Estes días podedes disfrutar na biblioteca dunha exposición de libros para celebrar o Día da Muller Traballadora, nela atoparedes autoras de todos os estilos (novela, relato, cómic, ensaio, ...), nacionalidades e épocas. E, como non, poderedes descubrir historias de mulleres realmente impactantes a través das súas biografías.
Por exemplo, seguro que vos sona a canción: "A saia da Carolina ten un lagarto pintado..." pois refírese a Carolina Otero, galega nacida en Valga, que foi bailarina de cabaret súperfamosa no París dos anos vinte. Tivo como amantes aos homes máis poderosos do seu tempo, reies, emperadores, zares. Amasou unha gran fortuna que perdeu xogando nos casinos ao final da súa increible vida. Ou Maruxa Mallo, pintora surrealista, amiga dalgúns dos escritores da xeración do 27 e toda unha personalidade (os de 4º ESO pudéchedes visitar a súa exposición este curso).

Anímovos a coñecelas!. Son realmente sorprendentes.
7 comentarios:
A exposicion esta moi ben, anque hay que dicir que non creo que houbese unha só alumno do centro que lese or carteis que hay colgados, pero coñecemos agora coñecemos as fotografías xD xD
Mandar o meu apoio a todas aquelas que tentan ou tentaron reivindicar a presenza da muller en tódolos campos da vida. Tamén a todos aqueles, que os hai ^^ .
Un biko e unha grande aperta.
Eu si que os lin... (Despois do outro comentario teño que facervos a pelota...xDxD) e fixen un interesante traballo sobre elas..xD
Pois así non fas moito a pelota... Eu referíame a exposición da biblio non á do departamento de orientación que está no corredor. De todos xeitos alégrame que a leses.
pois eu lin os da biblo e os otros.. ala..¡¡ jajaja..¡¡ e as duas exposiciions estan moii be..¡¡ (0.10 non Susana?¿)
biquiños
Teño que dicir que con estas semanas tan cheas de examenes non para nin tan so para ver estas exposicion tan curradas que fai o profesorado, ainda si, pasareime a velas!!!!
(iso,iso Susana 0.10!!!!!!!!)
UNha aperta!
Hola, xa estamos de volta de novo no insti.........podian ser un pouquiño máis largas que non chegaron a nada.non mirara como estaba a biblioteca con eses novos mobles..........esta moi chula....
Bego prometoche ir en canto teña un momento aqui en Torneiros..........
muitos bicos!!!
Eu lin algun !
Publicar un comentario