Ao longo destes anos tivemos a ben ir xuntando unha serie de libros adicados polos seus autores e autoras, que aumentan o seu valor por ter un engadido afectivo que xurdiu de ter compartido con estes escritores e escritoras o gusto por ter uns obxectos singulares que chamamos libros e poder lelos.
Por iso tamén decidimos instalalos xuntos, en principio na vitrina da entrada, para darlle o valor que merecen e facelos visibles de cara aos usuarios da Biblioteca, para que as novas lectoras e lectores saiban aprecialos.
"Quero dicir para despedirme, que despois de ter traballado nesta Biblioteca durante un bo feixe de anos como coordinadora, nun proceso de aprendizaxe en común moi gratificante en tantos aspectos, vendo crecer a varias xeracións física e intelectualmente, compartindo con vosoutras novidades e tamén grandes clásicos da literatura, do cinema, da música e máis; non quero despedirme sen tervos agradecido esta experiencia e deixándovos nestes andeis algo do meu gusto pola lectura, pero tamén pola escrita e pola arte.
Por aquí ou por acolá, neste tempo tan acelerado que vivimos, andaremos na busca da calma nas diferentes voltas do camiño..." Apertas. Paula

2 comentarios:
Grazas Paula por ter traballado tantos anos na biblioteca do noso instituto. Deixas aquí unha labor importante que espero teña continuidade. Desexoche o mellor no teu novo destiño e que algún día veñas a visitarnos aos teus colegas de Pedras Rubias. Unha apertar

Publicar un comentario