16/11/12

Sesión Terrorífica de lectura polo Samaín


Para celebrar o Samaín realizamos unha Sesión Terrorífica de Lectura na nosa biblioteca; era a primeira actividade deseñada polos MQs (os que continúan e as novas incorporacións) este curso.

Ana, Itziar, Karen, Sofía, Iria, Nerea, Samuel, Gwen e Nuria foron os encargados de meternos o medo no corpo e o resto elaboraron unhas espeluznantes invitacións e decoraron a nosa Calixtina.

Os relatos escolmados foron:"Sobre a morte do Bieito" de Rafael Dieste, "Eu fixen ouigha co espíritu de Castelao" do libro "Made 
in Galiza" de Sechu Sende e "O xogo da guerra" extraído de "Vento ferido" de Carlos Casares que podedes escoitar neste podcast.

9 comentarios:

Susana dijo...

Moitas grazas aos MQ's e aos asistentes. Foi un pracer arrepiante compartir lecturas convosco ;)

nuria dijo...

Gustaronme moito as lecturas foron terroríficas.E o decorado tamén era terrorífico.

biblosvivos@gmail.com dijo...

Pero os MQs non sodes terroríficos senón fantásticos!

Aitana dijo...

Que bonito foi o das lecturas...

Carla Castro (ex-alumna) dijo...

Profeeeeeeeeeees, jo eu tamén quería estar nesas actividades que faciamos os maq´s,no noso novo centro non se organizan esas cousas, xa as voto de menos e iso que inda non pasou nin un trimestre.. comentovos para que vexades que aínda sigo visitando o blog de calixtina de cando en vez haha
Un bico enorme, espero facervos unha visita axiña :)

viruspan ala dijo...

non me puxeches a min!

biblosvivos@gmail.com dijo...

Carla, como ves seguimos por aquí... Encántanos recibir visitas (reais e virtuais) vosas. Un bico grande para ti tamén.

Adrián Troncoso - exalumno dijo...

Que recordos! A verdade é que se botan moito de menos este tipo de actividades, únicas do Pedras Rubias, dende logo... Cústanos un pouco estar á rode do día en canto ao tema do blog polos exames e todo iso, pero intentamos darlle unha visita can do atopamos un oco. Seguide dándolle duro! Unha aperta no nome de tod@s! ;)

Anónimo dijo...

Quería dicir "orde"* por certo!