29/1/26

TAMÉN LEN XANEIRO

 Onte mércores 28 de xaneiro, compartimos lectura con Loli Garrido, integradora social e directora da Escola de Fútbol Denís Suárez. Leunos o primeiro capítulo do libro Comerás flores de Lucía Solla, co que nos fixo reflexionar sobre as dificultades á hora de levar o dó e valor da amizade como refuxio. Aquí vos deixamos imaxes da sesión. 






26/1/26

CLUB LECTURA XANEIRO

 Hoxe xuntámonos de novo no club de lectura. No grupo de 3º e 4º ESO comentaron La foto de los mil me gusta, de Nando López, unha obra de teatro fresca e actual que lles gustou. En primeiro de ESO comentamos as lecturas que levamos para o Nadal de escolla propia. Títulos como O neno do pixama de raias, Crónicas de la torre, Mitos griegos, Pulsaciones ou a banda deseñada En camiño! espertaron a curiosidade nos membros do grupo que non as leran para coñecelas. Para o próximo encontro leremos La foto de los mil me gusta. Deixamos unha fotiño do encontro. Agardámosvos na biblio!!!💚

25/1/26

PASIÑO A PASIÑO NO NOSO NOVO ESPAZO

 Pouco a pouco seguimos dando forma ao novo espazo da biblioteca. Máis amplitude, máis luz e novas lecturas e xogos. Nos recreos o noso alumnado comparte xogos, club manga, partidas de xadrez e  intercambian opinións sobre lecturas. Temos agora unha biblio moito máis dinámica e acolledora: Aínda queda moito por facer porén continuamos a traballar para seguir mellorando cada curso. Aquí vos agardamos!!!! 💓📗

 Vede que ben está quedando:









Concurso de postais de Nadal

 Antes de gozar das nosas vacacións de Nadal, organizamos dende a biblioteca un concurso de postais para que o noso alumnado demostrase a súa creatividade unindo os motivos de Nadal cos motivos literarios. O resultado foi o que aquí vos mostramos. Damos as grazas a todos e todas os que participastes e os nosos parbéns ás tres gañadoras!!! ✨