13/4/10

O Maratón de lectura lembra a Ramiro Fonte

A biblioteca está traballando a eito estes días porque se acercan datas moi importantes para o libro e as letras.
O 23 de abril celebraremos o
Día do libro cun Maratón de lectura como en cursos anteriores. Neste ano tan especial e importante para o galego, queremos lembrar e facer unha homenaxe a un autor que nos deixou o ano pasado, Ramiro Fonte. Anque é moi coñecido como poeta, tamén ten unha fermosa obra narrativa, da que escollemos a súa triloxía "Vidas de infancia" ("Os meus ollos", "Os ollos da ponte" e "As pontes no ceo"), onde recrea a vida dunha vila galega nos anos 60, anos da súa infancia en Pontedeume.
Nós tamén imos recordar as nosas vidas de infancia...

6 comentarios:

ana dijo...

Tomando o relevo? A entrada de Pablo xa a teño escrita, pégame un toque cando teñas a foto. Bicos a todos.

FADA dijo...

Ola Ana, esperamos que poidas estar connosco neste maratón!
saúdos de novo e bicos.

Luciiña Alonsoo dijo...

Aaaanaaa!!!!!!!!!
botámoste de meeenoss!!!!!!!!!!!
Recuperate!!
moitos bicos!

Elba dijo...

despois de tanto tempo paso a facer unha visita polo blog, q conste q non me olvidei jejej.
Botase moito de menos!!!
Moitos bicos e Ana recuperate pronto.

Ana Castro (MQS) dijo...

A verdade e que estivo moi ben a maraton :)

Ana recuperate votamoste de menos !!

Ana Castro (mQs) dijo...

A verdade é que estivo ben a maratón :)
Ana volvee !