Hoxe 26 de maio tivemos unha nova sesión do club de lectura. Por unha banda no grupo de primeiro da ESO seguimos coa dramatización da obra Dormente de Raquel Castro. As nosas actrices convertéronse nos personaxes da obra e deron voz a todos eles dun xeito fantástico. Por outra banda o club de manga adentrouse na nova lectura Hanako Kun de Aida Iro e compartiron as súas impresións de xeito moi entretido.
26/5/25
13/5/25
TAMÉN LEN MAIO: ÚLTIMO DESTE CURSO
Onte luns 12 de maio celebramos o último Tamén Len do curso e tivemos o pracer de recibir a Tania Riádigos, exprofe de Bioloxía. Resultou un encontro moi apaixonante que deixou o alumnado con ganas de rematar de ler as obras escollidas pola nosa convidada: O que Darwin non previu, de Alba Pelayo Froiz e La chica de nieve de Javier Castillo. Mil grazas Tania por este encontro que serviu para espertar o gusto pola lectura. Aquí deixamos unhas fotiños do encontro e dos libros lidos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)