13/3/09

El lector


Escrita por Bernhard Schlink, está ambientada na Alemaña da segunda metade do S.XX, e conta a historia de amor entre o protagonista Michael Berg, de 15 anos e unha cobradora do tranvía de 36.
Esta historia pasaxeira (Hanna desaparecerá un día sen deixar ningún rastro) marcará a vida do protagonista que volverá saber dela, moitos anos despois, ao asistir aos xuizos contra criminais de guerra dos campos de concentración nazis.
É unha novela conmovedora que nos fai reflexionar sobre o amor, os principios, as relacións de poder dentro das parellas, a ética...e como trasfondo: o pracer de ler e escoitar historias.

O libro foi publicado no ano 1995 e traducido a case corenta linguas.

A versión cinematográfica estrenouse en España hai un mes escaso e ven de acadar o Óscar á mellor actriz para Kate Winslet (protagonista de Titanic).


4 comentarios:

Claus Patera dijo...

Foron moitas as persoas que me recomendaron a peli. Haberá que empezar entón polo libro, e non facer como fago habitualmente, que empezo a casa polo tellado.

Abrasos para todo cristo.

Anónimo dijo...

Non lin o libro nin vin a película, pero... apetece empezar! Coincido con Claus, que mellor empezar polo libro. Xa vos contarei...

Anónimo dijo...

Eu lin o libro haberá medio ano e realmente me gustou moito. Fíxome poñerme na pel dos protagonistas. Reflexionei moito sobre a contradicción nos sentimentos, vaia que me impactou bastante. A película vinna a semana pasada e non me decepcionou. Con todo, como case sempre, quédome co libro.

Anónimo dijo...

Ola, son Lepauli¡
Vin o filme, está ben, pero creo que o libro é moito mellor, máis completo para entender a época e aos protagonistas.
Saude.