Dende a biblioteca queremos celebrar esta semana o Día da muller traballadora lembrando títulos escritos por mulleres. Escollemos a obra gañadora do último premio Xerais de novela, "Sol de inverno" de Rosa Aneiros. Non podemos ser imparciais ao contarvos de que vai este libro porque nos engaiolou dende a primeira páxina. É tenro, emocionante, triste, sorprendente, cambiante... Da man de Inverno coñecemos a peripecia dunha familia republicana que se ve obrigada a fuxir de Galicia para sobrevivir... Lédeo, non vos deixará indiferente! Tamén podedes probar con outras obras da autora, tamén moi recomendables: "Resistencia" ou "Ás de bolboreta" (Alumnado de 4ºESO, será a vosa lectura obrigatoria na vindeira avaliación!).
E, por se necesitades un empurronciño, aqui tedes algúns fragmentos.
12 comentarios:
Encantoume!!!! Os/as que están ao meu redor xa o saben porque non paro de darlles a paliza para que o lean... Animo a todo o mundo a que o faga. Coñeces de cerca unha parte moi interesante da historia de Galicia e non por iso falta tenrura, delicadeza, fantasía... Unha obra ben merecedora do Premio Xerais, segundo a miña opinión.
Pois grazas por darme a paliza a min porque o disfrutei moito moito. Encántame a personalidade da protagonista pero tamén as personaxes secundarias como a nena das pombas, a súa avoa, Laura, e, por suposto Luzdivina. Creo que está moi ben escrito. O primeiro capítulo é unha xoia, faite sentir espectador e complice dos feitos e que xa non podas abandonar a Inverno na súa andaina pola súa intensa vida.
Unha fermosa reflexión sobre a importancia da memoria.
(Ao final só comentaremos ti e mais eu)
Ei!
Lectura obrigatoria para 4º da ESO... xa pode estar mellor que o de Cunqueiro desta avaliación, non é dificil facer un libro un pouco máis entretido, ou polo menos que a min me pareza máis entretido. xDxD
PD: Aprobeito para recomendar "Xente de aquí e acolá" para todos os que padezan de insomnio.
Grazaas...xDxD
Por certo... a Susana non lle sorprenderá xD pero... polos trozos do libro que escollestes, o libro, non me chama moito a atención...
:S
PaVLo, xa non teño a posibilidade de suspenderte pero... podo facer uso das miñas influencias... Cunqueiro soporífero... puf!
UHMMM, en física aínda non ten a nota posta... e eses fragmentos foron unha escolma miña, non me deas ideas...
pablo no tienes ni idea vete a trabajar para la cantera
QUEEEEEEE? bueno mentres que non sexa Cunqueiro de nooooooooovo..ou "A praia dos afogados" eu apuntome xD
sisi ese anonimo tiene razon, pavlo pa la cantera
Que valentia la del anonimo... DA LA CARA!!!..xDxD
como saves Q fue una chica?¿ "la del anónimo" puede ser " el del anónimo no" jajaja..¡¡
Fermoso libro que non te deixa indiferente ante as perversidades e maltrato da guerra.Escrito cunha gran delicadeza e gusto polo galego.
Anímadevos!!
Publicar un comentario