Prometín facer unha entrada en lembranza de Prince para dalo a coñecer entre alumnos e alumnas que non adoitan escoitalo e para a maioría dos cales xa non é un referente ou incluso é un descoñecido.
Tamén cadra que é o post número 400 deste blog: disfrutemos e saúde...
Tamén cadra que é o post número 400 deste blog: disfrutemos e saúde...
http://elpais.com/elpais/2016/04/21/album/1461258740_343853.html#1461258740_343853_1461259089
Prince Rogers Nelson foi un cantante, compositor e multiinstrumentista de rock, soul, funk e new wave estadounidense. Usou o nome artístico de Prince, aínda que tamén foi coñecido baixo un símbolo impronunciable, que utilizou entre 1993 e 2000, no que aunaba os símbolos masculino e feminino, que ben podedes ver levado tamén á forma da guitarra da foto. https://es.wikipedia.org/wiki/Prince
Que dicir dalguén que podemos considerar músico xenial de gran talento sen medo a esaxerar e que era dabondo "xoven" para desaparecer da escena?
Eu o teño claro, o teño entre os meus favoritos, porque vivía a música a tope e facía que vibraramos con ela nun sen fin de emocións; porque era un músico cunha gran destreza para tocar calquera instrumento, pero en especial a guitarra: Un dos grandes!!!!; porque era todo un espectáculo e coidaba todos os detalles; porque se acompañaba e actuaba case sempre con bandas moi boas e moi potentes de mulleres; porque foi innovador, rompedor, provocador, era quen de asumir o dual, os polos masculino e feminino, o branco e o negro, o novo e o vello das súas mellores influencias (Hendrix, James Brown, Led Zeppelling, The Jackson 5...) porque naqueles anos 80 e 90 tivemos vivencias como a da súa actuación en directo na Coruña en 1990, gravada pola TVG, que foi extraordinaria...
-Nude Tour in La Coruña, 1990:
http://v.youku.com/v_show/id_XNDQ5MjE5Njc2.html(actuación enteira).
Formou parte de nós, as novas xeracións xa non o viven igual. Era unha época que prometía cousas mellores, moito mellores, por iso nos afecta máis e nos sume na melancolía..., pero seguirá a estar connosco porque seguiremos a disfrutar coa súa maravillosa música.
-En 2004 na homenaxe a Georges Harrison, Prince magnífico coa guitarra:
-Etta James interpreta Purple Raind de Prince:
-Patti Smith interpreta When doves cry de Prince:
-Sinead O'Connor interpreta Nothing compares 2 U de Prince:
No hay comentarios:
Publicar un comentario