Visitounos, no Tamén Len, Mónica Férnandez, o 19 de abril.
Mónica, que é a orientadora do CEP Altamira, leunos fragmentos do Prin-cipiño,de Antoine de Saint-Exupéry.
A historia do aviador e o neno de cabelos louros que se atopan no deserto, nunha fermosa edición con desplegables dos debuxos do autor.
Unha boa escolla, tanto polo seu contido como por celebrarse o 75 aniversario da súa publicación.
Durante a lectura, e máis tarde no coloquio, gozamos da tenra empatía que Mónica e quen de mostrar cos seus antigos alumnos e alumnas do Altamira que asistiron á sesión.
Apertas, bicos, afectos e literatura son un feitizo poderoso que sirven de exemplo do que verdaderamente debe ser a aprendizaxe. Está claro que Mónica ben sabe diso.
Moitas grazas e ata sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario