Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas coa emisión dun programa de radio especial no que alumnado de diferentes cursos leu textos pertencentes á autora que será protagonista das Letras Galegas 2024: Luísa Villalta, acompañados dunha boa selección de música galega. Tamén colocamos os nosos rolos de papel convertidos en pequenos agasallos para toda a comunidade educativa e ademais comezamos a decorar a entrada da nosa biblio con debuxos feitos por alumnado de primeiro da ESO con personaxes do mundo manga. De todo isto deixamos aquí fotos para que poidades coñecer estas actividades. Tamén deixamos fotos de como vai avanzando a recomposición da biblio nova.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e a seguir lendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario