CONCURSO DE CARTEIS
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
Dende a
Biblioteca e os Dpts. de Plástica, CCSS e Orientación, convocamos un Concurso
de CARTEIS en contra da Violencia de Xénero ou Violencia Machista. Pode
presentarse calquera persoa da nosa comunidade educativa co obxectivo de
sensibilizármonos ante unha problemática social moi complexa e negativa para a
convivencia entre homes e mulleres, sendo estas últimas, vítimas dunhas
circunstancias que podemos contribuir a cambiar dende a Educación.
BASES DO CONCURSO:
-Elaboración dun CARTEL en contra de ACTITUDES MACHISTAS e da VIOLENCIA DE
XÉNERO.
-Pode facerse o
cartel individualmente ou entre dúas persoas.
-Hai liberdade no emprego do material, a técnica e o formato:
papel, cartolina, tea, plástico, collage, debuxo, cores, etc.
-Debe conter unha
idea ou slogan claro, curto, eficaz, cargado de
contido, que evidencie este tipo de violencia ou as actitudes machistas (o
micromachismo, o neomachismo) que levan aos diferentes graos de violencia
(verbal, psicolóxica, malostratos, morte...)
-Busca unha idea
orixinal. Aínda que te inspires nas que están a circular como referencia,
procura adaptala ao teu estilo. Neste blog tes moita información e documentos relacionados.
-Entregaranse
á/os profesora/es de Ética e de Cidadanía, para o alumnado de 2º,3º e 4º que
cursan estas materias. O resto, podedes entregalo
na Biblioteca nos recreos.
-O mércores
día 25 de Novembro celébrase o DÍA CONTRA A
VIOLENCIA DE XÉNERO, agradécese ir entregando antes, pero hai data
tope ata o xoves 3 de decembro.
-A idea final é
facer unha EXPOSICIÓN DE CARTEIS CONTRA A
VIOLENCIA DE XÉNERO no corredor do Centro.
-Destacaremos
os 3 mellores traballos por niveis, despois de valorar o contido e o formato. -Premiaremos 1 traballo de cada nivel, e os outros
recibirán unha mención ou diploma.
ANIMÁDEVOS,
PORQUE PARTICIPANDO ESTAMOS CONCIENCIÁNDONOS E CONTRIBUÍNDO A VIVIR NUNHA
SOCIEDADE MÁIS IGUALITARIA E MENOS VIOLENTA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario