O venres 12 de marzo morría na súa Valladolid natal, Miguel Delibes. Podería falarvos aqui dos seus méritos como escritor e como persoa, comentar o seu estilo ou citar todos os premios acadados ao longo da súa traxectoria literaria. Non vou facer nada diso. Ídesme permitir que faga unha entrada máis persoal. Contaréivos como cheguei eu á súa obra.
O primeiro libro que lin de Delibes foi "Las ratas" porque era a lectura obrigatoria de castelá en 1º de BUP. Non foi un bo comezo. Recordo dicirlle á profesora, no exame oral do libro, que non me gustara a temática, que me resultara demasiado duro.
No curso seguinte volveu ser lectura obrigada outra obra súa: "El camino", e aí comezou o frechazo, xa que Daniel "el mochuelo" converteuse nunha desas personaxes inesquecibles que te acompañan unha ver rematada a lectura. Despois virían, xa por vontade propia, "Cinco horas con Mario", "Los santos inocentes","La sombra del ciprés es alargada", "La hora roja", "Mi idolatrado hijo Sisí", "Cartas de amor de un sexagenario voluptuoso", "Señora de rojo sobre fondo gris" e o seu discurso de entrada na academia (sen dúbida o máis fermoso canto á natureza e o respecto polo medio ambiente que teño lido nunca).
Por que vos conto todo isto? Supoño que porque necesito lembrar que o que os profes sementamos si que xermola, aínda que ás veces leve o seu tempo...
Gracias, Delibes. Sempre nos quedarán os teus libros.
7 comentarios:
Supoño que a morte veu ser unha liberación para Delibes, que o pobre xa levaba moitos anos desganado. Ningún drama especial, máis que a morte en si mesma, pero non podo evitar sentir que o mundo queda un pouco máis incompleto. Eu tamén quedara fascinado desde o personaxe do Mochuelo, tanto que por veces imaxinaba que estaba a ler cousas sobre a miña vida de rapaz. O último que disfrutei foi "El hereje": e volvín engancharme de Cipriano Salcedo; cando vou co can polo monte penso e volvo pensar nas conversas que este personaxe tiña co cura (o licenciado Cazalla). Paréceme incrible a mestría dalguén que pode facer interesante unha conversa entre dous cazadores, rodeados de xestas. Supoño que tamén me fai lembrar cando de neno me gustaba o mundo da caza. Porque ler a Delibes é recordar todo o que fomos e xa non somos. Eu falo por min: aprendín tanto nos seus libros...
O sábado volvín ver, outra vez, a peli "Os santos inocentes". Sobrecollida aínda pola morte de Delibes, impresionoume todo o que transmite con trazos sinxelos. Os actores son magníficos, pero tamén o é a historia creada por Delibes que sustenta a película.É que así era el, sinxelo pero non simple. Anímovos a ler calquera das súas obras porque non vos van defraudar.
Toda unha xeración coincidimos en coñecer a Delibes sendo uns adolescente coa lectura de "EL camino", e está claro que a nosa visión da vida e da literatura non sería igual sen aquela lectura do distante BUP (o bacharelato de agora). Pero eu agora quero determe na súa novela "Cinco horas con Mario" e a súa posterior adapatción teatral. Eran aínda os tempos do BUP cando xunto aos meus compañeiros de clase ía ir por primeira vez ao teatro, certa indisposición ise día deixoume sen asistir a unha representación histórica. Pero claro,iso só o soupen tempo despois. O día seguinte os comentarios dos meus compañeiros eran moi negativos: supoño que un adolescente de 17 anos non estaba preparado para ver e escoitar o monólogo da actriz Lola Herrera durante case dúas horas. Pero eu todo iso descubrino tempo máis tarde cando lin a historia de Carmen e as súas cinco horas de monólogo co cadáver presente do seu marido cheo de reproches e resentimentos. Descubrín con esta obra que o máis importate dunha obra literaria non é a historia que se conta, senón a súa forma de contala.
Yo lo leí y me parecio un libro estupendo
Precioso libro, que ainda hoxe lle dou as grazas a Sonia por facelo Lectura Obrigatoria en 2 da eso.
asi é,eu tamen lin o libro en 2º,gustoume moito xa que é sinxelo,simpático e encerra moito.
a min pareceume un libro moi bonito e alegrome d q sonia nos mandase ler ese libro! encerra moito.
un saudo!
Publicar un comentario