3/12/08

Unha de vampiros...Saga Crepúsculo



Hai uns meses, unha das miñas enfermeiras comentábame incrédula e emocionada que a súa filla adolescente enganchárase por primeira vez á lectura, de feito, pegáralle tan forte que levaba o libro con ela a todas partes.
Pregunteille con curiosidade polo título do libro que obrara a milagre: "Crepúsculo"

O mellor de todo era que o libro formaba parte dunha saga xunto con "Luna Nueva" , "Eclipse" e "Amanecer" polo que a súa filla seguiría a ler durante unha tempada.

Desde entón, como soe pasar nestes casos, non deixo de tropezarme con referencias ao libro, máis á película que se estrea estes días.

Miles de fans en todo o mundo, centos de videos en youtube, páxinas web, foros e blogs adicados á novela parecen demostrar que a filla da miña enfermeira non é a única que sucumbe a esta historia de amor "imposible" entre unha adolescente e un vampiro que terá 17 anos por toda a eternidade.



21 comentarios:

tu perdicion dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
tu perdicion dijo...

XDXD

Pois si

eu tamen os lin, ainda que antes de se converter nun "best seller", (e por eqivocación), XD

A cuestion é que engancheime moitisimo á historia.
Como xa se dixo, mañá, 5 de decembro, estrenase nos cines a pelicula do primeiro libro, "Crepusculo". Aconsello vela, como tamenler o libro.

Teño que comentar que non é unha triloxía, pois fai un mes aproximadamente saiu o cuarto, e último, libro da colección.

vemonos

dw

aqui deixo a url do trailer da pelicula:
http://www.youtube.com/watch?v=Ooym_Vox5CI

biblosvivos@gmail.com dijo...

Gracias pola rectificación, non o sabía.

Uxío dijo...

bueno, bueno, bueno, me engancho pero ya! tiene todos los ingredientes. El trailer me encanta. Buf... estresadito.

ana dijo...

No me lo puedo creer!! va a tener razón la de la libreria, que me dijo que se enganchaban los adolescentes y los no tan adolescentes... Y yo hablo de mis alumn@s...

Claus Patera dijo...

Creo que Harold Bloom (un prestixioso crítico literario norteamericano) poñía verdes este tipo de libros "xuvenís". El falaba en concreto de Harry Potter, que era un engano para a rapazada, pois vendíalles como literatura algo que, para el, non o era. El dicía que había centos de clásicos da literatura xuvenil que antepoñer ao devandito Harry Potter. Durante moito tempo concordei con el (e, ollo, lin os Harry Potter), pero agora, despois de asentar na realidade das aulas, fun moderando a miña postura inicial. Un día, falando con Paula e Xoán (bótovos de menos) sobre estes temas, recordo que Xoán dixo que os adolescentes si lían, pero lían o que querían e non o que lles mandabamos, e que el non entendía a obsesión que temos ás veces en que haxa que ler porque si. E é certo, a lectura (literaria) é un pracer moi moi persoal. Por iso, se un libro como Crepúsculo, con película xa prefabricada e todo, pode axudar a que os adolescentes entendan mellor o que len, benvido sexa. Ademais, a estética é algo que se aprende, que se educa (pero onde?). Non podemos pedirlles que gocen de Shakespeare se non saben gozar de María Gripe. Talvez Harry Potter e Crepúsculo sexan os pequenos empurróns que fan falta. Ademais, a lectura debe ser ante todo diversión, e Michael Ende, por veces, pode ser un peñazo. O tema dá para moito, se alguén se anima, abrimos o debate.
Ramón Blanco

Anónimo dijo...

un dia despues del estreno fui a ver esta pelicula de la que tanto se habla...y no me extraña que sea así,pues la pelicula es muy bonita.
Mezcla la accion con la pasion y lo mejor de todo era el chico que hacia de vampiro...pues nos cautivo a todas =)
recomiendo esta pelicula a todo el mundo pues es genial

ana dijo...

Ola Ramón! antes de nada, grazas pola vidilla que lle estás dando ao noso blog. Sí, o que ti comentas é a eterna discusión. Penso, coma ti, que o importante é que cada quen atope os seus libros, como moito o noso labor debe ser suxerir, dar a coñecer. Ás veces mencionar algún clásico por acercallo, pero o máis importante, creo eu, é que a lectura sexa unha viaxe apetecible. E igual que coas viaxes, unhas veces un ten ganas de países exóticos e outras só de praia e descanso.

tu perdicion dijo...

Si, "Claus Patera" ( como andas Ramon ? XD ), tes moita razón, pois eu, como lectora do libro, podo dicir que a colección e un pouco repetitiva e sen "valor literario" ( pois por epocas a autora botaba man dunha palabra ou outra moreas de veces, por exemplo ), pero tamen que é unha historia que atrapa a moitos (incluiome), adolescentes maioritariamente( aínda que tamén coñezo xente maior aos que lle gustou moito ), e os inspira a seguir lendo outros libros, ata que, ao mellor, rematen lendo grandes obras das que, nese momento, non farían máis que pasar follas sen encontrarlle valor ningún ( como me pasa a min moitas veces ). Eu mesma, podo dicir que non hai moitos libros que me acollan nas súas páxinas, pois, en comparación cos que lin, teño moreas deles que non acabei, e penso que, se un libro, sexa "boa" ou "mala" literatura, algo debe de ter ( ou que teño un gusto moi malo XD , que tamén pode ser ).
Bueno, e despidome xa que estou a escribir aquí un testamento.
Dw

(Susana, se teño moitas faltas non me rifes XD )

Madame Bovary dijo...

Hoxe pola maña estiven escoitando un programa na cadea Ser adicado tanto ao estreno da película como ao éxito acadado polos libros entre os adolescentes. E agora atópome con que o noso blog vai varias semanas por diante na actualidade literaria que a Ser (noraboa as responsables e aos que tanto participades no blog). Chamoume a atención que había moitos adolescentes que non eran nada aficionados á lectura e que cos estes libros convertéronse en auténticos vampiros literarios...
Estou dacordo coa maioría, cada un debe iniciarse cos libros que mais os chamen, independentemente da calidade literaria... O importante é descubrir a afición á lectura, e consumir, consumir moitas horas lectoras, e a nosa propia experiencia levarános a ir madurando e a ir formando o noso gusto lector que non sempre ten porque chegar a coinicidir co canon de Harold Bloom. Pero isto non vai contra a nosa responsabilidade como docentes de tratar de combinar libros atractivos para os adolescentes pero que posean certa calidade literaria, e tentar que vaian adquirindo unha maior competenica lectora para poder enfrentarse algún día a "clásicos". Pero quen sepa como se fai que no lo diga. Saúdos

jesi dijo...

ohhhhhh!!!! k quay.......eu tamen quería mirala ...

todo o mundo me dice que está mu ben e gustaríame mirala...
bueno espero que Ana este aqui de novo.....
non sei k poñer ...simplemente firmar e decir k teño pensado mirar esa peli....que teño moitas ganas....
e k ahora si k vai quedar xulo o blog coa miña axuda...jeje..

saudos..


***Jésica Novás***

Lepauli dijo...

ESTÁ ABERTO O DEBATE

Agora que comezamos un paseo paseniño ou raudo, etéreo ou rotundo, telúrico ou lunático, realista ou de ficción, cómico ou tráxico, romántico ou de terror, poético ou prosístico, teatral ou cinematográfico, ilustrado ou textual, íntimo ou compartido…, pero sempre sorprendente, curioso, interesante, atractivo; agora que nos encontramos nestas voltas do camiño, é unha boa ocasión para seguir por esa senda aberta pola opinión do compañeiro Ramón (¡¡Benvido-Benachado!!) e dicir que estamos de acordo en que a lectura é un acto libre, íntimo, particular, que busca a evasión, a diversión, o pracer, o trascendente, algo superficial ou profundo, unha temática ou outra, pecharse ou abrirse a través dela. Esta última dimensión é a que nos interesa a nós como ensinantes dispostos a compartir e que eles -os alumnos e alumnas- compartan o gusto por ler e os seus mundos reais ou imaxinados e os ampliemos. Mais non podo estar de acordo en aceptar unha literatura fácil e sen calidade.
Podémonos sentir atraídos por unha historia, pensando que é a historia a que nos atrae, cando o certo é que a maneira de contala é primordial. As historias se repiten, o que cambia e nos gusta ou non é como están escritas. Todos limos e lemos libros máis ou menos bos ou máis ou menos fáciles que van caendo nas nosas mans, somos nós quen decidimos adicarlle tempo ou non, en que nivel de lectura queremos quedar ou que tipo de historias queremos ler. Pode coincidir ou non o que un xoven elixe para ler, co que se lle vai ensinando ou aconsellando desde a escola. A nosa función creo que é transmitir o que consideramos que ten "calidade e interese" para eles, sen que signifique que teña que ser aburrido ou complexo e sen que exclúa as súas propias eleccións.
Eu recordo que de pequena prefería os libros ilustrados, as lecturas rápidas e curtas; podería pensarse que non tería afección á lectura. Pois resultou que non. Como tiven que estar nun internado e nos obrigaban a ter 2 horas de estudo vixiado todos os días, o máis subversivo era ler ás agachadas, sen que as monxas se enterasen, xa que se nos collían eramos castigadas. Tiñamos un verdadeiro gusto por ler, os libros pasaban dunhas mans a outras -algúns deles estaban censurados- tendo coidado de non ser descubertas. Tanto é así que entre os 14 e os 18 anos estabamos atrapadas en todo tipo de literatura, pero sobre todo na existencial ou do absurdo, pois limos a Unamuno, a Kafka, a Samuel Beckett, así como poesía comprometida (Machado, Miguel Hernández…) ou literatura sudamericana…; tiñamos un ansia enorme de engrosar o noso mundo pechado e adolescente, de madurar e de comprometernos con mil causas.
Sabemos que os xóvenes de agora responden a outros estímulos e a outro tipo de realidade social, por iso a elección das súas lecturas é outra e tamén o que se lle aconsella; pero, en calquera caso, sempre pensarei que hai libros intemporais, que un libro ben escrito atrapa, que si lin a Jorge Manrique, Becquer, Rosalía, Cunqueiro, Larra, Pérez de Ayala, Galdós, Clarín, Valle Inclán, Lorca, Salinas, etc, etc, foi porque os descubrín a través dos profesores e dos compañeiros e grazas a que as súas palabras atrapaban sen remedio (as deles e as dos escritores), como atrapa unha película, un conto ou un suceso ben contado por alguén que teña o dominio da linguaxe e o don da palabra.
Agora ben, non a todo o mundo ten que gustarlle ler, como non a todo o mundo lle gusta ver películas, ou teatro, ou TV, ou… A nosa realidade é variada e rica dabondo para elixir o que cada quen considera bo e do seu gusto, e para deixar que llo descubran…
Un saúdo a Ana. Lepauli, decembro 2008

Esther dijo...

Hola!!!!


JOoooOO!!! Pos yo tampoco la vi...XC haber si la veo pronto porq no soporto q todo el mundo hable de ella y yo sin enterarme de nada...

Pediré el libro x navidad haber si a la vuelta estoy más actualizada.


Besos!!!!!!


***EsThEr***

{-*LaUrA*-} dijo...

Teño os catro libros e son preciosos! nunca leín antes un libro que me gustara tanto! e a historia de amor e preciosa! recomendaríalle a todolas persoas que a foran mirar porque se son tan romanticas coma eu non pararan de chorar!! 1bSñ!!

anaïs!! dijo...

jus...yo tampoco la mire pero escoite falar moi ben de esta peli...e de los libros....aver si m leo algun para enterarme de algo...

=)

Vampiresa dijo...

El l,ibro es de lo mejor...
y la peli está genial....

lo recomiendo a todo el mundo....

{-*LaUrA*-} dijo...

Y asi fue como el léon se enamorói de la oveja.
Que oveja tan estúpida!
Que león tan morboso y masoquista!
Ahora tu eres mi vida ....
te gusta la lluvia?
Haría todo lo que fuera por ponerte a salvo....

Bella % Edward ...

Crepusculo :Un amor imposible

Ya nada volverá a ser lo mismo.

Uxío dijo...

Eu empezo pola novela e a semana que ven vexo a película; en plan super-fan. O libro merqueino onte e levo 350 páxinas de 500. Tarda un pouco en poñerse emocionante pero ten capítulos que non queres parar de ler :)

Claus Patera dijo...

Agora teño que marchar, pero a ver se fago un comentario sobre a peli, que xa a fun ver.

Anónimo dijo...

olas!
A peli esta moi chula nos fomos a vela ao cine, e moi bonita e divertida.Pasamolo moi ben...
Un saudo.

Claus Patera dijo...

Ola,

igual xa non ten sentido que destripe aquí a peli, porque a entrada xa vai quedando antiga (ademais, sempre acabo sucumbindo á preguiza, que non é propiedade exclusiva do alumnado da secundaria), pero quería comentar simplemente que a peli me pareceu efectiva. E sobre todo atendendo ao público ao que se destina(quedades pois avisados os moitísimos fanáticos de Bergman e Visconti)que é o que sostén a industria do cine nos EEUU e, por extensión, en "occidente". Si, unha vez máis o público adolescente ten o control da produción (cultural): son quen decide como van gañar cartos as produtoras de Hollywood (botade un vistazo ás carteleiras convencionais). Crepúsculo non é alleo a este fenómeno de cine "made in Hollywood" para aqueles adolescentes (neste caso máis ben "aquelas adolescentes") que aínda son tan románticos como para pagar unha carísima entrada de cine, porque mola máis a pantalla grande que o Divx, sobre todo se o tío que sae está cañón.
Buf, estoume enrollando, coma sempre, e non era esta a miña intención.
Como toque anecdótico, direi que na sala de cine onde fun vela había varios grupiños de rapaces e rapazas que me fixeron sentir un vello infantilizado, alí eu soíño co meu cartucho de palomitas e o meu vaso de papel repleto de nestea, mentres eles o pasaban pipa con algunhas escenas ou suspiraban pola sorte dos protagonistas.
Case escacho coa risa cando vin chegar aos vampiros ao comedor do instituto, porque os pobres, máis ca vampiros, parecía que lles fixera mal o garrafón das copas, ou que estaban estreñidos, a xulgar polas súas pálidas e inexpresivas caras.
Xa acabo, e OLLO, se pensades que son un detractor despiadado, non esquezades (modestia á parte) que fun o primeiro en falar do libro en Salceda, e mesmo llo recomendei a algunha alumna.
Veña bicos e saúdos para todo quisque (profes e alumnas/os).