífica contra os medios de comunicación de masas que propoñen como horizonte para a nosa xuventude só o consumo en masa, o desprezo dos máis débiles e da cultura, a amnesia xeneralizada e a competición a ultranza de todos contra todos.
Aos que farán o século XXI lles decimos con afecto: CREAR É RESISTIR, RESISTIR É CREAR”.

Stéphane Hessel naceu en Berlín en 1917 e emigrou a Francia en 1925. De familia de orixe xudea, foi detido e deportado pola Xestapo en 1944. Pasou por varios campos de concentración e, ao rematar a guerra ingresou no servicio diplomático, participando na redacción da Declaración dos Dereito do Home. Desde entón ata agora, aos seus 93 anos, leva exercido de diplomático, escritor, poeta e político.

A traducción do texto ao galego por Fernando Moreiras, con prólogo de Manuel Rivas e editada por Factoría K, sairá á venda a principios de marzo.

E para que practiquedes o voso francés (sobre todo os de 4º, que xa queda pouco para París) aquí vos deixo a Hessel.


Stephane Hessel
Cargado por rue89. - Vídeos de noticias del mundo entero.