4/5/17

Ruta literaria Valle-Inclán



O martes 25 de abril o alumnado de 4º da ESO, organizada polo departamento de Lingua Castelá, realizou unha ruta literaria pola Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, percorrendo distintos lugares importantes na vida e obra de don Ramón María del Valle-Inclán. En cada parada o alumnado leu distintos fragmentos da obra valleinclanesca.

A ruta constou de dúas partes. Na primeira, pola mañá, consistiu nunha visita guiada polo profesorado onde todo o alumnado foi facendo as seguintes paradas pola vila da Pobra:

- recén chegados paramos no Porto onde puidemos contemplar a beleza da Ría de Arousa, onde lemos un fragmento de "Romance de lobos"; 

-despois diríximos a Torre Bermúdez, actual Museo Valle Inclán, onde antes de entrar limos varios poemas ao carón da escultura de Valle-Inclán: algúns almnos leron o poema que Rubén Darío lle dedica a Valle, e por outra banda o exprofesor Jose Luis, quen nos acompañou na ruta, recitou o poema que Antonio Machado lle escribiu, antes de acceder ao museo leuse o poema "Vitrales";



- despois entramos, divididos en dous grupos, na Torre Bermúdez onde un guía municipal falounos de xeito extendido e preciso da vida e obra de don Ramón, a partir dos distintos obxectos e libros que alí expoñen; no seu salón de actos lemos algunhas escenas de "Luces de Bohemia".

- despois rematamos a visita a Pobra con dúas paradas, unha en Villa Eugenia onde Valle escribiu distintas obras, entre elas "Tirano Banderas", da que lemos un fragmento, ademais dos poemas "Rosa del pecado" e "Garrote Vil"; e na farmacia do Tato, onde Valle tiña unha tertulia canda visitaba o pobo, "Rosa vespertina" e "Rosaleda" foron os textos elixidos para esta parada.

-a parte da maña rematou subindo a Curotiña a onde Valle subía a gozar das vistas da Ría de Arousa, nós fixemos o mesmo, e escoitamos o seu poema "A la ría de Arosa".

Despois de comer dirixímonos a Vilanova de Arousa onde a visita foi feita, en grupos, por conta do alumnado, que previamente traballaran a visita: estudando o mapa, seleccionando as paradas e escollendo textos que terían que ler en cada parada. Cada grupo debía recoller en vídeo co móbil as distintas lecturas que prepararan, combinando textos literarios con outros informativos. 

As paradas seleccionadas foron as seguintes:
- O Cuadrante, a casa Museo de Valle, e onde pasous os primeiros anos xunto aos seus avós


-O Cantillo, a casa onde naceu.








-A igrexa vella ou da Pastoriza, onde foi bautizados.

-A Casa Ochoa, onde foi a súa primeira escola.

-O Xardín Umbrío, que leva nome dun dos seus libros.

-Conxunto escultórico de Valle-Inclán na praza do Parque.








-A escultura de Momo no Paseo marítimo.

No hay comentarios: