2/3/20

´Tamén Len 100




O xoves 13 de febreiro de 2020, no salón de actos do instituto, e ante máis de 200 alumnos/as tivo lugar a sesión número 100 da actividade denominada “Tamén Len”.

Esta actividade iniciábase un 7 de febreiro de 2007, e ao longo destes trece anos levan pasados unha chea de invitados e invitadas a lernos algún fragmento literario durante un recreo ao mes. O listado completo de invitados/as e lecturas ao longo destas cen edicións podedes consultalo no seguinte documento.



Nesta sesión especial contamos cos seguintes invitados/as:
-Yolanda Rodríguez, enxeñeira.
- Paco González, mestre-.
-Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda.
-Fran Ojosnegros, sacerdote.
 -Vanesa Viñas, fisioterapeuta.
-Lino Estévez, adestrador.


Por vez primeira o Tamén Len puido ser seguido en directo por internet grazas a colaboración do noso alumnado de Onda Raia que celebraban o “Día da Radio”.

Podedes ver o acto no seguinte enlace: TAMÉN LEN 100 

Podedes ler o especial do Faro de Vigo no seguinte enlace: Faro da Escola.

Ademais dos invitados fomos recibindo ao longo de todo o mes unha serie de vídeos de escritores, músicos, actores e ex-profesores que nos enviaron os seus parabéns polo centenario. A continuación deixámosvos algúns deles:



Francisco Castro, escritor e director da editorial Galaxia:
                                           

Arantza Portabales, escritora. 
                                 

María Canosa, escritora e presentadora de televisión.
                                  

Marcos Besada, ex-alcalde de Salceda.
                                                                                        
                                                          Avelino González, actor.
                               

David Amor, actor.
                            

Ademais podedes ver outros vídeos do músico Pancho Álvarez, da profe do curso pasado Fátima, do antigo director  Xesus, do ex-profe Luis Alonso, da cantante Uxía,  e até recibimos os parabéns da outra beira do Atlántico, desde Colombia, por parte do alumnado do Colexio Reis Católicos.

No hay comentarios: