10/6/09

Cando a realidade imita á ficción: Os cadeados do amor

Estas imaxes pertencen á Ponte Milvio en Roma e o que vedes nas farolas son cadeados. Hai tantos que a estructura, do S.III, está empezando a ceder, e o que empezou como símbolo de amor nunha novela se transforma agora nun problema político. Pero comecemos polo principio...

No ano 2004, Federico Moccia publica a súa novela "A tres metros sobre el cielo" que se converte de inmediato nun gran éxito entre os adolescentes italianos. Como escenario a cidade de Roma, dous adolescentes queren voar, buscan caminar 'tres metros sobre el cielo'. As rapazas como Babi esmeránse nos seus estudos, falan do último grito en moda e se preparan para atopar o amor da súas vidas; os rapaces como Step prefiren a velocidade, a violencia, o risco e a camaradería das bandas, pero todos eles tentan vivi-la vida como se cada segundo fora o último.

No ano 2007 aparece a segunda parte, "Tengo ganas de tí" na que os protagonistas se reencontran e selan o seu amor colocando o citado cadeado e tirando a chave ó Tiver...

Queredes engancharvos? Hai peli das dúas partes!



2 comentarios:

Uxio dijo...

Me parece unha idea moi bonita ainda que tamén algo perigosa no sentido de perpetuar o de "un amor para toda a vida". Pero vamos, na próxima visita a Roma seguro que paso pola ponte...

ana dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.