Comezamos o luns ben forte:
-Conversamos sobre este personaxe e o mundo que o rodea, entre os Siareiros da Palabra na sesión do Club de Lectura a mediodía, lendo o principio da obra de Cervantes, para despois comparala coa Banda Deseñada titulada "Don Quijote" debuxada por Flix, autor alemán de cómics que decidiu adaptar libremente o gran clásico e transportalo á chaira alemana na época actual, encarnados, Quijote e Sancho, nun "abuelete" con demencia senil ou alzheimer que protesta e se manifesta polo que considera inxusto a través de cartas que manda á prensa local, "desfacendo entuertos" xunto ao seu neto que, vestido de Batman, fantasea influído polos superheroes do cómic, nunha relación de tenrura e de denuncia da soidade e de problemáticas actuais. Tamén aproveitamos para escoitar de fondo á Banda de música Cultural de Salceda de Caselas interpretando "O Quixote", fantasía sinfónica para narrador e banda de Ferrer Ferrán
-Preparamos o bosquexo das figuras de "Quijote e Sancho" sobre un cartón a tamaño natural, para despois baleirar un óvalo nas súas faces e poder así meternos na súa pel recitando variadas pasaxes do texto de Cervantes, ademais, claro está, de querer todxs facernos a típica foto coa nosa cara metida nas súas figuras. Grazas unha vez máis ao profe Nacho, que é un artista e aos seus colaboradores.
-Seguimos o martes 3 de maio, co Maratón de Lectura adicado á lectura do "Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha", que se realizou ao longo de toda a mañá, participando alumas/os, profes, conserxe, administrativo, etc, coma sempre, ademais de contar coa presenza de José Luis, o noso asiduo invitado, mestre xubilado, que se brindou a facer un recitado de memoria dramatizado da aventura de Don Quijote cos muíños de vento, e a profe Sonia que tamén recitou a pasaxe da descrición de Dulcinea, dun xeito moi, moi expresivo. Estamos agradecidas da súa amable participación que resultou sumamente atractiva para o público reunido no recreo na Biblioteca. Os seus vídeos estarán colgados no seguinte post, recomendamos velos e disfrutar deles.
-E aínda nos queda disfrutar das figuras debuxadas en cartón de "Quijote e Sancho", que utilizaremos no corredor e nas aulas, e que, como vemos nas fotos, estiveron como decorado de fondo no Maratón na BE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario