18/5/17

Avelino González e Carlos Casares




Avelino González é  actor, tradutor,  humorista ,narrador oral. 

Con motivo das celebración das Letras Galegas, contamos coa súa visita no mes de maio. O martes 16 contou para os de 3º e 4º ESO e o xoves 19 para os de 1º e 2º ESO.

En ambas sesións,  Avelino contou, en clave de humor,  parte da vida de Casares, esa que non está escrita nos libros nin na súa biografía literaria. Nunha hora de duración, aproximadamente, contou feitos, sucesos  e anécdotas vividas e escoitadas por Casares, focalizándoas dentro das súas obras e narrándoo de forma moi amena e  divertida.  Deunos a coñecer ese Casares persoa, humano,  que facía trasnadas de mozo, que namoraba, que se divertía cos amigos, que xogaba, que tiña vicios, que escoitaba á xente... amosando como, ademais de un gran escritor, era un referente na cultura,nas novas tecnoloxías e que, ao mesmo tempo, facía entenderse por calquera.

En ambas contadas, ademais de introducir as anécdotas de Casares, fíxolles entender ao alumnado, con ironía e humor, que os valores humanos son tan importantes como os académicos, Tocou temas transversais e valores tan importantes como a tolerancia, a igualdade entre sexos, os perigos das novas tecnoloxías, a xenofobia, a humildade, a importancia de ler... todos presentes nos libros de Casares e que Avelino soubo transmitirlle aos alumnos/as a través das súas palabras, xestos, e sentido do humor.

O resultado foi positivo, o alumnado quedouse con moitas desas anécdotas que el lles contou. Unha forma divertida, amena e diferente de coñecer ao homenaxeado das nosas Letras. Quedaron ganas de  ler os contos de Carlos Casares polo que o obxectivo principal, cumpriuse!

16/5/17

Tamén len... en abril con Rubén Fandiño

O 28 de abril visitounos o exalumno Rubén Fandiño, que actualmente exerce de entrenador de fútbol na escolas deportivas do Concello. Rubén leunos un fragmento da novela que tanto lle gustara cando el andaba polo Instituto "A praia dos afogados" de Domingo Villar. Comentounos tamén outras lecturas que naqueles anos de estudante lle causaran unha grata impresión.

 Despois da lectura lembramos un video da inauguración da Biblioteca Calixtina, hai xa máis de dez anos, onde o noso convidado de hoxe exercera de mestre de cerimonias. Ademais de contarnos a súa traxectoria estudiantil e falarnos da súa ocupación actual como entrenador, moitos dos seus xogadores estaban presentes na lectura, e comentaron as dotes de Rubén como entrenador. Falounos tamén do seu papel no inicio do festival de Salceda hip-hop que durante varias edicións se celebrou en Salceda, aproveitando para invitar a xuventude de agora a que tome iniciativas culturais.



12/5/17

Visita de Antía Yáñez



O 9 de maio visitounos Antía Yáñez para falarlles ao alumnado de 1º da ESO do seu libro "O misterio de Portomarín, que leran no mes previo con gran entusiasmo.

A charla resultou moi interesante, xa que ademais de disfrutar da lectura puideron intearctuar coa súa autora, sempre unha experiencia inesquecible. 

4/5/17

Ruta literaria Valle-Inclán



O martes 25 de abril o alumnado de 4º da ESO, organizada polo departamento de Lingua Castelá, realizou unha ruta literaria pola Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, percorrendo distintos lugares importantes na vida e obra de don Ramón María del Valle-Inclán. En cada parada o alumnado leu distintos fragmentos da obra valleinclanesca.

A ruta constou de dúas partes. Na primeira, pola mañá, consistiu nunha visita guiada polo profesorado onde todo o alumnado foi facendo as seguintes paradas pola vila da Pobra:

- recén chegados paramos no Porto onde puidemos contemplar a beleza da Ría de Arousa, onde lemos un fragmento de "Romance de lobos"; 

-despois diríximos a Torre Bermúdez, actual Museo Valle Inclán, onde antes de entrar limos varios poemas ao carón da escultura de Valle-Inclán: algúns almnos leron o poema que Rubén Darío lle dedica a Valle, e por outra banda o exprofesor Jose Luis, quen nos acompañou na ruta, recitou o poema que Antonio Machado lle escribiu, antes de acceder ao museo leuse o poema "Vitrales";


1/5/17

Exposición: Mapas/Cartografía

Seguimos a traballar o lema da biblioteca deste ano, polo que dende os departamentos de Ciencias Sociais e Matemáticas, conxuntamente coa biblioteca faremos ao longo do mes de maio unha exposición nos corredores do instituto na que faremos un percorridos pola historia da cartografía, cunha sección especial para Galicia e a nosa contorna.