Mostrando entradas con la etiqueta dia internacional da muller traballadora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia internacional da muller traballadora. Mostrar todas las entradas

17/3/16

PAPEL DE MULLER: FICHA TIPO





>> ENVIAR OS TRABALLOS A: 
 bibliopedrasrubias@gmail.com
------------------------------------------------


Explicar que este que vedes sería o modelo a seguir para elaborar cada ficha cos datos da muller elixida por cadaquén. Ocuparía unha cariña ou dúas como moito, constaría o nome xeral da exposición no lateral dereito: PAPEL DE MULLER,  o título de cada ficha: NOME DE CADA MULLER E CRONOLOXÍA, o corpo ou texto co máis salientable da súa vida e obra, e ao final só queda nomear as fontes de información que consultáchedes e poñer os vosos nomes (lembrade que se pode traballar só ou por parellas). 
O importante é atopar a boa información e despois destacar o esencial desa muller, sabendo expresalo correctamente coas vosas propias palabras e corrixindo os erros ortográficos e de expresión en galego.
Como vedes, na parte última especifícase o tipo de letra e tamaño, cores a utilizar, sen esquecer citar as fontes consultadas e facer constar o nome/s do alumnado autor da ficha. Unha vez buscada a información que queirades destacar sobre cada personaxe, resumida no esencial, expresada en galego e revisada a ortografía, tedes que envialo ao correo arriba indicado: bibliopedrasrubias@gmail.com
O prazo de presentación é ata a semana do 11 ao 15 de Abril. Seremos varias profes,  quen nos ocupemos de maquetar ou revisar o resultado final.

Lembrade que xa están colgados neste blog algúns post con información de páxinas fiables que podedes consultar e que vos servirán como orientación para contrastar coas páxinas que atopedes pola vosa conta. 

Tamén tedes no corredor, na entrada da Biblioteca Calixtina, a EXPOSICIÓN DE LIBROS RELACIONADOS: "PAPEL DE MULLER", coas diversas actividades ou traballos feitos por mulleres ao longo da historia e en diversos campos, que forman parte do fondo da nosa biblioteca e que están a vosa disposición para consultar.

Agradecemos a colaboración de todxs vós!!








14/3/16

#‎foraestereotipos de Alba Alonso Feijoo

Con motivo da celebración do Día Internacional da muller, o departamento de orientación organizou un Taller de Igualdade co alumnado de 4º curso de ESO.

O taller “ Queres máis igualdade no Instituto? Comeza xa pola túa clase”,impartido por Alba Alonso Feijoo, doctora en “Masculinities in English Children´s Literature from Gender Perspective” (Masculinidades na Literatura Xuvenil Inglesa dende a perspectiva de xénero), tivo como obxectivo reflexionar sobre os estereotipos de xénero en pro dunha sociedade máis xusta e libre para homes e mulleres.

A actividade consistiu nun taller de #‎designthinking onde o alumnado traballou por equipos, xerando ideas, creando o seu proxecto e expoñendoo aos demáis compañeiros e compañeiras.

Así describe Alba o que se fixo: seu bloghttp://www.realkiddys.com
“Grande el alumnado del IES Pedras Rubias con el que compartí tiempo esta mañana. Un taller de #‎designthinking para combatir los estereotipos de género.¿Qué os parece la idea? Fantásticos prototipos los que crearon estos chicos y chicas. Me quedo con todos ellos! Un casco para que te traten como persona, no como hombre o mujer; un vestido que reivindica el cuerpo femenino como libre de ser tratado siempre de manera negativa; un espejo que te ayuda a ver tu verdadera belleza más allá de tu físico; una caja donde puedes comprobar que la "fortaleza" no viene de serie en los hombres... Y mucho más... Cuando permites que la juventud se ponga a crear, te encuentras con estas maravillas!!! Y las ideas que se quedaron en el tintero de la sesión de brainstorming! También les gustó poder usar los móviles con el hashtag #‎foraestereotipos para compartir su trabajo!”

Podedes seguila no seu exitoso blog de Alba Alonso Feijoo http://www.realkiddys.com