19/11/08

Ciencia-ficción: A noite dos tempos de R. Barjavel

Proposta para todos os rapaces (ou non) amantes da ciencia-ficción: A noite dos tempos de Réné Barjavel.


O personaxe principal, Simón, é un médico que vai á Antártida en misión científica cun grupo de investigadores. Durante as perforacións, os aparellos de alta sensibilidade atopan baixo o xeo un “refuxio” feito pola man do home, pero cunha tecnoloxía tan punteira que na actualidade sería imposible de construír. Os científicos logran penetrar no refuxio e o que alí atopan cambia para sempre á humanidade enteira. Este achado marcará con lume no corazón de Simón a…Eléa.
Esta novela ten todos os ingredientes dunha boa novela do seu xénero e contén ao mesmo tempo grandes doses de romanticismo. Tampouco falta a crítica da nosa sociedade, capaz de destruír o máis fermoso só polo beneficio duns poucos e diante da indiferenza da maioría (contra-utopía).
Orixinalmente foi escrita en francés (
La nuit des temps, éd. Pocket) Non atopei tradución ao galego pero si en castelán ( Edicións Ultramar). Tamén podemos descargala gratuitamente no ordenador dende os seguintes enlaces:
http://www.esnips.com/doc/12e0859f-8032-461b-8d64-494bb47b1d30/Barjavel,-Rene---La-noche-de-los-tiempos-pdf
http://cahuinweb.com.ar/sololibros/wp-content/uploads/2007/04/barjavel-rene-la-noche-de-los-tiempos.pdf

Para terminar, esta vez en francés, unhas palabras de Barjavel:

"Dieu avait fait l'homme à son image, mais il l'avait pétri dans la boue qui contient en puissance toutes les pourritures."
Matilde

4 comentarios:

biblosvivos@gmail.com dijo...

Seguiremo-la túa recomendación. Moitísimas grazas por animarte e colaborar co blog.

Susana dijo...

Non é o meu xénero favorito, pero apetece lela!! Moitas grazas pola suxestión.

irma dijo...

Que innovadora, Matilde!!, incluíndo enlaces para poder ler...
Moi boa idea. Grazas pola recomendación.

Anónimo dijo...

Matilde, recoméndalles "A invención de Hugo Cabret", que é unha pasada.

Ramón