22/6/17

Tamén len... en xuño con Mª José e Luis Alonso

O 19 de xuño tivo lugar a última sesión do Tamén Len do curso 2016/17, e segunda do mes, xa que este fin de curso foi tempo de visita de xente querida, de profes moi queridos. Se na sesión anteior foran as profes do departamento de Galego as asistentes, nesta caso misturáronse os departamentos de Matemáticas e Educación Física. Unha sesión moi completa onde letras, mates e exercicios físicos ocuparon a nosa Calixtina.


                                                                ESCOITAR LECTURA

A primeira en ler foi María José que nos ofreceu un fragmento de "Noite de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz, onde recordando vellos tempos, falounos de amores adolescentes, que tanto captou a atención do noso alumnado, especialmente interesados no tema.  

                                                          
ESCOITAR LECTURA

Despois chegou o turno de Luis Alonso, que considerou oportuno facer unha serie de estiramentos antes de comezar a lectura. "Tempo de bebidas isotónicas e fast-food" de Alex Alonso foi o seu texto escollido onde relatou a experiencia dos xubilados que entran en contacto coas novas tecnoloxías, convertindo a experiencia nunha visión cómica deste mundo tan próximo aos adolescentes e as veces tan  complicado para os seus avós/as. 

Tras un interesante coloquio onde os convidados nos falaron das súas novas vidas chegou o momento emotivo cando todo o alumnado presente cantoulle o "cumpre anos feliz" a Luis Alonso no día da súa celebración.

No hay comentarios: