Pola nosa parte faremos un breve resumo para poñervos ao día:
- Adquisicións: Ao final de curso adquirimos algunhas novidades en literatura xuvenil que nos gustaría compartir con vós; dalgunhas xa falaramos aqui como a saga Crepúsculo, a saga de Federico Moccia e dos outros faremos unha entrada en breve, como a triloxía de "Memorias de Idhún" de Laura Gallego ou a que definen como a primeira novela interactiva de misterio, "Skeleton Creek: El diario de Ryan".
- Premios: Neste último mes véñense de entregar o Premio Nobel de Literatura a Mario Vargas Llosa e o Premio Planeta a Eduardo Mendoza.
- Próximas citas: Lembrade que o vindeiro 24 de outubro é o Día das Bibliotecas Escolares, para celebralo teremos unha serie de actos ao longo de toda a semana.
O luns 25 o Clube de Lectura Siareiros convoca a primeira sesión de Tertulia Literaria de este curso que terá lugar na biblio ás 15:00h.
O xoves 28 no recreo terá lugar a primeira sesión do Tamén Len ...con Mara.
Recital de poesía adicado a Miguel Hernández o venres 29 no recreo.
- Novidades: Aínda que xa vos iremos informando puntualmente dos cambios aqui van algunhas primicias para este curso: creación dunha Comiteka e unha videoteca, buzón de suxestións no que esperamos participedes para aportar ideas, críticas, libros que vos gustaría que formaran parte dos nosos fondos,...
E por certo, como xa vos teredes fixado, curso novo deseño novo. A ver se vos gusta!!
8 comentarios:
Benvida, Ana! Encántame ler rodeada de libros. Moi chulo!!
Non é definitivo, a idea é ir probando e facer unha enquisa a ver que deseño gusta máis.
Que ganas de que o blog volvera a porse xa en funcionamento! O venres no recreo, todos ó salón de actos!
En canto o diseño, sinto dicir que non me gusta muito, a verdade. O da enquisa de deseños paréceme unha expléndida idea, xa que para gustos cores. Podedes ver en diferentes páxinas webs que ofrecen deseños para blogger incríbles, e non hay que manexar moito HTML. Recomendo que lle botedes unha ollada a http://btemplates.com/
Se buscades no buscador da web palabras como school ou high school vaivos saír deseños apropiados para o blog.
Saúdos!
PD. Unha proposta para o blog. Sería boa idea que os alumnos puideran escribir entradas por aquí, ¿non?
Non creas, aínda que non sexamos ases da informática, xa probamos con template o curso pasado e non recordo agora cal era o problema. Bueno, volveremos tentar, de todos xeitos nunca chove a gusto de todos...
O das entradas, queres dicir a través dos comentarios?
Non, a verdade é que botándolle outra ollada o deseño teño que dicir que tampouco está tan mal, xa que a temática de "biblioteca" está presente ó cen por cen con tanto libro por aquí :D
Pero creo que unha enquisa de deseños sería unha moi boa idea: qué mellor que preguntarlle-los visitantes do blog o deseño que lles gustaría?
En canto o das entradas; Síntoo non terme explicado mellor :S Replantexo a idea:
Como sabemos, as entradas do blog son escritas, sempre, polo profesorado. A idea que propoño é que os alumnos tamén poidan participar escribindo posts e entradas, do mesmo xeito que o facedes vos.
Quizáis, un punto positivo desta idea (ou preposición, mellor dito) sería incrementa-las visitas do blog, xa que @ "blogger-alumn@" que escribe a entrada (post)comentaríalle-lo os seus compañeiros e estes verían a entrada (post) do seu "colega".
Quizáis sexa unha suxestión absurda pero bueno, é unha suxestión ó fin é o cabo haha.
Unha aperta!
Adrián T.
Jjaja, esa idea-proposición está na concepción que tiñamos do blog desde o principio, de feito houbo un buzón donde, a parte de suxestións, se podían presentar entradas redactadas polo alumnado.O que non tiñamos claro é que fose boa idea facer público o contrasinal...
De verdade? Pois non me había enterado jaja
Pero non fai falla revela-lo contrasinal nin nada polo estilo, ya que é posible enviar unha invitación para que el mesmo acceda o blog co seu propio correo e o seu propio contrasinal. Só tería privilexios de escribir entradas e nada máis. Creo que é unha boa idea.
gustoume bastasnte pero preferia que fora en oras de clase foi ben recitado
Publicar un comentario