A finais do 2º trimestre, esa semana antes das vacacións de Semana Santa, adoitamos facer un Ciclo de Cinema para o alumnado que non vai de excursión, nomeadamente o de 2º e 4º ESO.
Desta volta, pensamos que podiamos programalo seguindo varias pautas: o lema deste curso "Imaxina que..." , valorar filmes que cremos se deben dar a coñecer pola repercusión que tiveron na historia do cinema e pola súa valía como obras cinematográficas.
Elaboramos unha ficha de cada filme e propuxemos ver e traballar:
-El maquinista de la General. Buster Keaton. 192
-El guateque. Blake Edwards. 1968
-Star Wars. Episodio V: El Imperio contraataca. Irvin Kershner. 1980
Consideramos que, no tempo que levamos tentando achegar a mocidade ao cinema de calidade e que saiban da súa historia, tivemos resultados positivos, e esperamos contribuír deste xeito a formar un bo público e dar a coñecer unha faceta tan importante das diversas culturas. Porén, unha cousa non desvaloriza a outra, e tamén quixemos destacar a faceta de entretemento de moitos filmes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario