Este pasado venres día 10 tivemos unha visita moi especial no IES para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia organizada polo departamento de Física e Química en colaboración coa biblioteca. Visitounos Isabel Blanco, autora de Galegas na ciencia, para presentar ao alumnado durante un agradable encontro unha obra fundamental que nos amosa a 20 científicas galegas. O libro tal como ela di "pretende animar ás novas xeracións a perseguir os seus soños sen importarlles o que os demais pensen; un libro que axude a romper estereotipos de xénero e abra as portas das ciencias a homes e mulleres por igual. E, para iso, decidín apoiarme na historia de vinte mulleres científicas". Todo o alumnado da ESO, en colaboración co Concello de Salceda de Caselas recibiu un exemplar da obra que foi lido durante a nosa "hora de ler". Tamén houbo sinatura de libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario