30/10/09

Feliz Samaín !

Que vos pareceu a nosa sorpresa de Samaín? E o agasallo? Xa sei, xa sei que vos fixemos un pouquiño de trampa, pero como senón teríamos esa cola para entrar na biblioteca?
Agora só falta que participedes cos vosos "epitafio-comentarios" e que vos adentredes nos libros de medo que vos iremos recomendado, comezando cos do estante do blog.
Abaixo tedes as fotos e un video (moi malo, síntoo).
Que teñades un Samaín terrrrrrorrrríficoooooo!

Inventa un epitafío para Cali

\epitafio\

Pois aquí estamos nós para axudarlle! Tedes ata o 20 de novembro para participar a través dos comentarios do blog, no concurso: Inventa un epitafío para Cali. Sabedes o que é un epitafío? Unha inscrición que se grava nunha sepultura. No corredor da biblioteca podedes atopar algúns exemplos...

29/10/09

Tamén len con ... Rosa Velasco



Hoxe tivemos a honra de estrear as sesións do "Tamén len" deste curso coa estimada presenza da nosa compañeira Rosa Velasco, que nos agasallou coa lectura dun relato de Carlos Casares, recollido no libro "Vento ferido", titulado "O xogo da guerra".
Este pequeno relato conmove e arrepía ao mesmo tempo pois plasma con naturalidade o tema do acoso dentro dunha cuadrilla de rapaces. Fala do medo a dicir non, a saírse do grupo e de que a violenza só enxendra máis violenza. Duro e inesquecible.
Todo o contrario que Rosa, sempre amable e alegre. Foi un pracer terte de novo con nós.
Moitas grazas.

24/10/09

Do amor ao terror

Despois de tanto amor e, aproveitando que o vindeiro sábado 31 de outubro celébrase o Samaín/Halloween, imos adicar estas semanas aos libros e películas de terror. Apetécevos pasalo de medo con nós?
Imos entrar en ambiente cunhas cantas películas, comezando por clásicos como "Psicosis" ou "El resplandor", está última é a adatación dun libro de Stephen King do mesmo título.



Despois podemos seguir con algunha de director español como "Los otros"


E xa máis recentes as tres partes de "The ring" ou as dúas partes de "REC".



Tedes visto algunha? Déixanos o teu comentario!

Para saber máis sobre o Samaín ou Halloween ou consultar as fichas técnicas das pelis, preme sobre os vínculos.

23/10/09

Recital poético: "O amor está nos libros"

Hoxe, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, levamos a cabo un recital poético co lema "O amor está nos libros". Profes e alumnos declamando conxuntamente versos de amor.



Aquí vos deixo a presentación cos textos e as imaxes. Unha mágoa que fallara a música (problemas do directo) pois Merchi nos fixo unha escolma preciosa.
Proximamente os MQs nos deixarán a súa crónica coas vosas impresións e moitas máis fotos!
Grazas a todos/as por participar.

16/10/09

Éranse unha vez ...os MQs


Cando en setembro do ano pasado comezamos a crear este blog tiñamos algo ben claro; queríamos un blog vivo, no que participase toda a comunidade educativa, sobre todo o alumnado. Para iso compría que os alumnos vos sentirades partícipes de todo o proceso, desde o deseño ata os contidos e de paso nos botárades unha man. Así naceu a campaña "Búscanse asesores adolescentes para o blog da biblioteca".

Ao principio erades trece (mal número senón crece) pero foi medrando. Escollíchedes un nome: Os maqueadores do blog "MQs" e xuntos fomos aprendendo, e pasando bos momentos.

Este ano queriamos publicitar o blog entre o alumnado de 1º e 2º da ESO e vos fúchedes polas clases. O voso éxito foi ROTUNDO e na primeira reunión érades máis de 60 persoas.

Que podemos dicir? Que estamos flipadas, moi moi contentas e con moitas ganas de traballar con vós. Definitivamente estamos a facerlle honra o noso nome, e o blog está máis vivo ca nunca.

MOITAS GRAZAS MQs.

9/10/09

Premio Nobel para Herta Müller

Onte concedeuse o Premio Nobel de Literatura a poetisa e novelista de orixe rumana, Herta Müller. Nacida no ano 1953, Müller conviviu co rexime dictatorial de Nicolai Ceacescu. A situación política vivida neses anos: prohibición para editar os seus libros, coacción para colaborar coa policía política, etc leváronna a exiliarse en Alemaña no ano 1987.

O galardón resalta en Müller, en palabras textuais, “a capacidade para retratar a paisaxe dos desposeídos”.

En España están editadas varias das súas obras, entre outras En tierras bajas (Niederungen), El hombre es un gran faisán en el mundo”, “La bestia del corazón y La piel del zorro.
Se estás interesado en ler o primeiro capítulo de “El hombre es un gran faisán para el mundo” preme sobre o título.

6/10/09

As rimas con humor, sempre entran mellor

OS ROMÁNTICOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DA ESO PREFIREN VER A TELEVISÓN ANTES QUE LER AS RIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

O seu profesor de Lengua e Literatura Castellana pretende convecelos, polas boas ou polas malas, que é moi bo para os seus espíritus, e sobre todo para os seus corazóns (non falemos das ventaxas que pode ter para aprobar o curso) ler as Rimas. Por iso pretende convencelos coas súas propias armas, a televisión, para que as lean, todo isto polas boas, claro. Supoño que queda clara a diferencia entre os/as bibliotecarios/as, e os profesores, e non falamos da súa melena precisamente.



“No digáis que agotado su tesoro,
de asuntos falta, enmudeció la lira;
podrá no haber poetas; pero siempre
habrá poesía.”
Rima IV Gustavo A. Béquer.
Fernando Telle