1/11/13

Tamén Len con Viviana Monterde

Hoxe abriu o primeiro Tamén Len do curso 2013-2014 a mestra Viviana Monterde, do colexio de Primaria Altamira.
 Para compartir connosco algunha lectura inclinouse por un libro que lle serviu para traballar fragmentos nas aulas cos nenos e nenas de primaria con bos resultados e que considera particular e divertido, pois fala de aprendizaxes varias cun ton cómico. Foi escrito por Antonio Lara "Tono", un humorista que traballou en "La Codorniz" e outros xornais ou revistas e foi escritor ocasional que publicou este libro nos anos 80 co título "Diario de un niño tonto". Nel refírese aos adultos que se comportan como nenos. O autor escribe dende o cotidiá e o evidente para darlle a volta e facer relatos bastante surrealistas que xogan coas palabras e os equívocos. 

As novas alumnas de 1º ESO, Sara e Carmen, fixeron a presentación

No momento do coloquio Vivi expresou que os seus libros preferidos son as novelas históricas. Gústoulle especialmente "El sanador de caballos" de Gonzalo Ginere recomendounos aos xóvenes ler a Alberto Vázquez Figueroa. Compartiu tamén o seu gusto polas viaxes dende nova, xa que se fixo monitora de tempo libre nos Pirineos e relatou experiencias arriscadas na montaña. De ser unha nena tímida pasou a converterse nunha persoa que se empeñou en facer o que lle gustaba e en conseguir levalo a cabo. Confesa que se propuxo ser  mestra e está a facer o que lle gusta.

Colaboramos nesta actividade co Dpt. de Lengua Española

No hay comentarios: