24/11/25

MAGOSTO E SAMAÍN

 Malia que o mal tempo dos últimos días de outubro e primeiros de novemnro nos impediron realizar todas as actividades organizadas polo Equipo de Dinamización Lingüística co gallo do magosto e o Samaín si puidemos celebrar os tradicionais concursos de cabazas e receitas de outono. Tamén degustamos as sobremesas feitas polo alumnado con produtos de outono. Esperemos que o próximos curso o tempo nos permita realizar todas as actividades.





















NOVIDADES LITERARIAS E NOVO ESPAZO DA BIBLIO

 Temos novas adquisicións para que poidades desfrutar coa lectura dos premios recentes:



E aquí vos vai unha mostra de como vai mudando o novo espazo que conforma agora a nosa biblio unha vez que remataron as obras e imos adquirindo mobiliario novo. Maior amplitude, máis luz e recunchos que iremos adaptando. 


19/11/25

NOVIDADES



O día 24 de outubro co gallo da celebración do día das bibliotecas, o equipo de dinamización lingüística realizou un programa de radio co alumnado de 4º ESO D sobre a figura que será homenaxeada o Día das Letras Galegas. Resultou moi interesante e o alumnado fíxoo realmente ben. Moitos parabéns. Deixamos o enlace a internet para que poidades velo: 



https://www.youtube.com/watch?v=BImV1lsfQd0



Neste mes celebramos unha nova sesión do club de lectura:

- no club manga seguen reuníndose semanalmente e, ademais de comentar Hanko Kun, aprenden moito de debuxo manga coas indicacións dalgunha das participantes no club: 






- no grupo de 1º de ESO comentamos este mes o libro Dúas bágoas por máquina, de Fina Casalderrey que nos transmitiu a importancia do amizade e do cariño entre humanos e animais: 




20/10/25

TAMÉN LEN

 Este mércores 22 de outubro temos unha nova edición da nosa clásica actividade de fomento da lectura: Tamén Len. Arrancamos o novo curso coa presenza de Pablo, o director do Colexio Altamira. Tamén está xa en marcha dende principios de outubro a Hora de ler, durante a cal profesorado e alumnado gozan dunha lectura silenciosa do seu agrado.💓

NOVO CURSO

 Arrancamos este novo curso coa nosa biblio en obras. Ampliouse o espazo de xeito que contamos cun lugar máis acolledor e lumninoso. Comezamos polo tanto o camiño este ano moi devagar ata que todo estea listo. Esperamos que vos guste e contamos coa vosa visita. 

Si arrancamos xa cos clubs de lectura. Continuamos co club de manga que amplia o número de integrantes e contamos con outros dous, un de 1º de ESO e outro de 3º e 4º. En 1º comezamos coa lectura de Trece avisos de Paula Carballeira para adentrarnos no mundo do sobrenatural de xeito entretido e ir así achegándonos ao noso Samaín e a cultura popular relacionada co medo. En cuarto escollemos unha obra breve pero moi intensa que nos fará reflexionar sobre a barbarie das guerras, Enderezo descoñecido de Kressman Taylor. As reunións de manga lévanse a cabo todos os martes no recreo e a primeira dos outros dous grupos foi este luns 20 de outubro. Queremos mostrarvos aquí a creatividade que amosan os membros do club manga xa que nesta primeira reunión, na que analizaron a saga Hanako Kun, crearon uns debuxos fantásticos que aquí vos mostramos. 

 

16/6/25

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

     Como remate deste curso fomos de excursión a Vigo. De mañá ao cine para ver o filme Lilo y Stich que nos encantou. Despois visitamos o FNAC onde puidemos coñecer as últimas novidades literarias e acabamos cun paseo literario para coñecer a obra de Domingo Villar e a estatua homenaxe que xa loce na Alameda así como a estatua de Xulio Verne que se atopa no porto deportivo para lembrar a relación entre Vigo e a obra Vinte mil leguas baixo os mares que el escribiu. Pasámolo moi ben e xa contamos con repetir o próximo curso. Aquí vai a mostra gráfica:






10/6/25

Diplomas voluntariado

 Deixamos aquí unha mostra da entrega de diplomas ao alumnado do voluntariado da biblioteca e agradecémoslles a súa axuda e traballo. Sen eles e elas sería máis difícil todo. Agardamos contar coa súa colaboración o próximo curso. Grazas a todos e todas. 



3/6/25

Última sesión do club de manga

 Onte na última sesión do club de manga deseñaron unha chulísima bolboreta como a que protagoniza algunhas páxinas do manga que leron: Hanako Kun. Grazas á profe Helga por levar o club e á profe ESther de plástica que axudou no deseño da bolboreta. Agardamos continuar co club o próximo curso. Aquí vos deixamos a testemuña gráfica:







26/5/25

CLUB DE LECTURA MAIO


 Hoxe 26 de maio tivemos unha nova sesión do club de lectura. Por unha banda no grupo de primeiro da ESO seguimos coa dramatización da obra Dormente de Raquel Castro. As nosas actrices convertéronse nos personaxes da obra e deron voz a todos eles dun xeito fantástico. Por outra banda o club de manga adentrouse na nova lectura Hanako Kun de Aida Iro e compartiron as súas impresións de xeito moi entretido. 




 






13/5/25

TAMÉN LEN MAIO: ÚLTIMO DESTE CURSO

 Onte luns 12 de maio celebramos o último Tamén Len do curso e tivemos o pracer de recibir a Tania Riádigos, exprofe de Bioloxía. Resultou un encontro moi apaixonante que deixou o alumnado con ganas de rematar de ler as obras escollidas pola nosa convidada: O que Darwin non previu, de Alba Pelayo Froiz e La chica de nieve de Javier Castillo. Mil grazas Tania por este encontro que serviu para espertar o gusto pola lectura. Aquí deixamos unhas fotiños do encontro e dos libros lidos. 







23/4/25

Día do libro, mercadiño de libros

 Para conmemorar o día do libro, este 23 de abril, celebramos o noso mercadiño de libros e nel o alumnado puido intercambiar libros e levar novas lecturas para gozar con elas. Aquí van as fotiños.







1/4/25

TAMÉN LEN E CLUB LECTURA MARZO

 Rematamos o mes de marzo con sesión do Tamén Len. Desta vez contamos coa presenza da ex-profe de inglés Cristina. Para a ocasión escolleu o poemario "Extracción de la piedra de la locura" de Alejandra Pizarnick e leunos varios dos seus poemas como: "Noche" , "Origen" ou "El sueño de la muerte me llama". Aquí as fotos da sesión. 











Este luns 31 tamén nos reunimos no club de lectura. No club manga falaron de My Hero Academia, en 3º ESO leron Fóra de campo e en primeiro dramatizamos o comezo de Dormente de Raquel Castro. Aquí van unhas fotiños das marabillosas actrices.