Ola a tod@s, despois destas longas vacacións, aquí estamos para compartir con vós algunhas das novas relacionadas coa literatura, o cine, a música e demáis inquietudes artísticas.
Léstedes algo interesante este verán? Tedes ido ao cine ultimamente?
Sabedes que vos temos botado de menos e que estamos ansiosos porque compartades con nós todas esas experiencias.
Eu quería falarvos da película que máis me impactou das que vin nestas vacacións. Titúlase "La ola". Basada en feitos reais ocorridos en 1967 na Cubberley Hight School de Palo Alto (EEUU) onde un profesor de historia, Ron Jones, pon en marcha un experimento cos seus alumnos de secundaria co fin de demostrarlles o fácil que resulta cair nas garras dun sistema autoritario. Por desgracia o experimento ten demasiado éxito.

4 comentarios:
ola!!
a peli debe d estar bn! a ver se consigo vela.=P
saudos!!!
polo que conta o resumo a peli non ten que estar mal
intentarei vela para ver que tal
bicos¡¡!!!
O libro que máis me gustou este verán foi "Diario dun skin" que fala do movemento neonazi español a traves do autor (co pseudónimo de Antonio Salas) que esta infiltrado nestas organizacións.
O libro pese a conter moitos datos sobre este movemento pareceume ameno e sobre todo moi interesante xa que conta como se infiltra e como, para evitar destacar, ten que facer unha "caza de bruxas" sobre persoas de color ou mesmo españois con distintos ideais.
o.O
Quero ver esta película urxentemente. ( Levo todo o verán co mesmo xD )
todo o mundo a vela ¬¬
saudos ^^
Publicar un comentario