O xoves 25 tivo lugar a edición de xaneiro do noso Tamén Len e desta volta tivemos o pracer de compartir lecturas e conversas con Alejandro Rodríguez, concelleiro de cultura de Salceda de Caselas. Leunos uns dos ralatos que compoñen a obra Made in Galiza de Sechu Sende, coa que reflexionamos, entre outras cousas sobre a necesidade de valorarmos a nosa lingua propia e ao tempo a nosa cultura. O acto comezou coa interpretación ao piano de dous dos noso alumnos de 2º de BACH, Sara e Breogán, compañeiros de Alejandro na Banda de Música de Salceda. Aquí deixamos unha mostra visual do encontro. Agardamos vervos na próxima edición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario