Tamén len
O xoves 13 de xuño Xoán González Leirós, ex-profesor de Xeografía e Historia no noso IES, veu visitarnos para participar no último Tamén len deste curso.
En primeiro lugar leunos o poema Miriam incluido no libro de Ernesto Cardenal Antología Poética, que foi seguido de outros 5 poemas do mesmo libro.
Despois continuou co libro Obras completas de Fernando Pessoa e leunos un poema das Poesías de Álvaro de Campos.
E xa para rematar leunos 3 poemas de Cantiga nova de Álvaro Cunqueiro, includa no volume Obra en galego completa
Ao rematar a sesión houbo un pouco tempo para preguntas e reencontros. Desexámoslle moita sorte no seu novo IES!
No hay comentarios:
Publicar un comentario