19/6/10

Homenaxe a Saramago

O pasado venres 18 de xuño morría na súa casa de Lanzarote José Saramago, escritor portugués e Premio Nobel de Literatura no ano 1998. Non volveremós ver máis o seu dedo índice levantado ao falar, non escoitaremos máis a súa voz grave e pausada, as súas opinións sempre comprometidas sobre o mundo que nos rodea... pero aí quedan as súas obras. Sempre. Compartide connosco a vosa opinión sobre el e a súa obra.

3 comentarios:

biblosvivos@gmail.com dijo...

Aínda non me sinto con forzas como para redactar entradas pero Saramago era alguén a quen admiraba moito, como escritor e como persoa

Susana dijo...

Non son moito de dicir "Este é o meu escritor favorito", pero Saramago... era máis ca un escritor. Era tamén a persoa que se agochaba detrás do autor, alguén tan íntegro, tan honesto... a voz que sempre agradecías escoitar en momentos difíciles, a entrevista que nunca te cansabas de ler e reler. Lembro as primeiras obras que lin del, en portugués, "O memorial do convento", incrible, "O ano da morte de Ricardo Reis", sorprendente, "Ensaio sobre a cegueira", cru e real... A súa prosa só era súa, a súa maneira de narrar, inconfundible. Engaiolábame a simplicidade e complexidade da súa escrita. Grazas por terme dado os momentos que me deches coas túas obras. Conmoveume saber que parte das súas cinzas quedaban ao pé dunha árbore... Así era el, apegado ás súas raíces humildes, que nunca reixeitou.
Apetéceme agora reler algunha das súas obras para reencontrarme con el, coa súa voz firme e inconfundible. Deste xeito, Saramago vivirá sempre.

ana dijo...

Como sempre, non podo estar máis dacordo. Eu comecei por Ensayo sobre la ceguera e quedei tan alucinada que literalmente me lancei a ler toda a súa obra.
Como persoa admiro profundamente a súa coherencia e integridade, un ben escaso.