1/12/09

Contra a SIDA: Pílulas azuis

Hoxe celébrase o Día Mundial contra a SIDA e eu non quero deixar pasar a oportunidade para falarvos dunha novela gráfica simplemente impactante: “Píldoras azules”.
Este cómic autobiográfico narra a historia de amor de Peeters con Cati, unha historia marcada pola SIDA, xa que Cati é seropositiva, como tamén o é o fillo que ten dunha relación anterior. Ao longo da historia asistimos a como se namoran, e a como vai evolucionando a súa relación a partires do momento en que ela comparte con Peeters a existencia da súa enfermidade e todo o abano de sentimentos que vai desenvolver o autor/protagonista desde ese momento.
O libro resulta conmovedor, directo, tenro e realista, sen cair nunca no melodrama, e consigue meternos dentro da historia.
O cómic estivo nominado ao Premio ao Mellor Álbum do Salón do Cómic de Angouleme no 2002 e no Salón Internacional del Cómic de Barcelona no 2005.

4 comentarios:

Adrián (MQ) dijo...

este libro creo k nolo vai mandar ler Suso xa galego, xa vos contarei ktl!
Outra cousa! Susana, ti non terás a fotocopia k entregou Natalia xa facer o traballo de Ágora??? xD

ana dijo...

Suso??? Non creo, pero imos traer un exemplar para a biblio. A que fotocopia te refires, o test ou o traballo de mates?

Adriana dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Adrián (MQ) dijo...

a min dixome mauri que si, k a eles lles mandou comprar o libro Suso xD, non sei, habera k preguntarlle...
Refirome o trabalo de mates que entregou Natalia. E que a vou facer en parella e a miña parella tamén se esqueceu dela! x iso digo se ma podiades pasar. Gracias =)