12/2/13

Quantic love: Física + amor


O curso pasado, dabámosvos a coñecer un libro de divulgación sobre a física de partículas titulado "La puerta de los tres cerrojos" escrito por Sonia Fernández-Vidal, física catalana que traballou durante un tempo no CERN (Centro de Investigación Nuclear Europeo que estivo de máxima actualidade hai uns meses co descubrimento do xa "famoso" bosón de Higgs).

O seu segundo libro está sendo todo un éxito entre os adolescentes, pois narra unha historia de amor que ten lugar entre Laila, unha moza sevillana que vén de rematar o instituto e vai ao CERN a traballar como camareira durante o verán, e Brian, un xoven científico que está desenvolvendo unhas misteriosas investigacións. Polo medio un montón de anécdotas incribles sobre os físicos e matemáticos máis relevantes dos últimos séculos e datos sorprendentes acerca da estrutura íntima da materia.

Os de 4º ESO da materia de Física e Química están desexando comezar a súa lectura e compartir con nós a súa opinión, verdade?

Para amenizarvos o traballo, deíxovos o video coa canción do libro (si, tamén ten banda sonora) que se titula igual que o libro e foi composta polo grupo Nikosia (donde canta a autora do libro "La gramática del amor") e a letra en inglés e castelá para que practiquedes idiomas.






E para rematar, un vídeo sobre a maxía da Física cuántica, un tema ( polo menos para mín) fascinante!

3 comentarios:

Alex Mene dijo...

Boas recomendacións, interesantes lecturas

Xeila Piñeiro dijo...

Encantóume o libro, fascináronme moitos comentarios que aparecian sobre a física e rematei o libro sabendo máis que cando o comezei

ana dijo...

Pois alégrame sabelo, Xeila.