12/5/09

Día escolar das matemáticas

Wordle: dia das matematicas

Con motivo da celebración do X Día Escolar das Matemáticas desde o departamento desta asignatura queremos convidarvos a descubrir as matemáticas fóra da aula.

Como cada ano por estas datas estamos a celebrar o concurso de problemas de lóxica no que todos podedes participar. Moita sorte!

Ademais este ano comezamos unha nova actividade para recordar o traballo feito por distintos matemáticos. Este curso escollemos a: Arquímedes, Newton, Gauss, Kovalevski e Noether.


O Día Escolar das Matemáticas instaurouse no ano 2000, declarado Ano Mundial das Matemáticas e celébrase o 12 de Maio.
Este día coincide co aniversario do nacemento do profesor Pedro Puig Adam, matemático, enxeñeiro, músico, poeta e pintor nacido en Barcelona no ano 1900. Este ano o tema escollido para celebrar este día é Cidade e Matemáticas.
Son varias as cidades que contan con Paseos Matemáticos que nos axudan a ver as matemáticas que encerran as rúas das nosas vilas. Entre elas están Santiago de Compostela e Ferrol.
Desde a biblioteca cremos que é o momento indicado para facervos algunhas recomendacións de lecturas relacionadas coas "mates":




El hombre que calculaba: Nunha viaxe por terras exóticas, hai moitos moitos anos, un árabe dotado dunha gran habilidade, fruto dun espíritu atento, vese sometido a distintas probas que debe resolver co seu talento matemático e o seu enxeño. Interesante e divertido é, probablemente, un dos mellores no seu xénero editado nos últimos tempos. Recomendado para 3º e 4º da ESO.

3L 4S3S1N4T0 D3L PROF3S0R D3 M4T3M4T1C4S : Un profesor propón un xogo como exame para aprobar as mates. O venres pola tarde o profe morre, pero antes lles comenta que o sobre que hai no seu peto lles indicará cómo buscar ao asasino. Non poden fallarlle…

Cuentos del cero: A través dos contos, Balbuena invítanos a coñecer dun modo ameno e divertido o mundo das matemáticas. Recomendado para 1º e 2º ESO.

1 comentario:

biblosvivos@gmail.com dijo...

Moitas grazas ao departamento de matemáticas por proporcionarnos a información en tan pouquiño tempo. Prometo ler os libros, o do Hombre que calculaba tenme moi boa pinta. xa vos contarei.