7/11/11

Mourir auprès de toi: unha curta animada ben literaria


Se me din que acaban de facer unha curta animada que ten como escenario a librería Shakespeare and Company de París xa me entrarían unhas ganas enorme de vela, se ademáis a dirixe Spike Jonce ("Cómo ser John Malkovich", "El ladrón de orquídeas", "Donde viven los monstruos" ou "I'm Here") ou meu interese medra, e se para rematar é unha fermosa historia de amor entre o esquelete de "Macbeth" e a protagonista de "Drácula" non podo deixar de compartilo con tod@s vós.

Isto é o que me vén de acontecer grazas ao blog Papeles Perdidos, do que obtiven a información. Aquí vos deixo a curta (vía Nowness) desexando que vos guste tanto como a mín!


Spike Jonze: Mourir Auprès de Toi on Nowness.com.

24 comentarios:

Ronsel dijo...

Co voso permiso, voa para Trafegando. Graciñas!

biblosvivos@gmail.com dijo...

Grazas a vós, faltaría máis!

Anónimo dijo...

Isto e unha MERDAAAA con todas as palabras!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!E a verdade ,enbez de poñer algo chulo ,so poñen trapallada e iso e o que saben facer,so iso.Brozaaaaaaaaaaaaa

biblosvivos@gmail.com dijo...

Polo menos, seguro que non te faltamos nin a ti nin ao teu traballo. Ademáis neste blog non temos censura previa dos comentarios porque confiamos na xente e porque estamos abertas ás críticas pero sempre desde o respecto.
Se esta situación se repite teremos entón censura a posteriori.

Susana dijo...

Creo que alguén que deixa un comentario deste estilo e o asina como "Anónimo" xa di o tipo de persoa que é. Animo a ese/esa covarde que traia a súa suxestión do que sería "algo chulo" á biblioteca que, con gusto, llo publicamos. De seguro que cando se trata de traballar e expoñer o seu traballo na rede se lle acaban as ideas "chulas"...Criticar é moi fácil, descalificar dende o anonimato, tamén, pero hai que valorar o traballo do día a día para manter vivo este blog e, en xeral, todas as actividades da biblioteca... O único que nos anima a seguir son aquelas persoas que se enganchan á lectura e encontran nos libros un espazo propio. Deste tipo de opinións... mellor pasamos, Ana!!

Carla e Nuria 4ºB dijo...

Ana,nos agradecemosche o teu traballo e disfrutamos que colgas no blog.Animamoste a que non deixes de realizar entradas neste blog xa que por moito que un rapaz/a non disfrute o resto si o facemos. Cada quen pode opinar diferente pero sen faltarlle ao respecto a ninguén,e facendoo so demostras que es un cobarde e que non vas ca verdade por diante.Un bico : )

Kevin e Matías dijo...

si no te gusta el blog no entres ni insultes porque tu seguramente no sepas ni crear uno, ignorante, y ni siquiera tienes h...vos de dar la cara. Merda sera-lo ti!!

Karen, Maykel, David´s, Pablo e Aarón dijo...

Ana é a nosa profesora de At. Educativa e sempre está traballando no blog e adícalle moito tempo e moitas ganas e as súas entradas son bastante interesantes. Se non che gustan pois non as leas pero non insultes a nadie. Se che parece tan fácil a ver se fas ti unha mellor...

Pablo Rodríguez dijo...

Pois a min paréceme moi divertido,e se non mo parecese tampouco o diría dese xeito,así o único que demostras é que es un paspán.

Hugo Fernández Oliveira dijo...

Eu que vexo cada luns na hora de alternativa o traballo que se fai na biblioteca e no cal colaboro moitas veces, paréceme unha falta de respecto a ese traballo que alguén o cal non ten máis que facer na casa, se dedique a valorara de este xeito unha labor que se non chega a ser por persoas como ANA nadie faría e coma ela SUSANA e PAULA.
E agora ben, eu fágoche a proposta seguinte: se tan "merda" che parece todo isto, da a cara e propón algo mellor.
Un saudo e ánimo Ana!, que por prsoas coma esta non se pode valorar un traballo.

Alba Núñez dijo...

A min persoalmente pareceme un blog moi interesante e no que podes aprender moitas cousas, e se queres algo chulo, pois propons a túa idea, a ver se é mellor. Moitas gracias a Ana e ao resto do equipo da biblioteca por facer este blog que nos gusta tanto a todos, un bico enorme!

Nuria 3ºA dijo...

Se tantas cousas chulas fas pois ensinalas non so critiques que iso e moi fácil e con anonimato mais :)

Anónimo dijo...

Creo que non entendiches nada porque che faltan dúas cualidades: sentido común e sensibilidade.
Ollo coa ortografía! non é enbez, senón en vez.Practica un pouco e aproveitando inclúes algo "chulo" de b/v no blog, que che fai moita falta.

Elisa.

Giovanna dijo...

Ana moitos parabéns polo blog, está estupendo. En canto ao anónimo:és un faltón, Ana dedica moito tempo a isto, que porsuposto faio de maravilla, e ti non deberias chafarlle o seu traballo. Se non che gusta o blog dio con outras palabras ou non digas nada.
MOITO ÁNIMO ANA!!!

biblosvivos@gmail.com dijo...

Grazas polo voso apoio pero realmente non mo tomo como algo persoal.
O que si que me disgustaría sería ver convertido este espazo nun foro de desputa e malgusto cando sempre foi un referente de convivencia e liberdade.

Fani 3ºD dijo...

Ana,bueno e o resto di equipo da bibliote diga o que diga este rapaz/a non lle fagades caso si non e por vos non averia blogg nin nada e o voso traballo esta moi been non deixedes de facelo por este dipo de xente que non ten nin idea.Un saudiño!

Irma dijo...

Ola,
Creo que o equipo de biblioteca estará moi orgulloso do alumnado que temos no instituto. As mostras de convivencia e respecto son máis que evidentes.
Respecto ao rapaz ou rapaza que escribiu tan desafortunado comentario, creo que xa está recibindo por unha banda o que quere: A nosa atención ( a dos demáis, sexan compañeir@s ou profesorado. Debe estar moi só ou soa.
E por outra, o que descoñece: a oportunidade de cambiar de actitude e confíar nos demáis.
Un saúdo.
Irma

Irma dijo...

Por certo, o curto é CHULISSSISSSIMOOOOOO!!!

Saúdos.
Irma

Brais 4ºB dijo...

Animo Ana que con xente así non se podría facer nin un blog,sigue adiante cos curtos que xa ves como moita xente escoitate e interesase por eles.

Un saúdo a Ana e a todo o grupo d biblioteca.

Maikel dijo...

Non fagas caso das estupideces dalgun/a estalo facendo moi ben.. sigue así... e tti o do comentario ese es un COVARDE!!!! UN SAUDO :D
Michael Alvarez.

Óscar Pino 3ºC dijo...

Eu valoro moito o traballo que fan os profesores/as como por exemplo Ana para axudar os alumnos e entreternos co blog que por algo ten 10.000 visitas. Que veña algúen e faga unha crítica descructiva inda se pode pasar pero faltarlle o respecto a xente que leva traballo e non lle pagan por facelo, que o fan por axudar, paréceme que xa e pasarse moito. E para demostrar a tipo de persoa que es publicas como anónimo/a.

Un saudo a Ana e o resto dos profes e alumnos que manteñen o blog vivo

Noelia 4º B dijo...

Din que para gustos hai cores, pero hai formas e formas de dicir as cousas de xeito correcto. E na miña opinión a túa non é a máis axeitada. O único que das a ver co teu comentario é a clase de persona que ti es. E como podes comprobar non son eu a única que o pesa. E a ti, non me vou dirixir máis, posto que sería darlle demasiada importancia a alguén que non merece a pena.
Ana, ánimo. E a este tipo de xente nin caso, xa que o feito de non ter vida propia xa ves as consecuencias que ten. Non deixes que este tipo de "críticas" influan no teu traballo co blog, porque con toda a sinceridade do mundo podo dicir que tanto ti como o resto dos compoñentes que traballan e colaboran ( NO SEU TEMPO DE LECER) co blog e con todo o relacionado coa biblioteca estades facendo unha moi boa labor.

Bicos.

Noelia :)

Yaisha dijo...

Con toda esta disputa e co tempo que pasou dende que deixei o centro (que ainda que foi pouco, se me fai eterno) dinme conta de que o blog é unha das canles que temos de contacto co centro e con vos (como se vos bota de menos).

biblosvivos@gmail.com dijo...

Yaisha nós tamén tiñamos ganas de saber de ti! En canto ao da canle... pois claro, e de paso botas unha ollada e das a túa opinión. Moitos biquiños.