16/6/25

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

     Como remate deste curso fomos de excursión a Vigo. De mañá ao cine para ver o filme Lilo y Stich que nos encantou. Despois visitamos o FNAC onde puidemos coñecer as últimas novidades literarias e acabamos cun paseo literario para coñecer a obra de Domingo Villar e a estatua homenaxe que xa loce na Alameda así como a estatua de Xulio Verne que se atopa no porto deportivo para lembrar a relación entre Vigo e a obra Vinte mil leguas baixo os mares que el escribiu. Pasámolo moi ben e xa contamos con repetir o próximo curso. Aquí vai a mostra gráfica:






10/6/25

Diplomas voluntariado

 Deixamos aquí unha mostra da entrega de diplomas ao alumnado do voluntariado da biblioteca e agradecémoslles a súa axuda e traballo. Sen eles e elas sería máis difícil todo. Agardamos contar coa súa colaboración o próximo curso. Grazas a todos e todas. 



3/6/25

Última sesión do club de manga

 Onte na última sesión do club de manga deseñaron unha chulísima bolboreta como a que protagoniza algunhas páxinas do manga que leron: Hanako Kun. Grazas á profe Helga por levar o club e á profe ESther de plástica que axudou no deseño da bolboreta. Agardamos continuar co club o próximo curso. Aquí vos deixamos a testemuña gráfica: