O xoves 20 de novembro inauguramos as sesións
do Tamén Len deste curso coa visita da profesora de Altamira Laura López, moi
querida entre os seus antigos alumnos/as, hoxe no IES, que lembraron aqueles
anos xuntos, as experiencias vividas, as sensacións compartidas...
Laura,
amante dos contos, ofreceunos unha viaxe á máis tenra idade, para
ensinarnos que nos contos están moitas das chaves que abren o mundo dos
sentimentos que nos acompañan ao longo da vida. Polo que nenos, nenas e
profesores pasamos un moi bo rato escoitando como Laura nos contaba “Por cuatro
esquinitas de nada” de Jerome Ruillier.
Falounos de igualdade e desigualdades relatándonos a historia de
“cuadradito”.
Despois os seus alumnos/as conversaron con
ela, preguntaron, recordaron aprendizaxes... Ela falounos das súas viaxes polo
mundo, nas que sempre atopa un oco para visitar escolas. Lembrou con emoción
unha escola de nenas orfas en Kenya, en outra en Uganda na que a pizarra é a
arena do chan, pero na que os seus alumnos gustan de cantar e teñen un gran
dominio de inglés. Os xoguetes son artesanais, pero non por iso deixan de estar
sempre alegres a xogar.
O baloncesto, a súa paixón polo número seis, o
entroido, as súas lesións, anécdotas de cando era cativa fixeron que o tempo
pasará voando de xeito moi agradable.
Finalmente recomendounos o libro “Emocionario”
, do que leu o sentimento de “alegría”, que era o que nos invadía a todos nese
intre. Este libro témolo na nosa Calixtina, por se te animas a "explorar" nas túas emocións.
Escoita a súa lectura
Entrevista en Ondarraia a Laura
No hay comentarios:
Publicar un comentario